Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Sábado 22 de Febreiro de 2020
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesFebreiro
2020
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
12
3456789
10111213141516
17181920212223
242526272829

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
ENTROIDO 2020

III CONCURSO FOTOGRAFIA XUVENIL 2019

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Notas de prensa
A cidade deportiva de Pedrós incrementa a súa oferta con dúas pistas de pádel, que comezarán a funcionar en xuño
09 Maio 2011 13:42
O goberno local vén de cumprir outro dos seus compromisos, unha vez que está a piques de rematar a execución de dúas pistas de pádel da cidade deportiva de O Franco, en Pedrós. Esta actuación, coa que se incrementa a oferta existente ata o de agora –un campo de fútbol 7 con vestiarios, accesos e aparcadoiro, que se fixeron con cargo ao Plan E do Goberno central no que foi a primeira fase da cidade deportiva-, está sendo executada pola empresa Concifa, que ten previsto rematar os traballos en cuestión de semanas –o prazo de execución da obra é de dous meses-, de xeito que as dúas pistas estean a pleno rendemento no vindeiro mes de xuño.
A obra está sendo realizada coa aportación de preto de 90.000 euros da Deputación Provincial. Precisamente hai un mes, o alcalde, o socialista Julio Iglesias, asinaba en A Coruña o convenio de colaboración co presidente desta institución, o tamén socialista Salvador Fernández Moreda.
As dúas pistas están adosadas polo lateral e pavimentadas con céspede artificial. Así, mesmo, incluirán o sistema de alumeado, polo que, unha vez que estean rematadas, poderán ser utilizadas ao longo de toda a xornada.
Na actualidade, xa está rematado o perímetro das dúas pistas e a soleira, quedando pendente o seu equipamento –aspectos como herba artificial, redes, alumeado, etc.- e o pintado –emprégase un material especial de moita resistencia-, así como o adecentamento da zona na que se ubican.
Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares