Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Domingo 21 de Decembro de 2014
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesDecembro
2014
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
293031

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
NADAL 2014

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

Campus diego rivas 2014

PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Notas de prensa
Os Concellos de Ares e Mugardos porán en marcha de forma conxunta un servizo de transporte adaptado
11 Octubre 2007 11:39
Os Concellos de Mugardos e Ares porán en marcha de forma conxunta un servizo de transporte adaptado para persoas maiores e/ou con mobilidade reducida. Esta iniciativa, que será desenvolvida pola Asociación Socio-Cultural de Minusválidos, comezará a funcionar de forma experimental no vindeiro mes de decembro.
Os obxectivos cos que nace son os de facilitar a este sector da poboación con problemas de mobilidade o acceso normalizado aos servizos e recursos sociais; promover a disponibilidade de recursos de apoio para aliviar a situación das familias coidadoras, o acompañamento a xestións e a realización de diversos trámites; apoiar aos dous Concellos para facer fronte a situacións de dependencia e axudar aos veciños con dificultades de desprazamento; e establecer unha estratexia de compensación territorial que reequilibre os recursos de acceso e atención para persoas dependentes.
Unha furgoneta adaptada con será a encargada de facer os traxectos, nos que viaxarán, co obxectivo de que o servizo funcione correctamente, un monitor e, lóxicamente, o conductor do vehículo. Estas persoas serán as encargadas de recoller aos usuarios nos seus domicilios, trasladalos aos diferentes lugares e facer o camiño de volta ás súas casas; acompañalos física e socialmente na tramitación de xestións, e apoialos para o desenvolvemento das diferentes actividades.
As persoas interesadas poderán solicitar o transporte telefónica ou persoalmente dirixíndose á persoa responsable do servizo –terá un coordinador e un telefonista-, cun prazo mínimo de antelación dun día hábil, indicando o lugar de recollida, o destino e as horas de saída e chegada.
O novo servizo, no que están implicadas de forma directa a Concellaría de Servizos Sociais de Ares e a de Benestar Social de Mugardos, funcionará de luns a venres a xornada partida.
Os costes do servizo que prestará a Asociación Sociocultural de Minusválidos serán asumidos de forma conxunta polos dous municipios, que se decidiron a poñelo en marcha para dar solución aos problemas aos que teñen que facer fronte as persoas con problemas de mobilidade para acceder a determinados servizos, dada a dispersión poboacional existentes tanto en Ares como en Mugardos.
As comisións informativas de Servizos Sociais e Benestar Social de cada un dos municipios promotores da iniciativa dictaminaron favorablemente este proxecto –o pasado luns a de Ares e hoxe mesmo a de Mugardos-, que é unha mostra máis da boa sintonía e colaboración entre os Concellos de Ares, presidido polo socialista Julio Iglesias, e o de Mugardos, o nacionalista Xosé Fernández Barcia.
Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares