O Concello presenta os campus de verán de fútbol do Celta e o Chiquibasquet de baloncesto
11 Maio 2011 13:58O Concello de Ares presentou esta mañá dous campus deportivos que se desenvolverán en verán, concretamente no mes de xullo, e que xa teñen aberto o seu prazo de inscripción. En primeiro lugar, e por segundo ano consecutivo, a Fundación Celta de Vigo levará a cabo un campus no campo municipal de Prados Vellos. Os nenos e nenas de 4 a 16 anos son os destinatarios desta iniciativa que xa na edición anterior cosechou un importante éxito de participación e que nesta segunda desenvolverase entre os días 18 e 23 de xullo, entre as 10.00 e as 13.00 horas.
As inscripcións deberán formalizarse no teléfono 902 104 404 ou na dirección www.fundacioncelta.com. O prezo é de 160 euros para os participantes de fóra de Ares e de 120 para os empadroados neste municipio ou federados do Numancia. No caso de que participen varios irmáns, sexan ou non de Ares, terán a maiores un desconto do 10%.
A segunda das iniciativas presentadas hoxe polo equipo de goberno de Ares –o responsable de Deportes e o actual alcalde, Julio Iglesias- é o Chiquibasquet, que chega á súa terceira edición. Nesta ocasión, o campus de baloncesto, impartido polo adestrador ferrolán Chiqui Barros e dirixido a nenos e nenas de 6 a 16 anos, celebrarase entre o 26 e o 30 de xullo no pavillón deportivo municipal aresán, en horario de dez da mañá a unha da tarde.
As inscripcións, igual que no caso do Celta, xa poden formalizarse, establecéndose un máximo de 20 prazas. Así as cousas, as persoas que desexen apuntar aos seus fillos/as poderán facelo na Alianza Aresana, de nove a dúas, ou no teléfono 981 448 057, rematando o prazo o día 20 de xullo (mércores) ás 14.00 horas.
O custe do campus é de 35 euros, incluindo no prezo un tentempé diario, un diploma e un agasallo conmemorativo, e de 30 euros no caso de inscripción familiar. As persoas que formalicen a súa inscripción deberán facer un ingreso na conta de Nova Caixa Galicia 2080-0595-31-0000001703 ou na de La Caixa 2100-1456-60-0100401553.