Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Sábado 22 de Febreiro de 2020
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesFebreiro
2020
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
12
3456789
10111213141516
17181920212223
242526272829

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
ENTROIDO 2020

III CONCURSO FOTOGRAFIA XUVENIL 2019

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Notas de prensa
O alcalde preside mañá a apertura do Campionato Galego de Dominó, que se celebra durante toda a xornada en Santa Catalina
06 Maio 2011 10:21
O alcalde de Ares, Julio Iglesias, será o encargado de dar o pistoletazo de saída do que será VI campionato Galego de Dominó por Parellas, que se desenvoverá ao longo de toda a xornada de mañá sábado no mosteiro de Santa Catalina, se ben a recepción dos participantes e a fase de inscripción, entre as 09.00 e as 10.30 horas, e o xantar serán no restaurante Bitákora del Puerto. O rexedor volverá ao cenobio xa pola tarde, despois da derradeira partida, prevista para as 19.45 horas, para participar na entrega de trofeos os primeiros clasificados desde evento que, en palabras dos responsables da entidade Xabre, que colaboran xunto co Concello nesta actividade promovida pola Federación Galega de Dominó, pretende hacer de Ares a “fiesta del dominó gallego”.
E é que esta agrupación local confía en chegar aos 160 participantes, procedentes de todos os clubes e puntos de Galicias, aos que haberá que engadir 10 parellas de Asturias, que toma parte deste campionato –como fará a federación galega na cita asturiana- en base a un convenio de colaboración asinado entres as dúas organizacións. En canto á participación de Ares, donde existe unha máis que notable tradición de xogar ao dominó, estímase que serán 14 as parellas que se inscribirán.
Os responsables de Xabre, que fixeron un chamamento aos numerosos afeccionados que existen nesta zona e, en xeral, en Galicia, para que se inscriban no campionato, agradeceron dun xeito moi especial a colaboración prestada polo Concello e, nomeadamente, polo rexedor socialista, Julio Iglesias, xa que, segundo aseguraron, sen a colaboración municipal nin esta entidade nin a Federación contarían cos medios necesarios para poder organizar este campionato en Ares.
CALENDARIO DA XORNADA
O campionato comezará ás 09.00 horas, coa recepción e inscripción dos participantes no restaurante Bitákora del Puerto. Ata as 10.30 horas, as persoas que desexen participar neste campionato por parellas poderán apuntarse, abonando unha cota de 35 euros por persoa, para os federados, e de 40 para os que non o son. Xa ás 10.30 horas, os autobuses –para os que os requiran- e vehículos particulares emprenderán o traslado cara o mosteiro de Santa Catalina, donde se desenvolverá todo o torneo –agás a hora do xantar, que terá lugar de novo no restaurante Bitákorta del Puerto-.
A entrega de trofeos celebrarase no cenobio unha vez que remate a derradeira partida, prevista para as 19.45 horas. Este acto, ademais de incluir un pincho co que se agasallará a todos os asistentes, estará amenizado pola rondalla Trovadores de Ares.
Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares