Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Xoves 21 de Novembro de 2019
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesNovembro
2019
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
123
45678910
11121314151617
18192021222324
252627282930

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
III CONCURSO FOTOGRAFIA XUVENIL 2019

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Notas de prensa
O goberno local esixe á Xunta unha praza de Atención Primaria e outra de Pediatría en exclusiva para o centro de saúde do municipio
20 Abril 2011 15:39
O goberno local de Ares, a través da parlamentaria socialista Beatriz Sestayo, insta á Xunta de Galicia a dotar de forma inminente a este Concello dunha praza médica de Atención Primaria e doutra de Pediatría en exclusiva e a tempo completo no seu centro de saúde. Esta reclamación, que xa fora posta de manifesto en diversas ocasións polo equipo de dirixe Julio Iglesias, plásmase agora en dúas iniciativas parlamentarias –unha para o seu debate en comisión e outra para o pleno-, nas que se denuncia o “deterioro de sanidade pública dende a chegada de Núñez Feijóo” e, nomeadamente, faise referencia á falla de persoal que sufre o centro de saúde de Ares.
A este respecto, na iniciativa indícase que o persoal médico aresán vén atendendo a un número de pacientes que duplican a ratio do aconsellado polo Sergas, datos que “se multiplican ata o extremo en verán, xa que a poboación de Ares chega a cuatriplicarse”. “Igualmente escandalosos” son os datos que se refiren ao servizo de Pediatría, xa que a poboación infantil que atende a pediatra asignada a Ares é a dobre da que debería ter por cupo, dándose a circunstancia, ademais, de que esta facultativa está a media xornada porque ten que compartir a atención co veciño municipio de Mugardos.
Polo tanto, o equipo de goberno e, en concreto, a iniciativa presentada pola socialista Beatriz Sestayo conclúe que “resulta evidente e palmaria a necesidade de dotar ao centro de saúde de Ares de máis persoal, sinaladamente dunha praza máis de médico e outro de pediatría, unhas previsións que xa tiña contempladas o Bipartito”.
O dereito á saúde é, segundo se sublñiña neste documento xa rexistrado no Parlamento de Galicia, un dos dereitos máis vulnerados pola dereita, a pesares de que éste “non pode ser mermado, deteriorado nin mercalizado”. Este deterioro, que ten como consecuencia, entre otras, a falla de persoal facultativo, chega a colapsar a atención médica e pediátrica en moitos lugares, entre eles Ares, que á falla de espazo engádese a do colapso en Atención Primaria e Pediatría.
Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares