Máis dun cento de persoas esixen a Educación a urxente ampliación do CPI Conde de Fenosa
18 Abril 2011 11:18Máis dun cento de persoas, entre nais, pais e veciños en xeral, participaron esta mañá no acto de protesta promovido pola ANPA do CPI Conde de Fenosa para esixir á Xunta a urxente ampliación do centro e para reclamar ao titular da Consellería de Educación, Jesús Vázquez, que acuda a Ares, tal e como vén solicitando por escrito –e en varias ocasións- toda a comunidade educativa dende hai máis dun mes para concretar una solución definitiva a este grave problema que ten o colexio público local.
Entre os asistentes a esta acción de protesta, a primera que leva a cabo a Asociación de Nais e Pais –si iniciara outras iniciativas, como a recollida de sinaturas, que aínda están desenvolvendo-, atopábase o alcalde, Julio Iglesias, e o equipo de goberno. O rexedor socialista lembrou os pasos dados ata o día de hoxe polo Concello, iniciados ao inicio do mandato, en 2007, reclamando xa a ampliación do centro e acadando dos anteriores responsables autonómicos una partida orzamentaria de 100.000 euros para a redacción dun proxecto que non se fixo pola chegada ao Goberno galego do PP. Iglesias tamén subliñou que a actual xefa territorial, Teresa Villaverde, comprometeuse publicamente en xuño do pasado ano a solucionar o grave problema de espazo que ten o centro e a ter feito o proxecto en decembro, mes no que o goberno local descubriu que non se fixera nada a raíz do voto en contra do Partido Popular a una iniciativa do PSOE reclamando una partida económica inminente para o CPI aresán e pedindo que a obra fora cualificada como urxente.
O alcalde socialista afirmou tamén que o Concello sempre ofreceu diversas solucións, que pasaban pola execución da ampliación nuns terreos urbáns nos que se podería construir xa –os do actual aparcadoiro- ou na parcela anexa –rústica-, opción elixida pola Xunta. E, destacou, aínda que esta última alternativa precisaba da modificación das normas subsidiarias, o Concello, una vez máis, fixo os deberes e, despois de levar a cabo todo o procedemento correspondente á administración local, presentou dita modificación en Urbanismo da Xunta o pasado 14 de marzo. “Educación asegurou que en canto recibira a modificación daría una solución inmediata ao problema, extremo que, un mes máis tarde, é evidente que non ten sucedido”, dixo Iglesias.
O rexedor aresán anunciou que tanto el como o seu equipo de goberno seguirán colaborando coa ANPA e o resto da comunidade educativa para acadar que, dunha vez por todas, o colexio poida ser ampliado e, así, conte cunhas instalación dignas dunha educación pública de calidade para tod@s @s nen@s de Ares.