Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Domingo 15 de Decembro de 2019
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesDecembro
2019
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
1
2345678
9101112131415
16171819202122
23242526272829
3031

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
NADAL EN ARES 2019/2020

III CONCURSO FOTOGRAFIA XUVENIL 2019

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Notas de prensa
Máis dun cento de persoas esixen a Educación a urxente ampliación do CPI Conde de Fenosa
18 Abril 2011 11:18
Máis dun cento de persoas, entre nais, pais e veciños en xeral, participaron esta mañá no acto de protesta promovido pola ANPA do CPI Conde de Fenosa para esixir á Xunta a urxente ampliación do centro e para reclamar ao titular da Consellería de Educación, Jesús Vázquez, que acuda a Ares, tal e como vén solicitando por escrito –e en varias ocasións- toda a comunidade educativa dende hai máis dun mes para concretar una solución definitiva a este grave problema que ten o colexio público local.
Entre os asistentes a esta acción de protesta, a primera que leva a cabo a Asociación de Nais e Pais –si iniciara outras iniciativas, como a recollida de sinaturas, que aínda están desenvolvendo-, atopábase o alcalde, Julio Iglesias, e o equipo de goberno. O rexedor socialista lembrou os pasos dados ata o día de hoxe polo Concello, iniciados ao inicio do mandato, en 2007, reclamando xa a ampliación do centro e acadando dos anteriores responsables autonómicos una partida orzamentaria de 100.000 euros para a redacción dun proxecto que non se fixo pola chegada ao Goberno galego do PP. Iglesias tamén subliñou que a actual xefa territorial, Teresa Villaverde, comprometeuse publicamente en xuño do pasado ano a solucionar o grave problema de espazo que ten o centro e a ter feito o proxecto en decembro, mes no que o goberno local descubriu que non se fixera nada a raíz do voto en contra do Partido Popular a una iniciativa do PSOE reclamando una partida económica inminente para o CPI aresán e pedindo que a obra fora cualificada como urxente.
O alcalde socialista afirmou tamén que o Concello sempre ofreceu diversas solucións, que pasaban pola execución da ampliación nuns terreos urbáns nos que se podería construir xa –os do actual aparcadoiro- ou na parcela anexa –rústica-, opción elixida pola Xunta. E, destacou, aínda que esta última alternativa precisaba da modificación das normas subsidiarias, o Concello, una vez máis, fixo os deberes e, despois de levar a cabo todo o procedemento correspondente á administración local, presentou dita modificación en Urbanismo da Xunta o pasado 14 de marzo. “Educación asegurou que en canto recibira a modificación daría una solución inmediata ao problema, extremo que, un mes máis tarde, é evidente que non ten sucedido”, dixo Iglesias.
O rexedor aresán anunciou que tanto el como o seu equipo de goberno seguirán colaborando coa ANPA e o resto da comunidade educativa para acadar que, dunha vez por todas, o colexio poida ser ampliado e, así, conte cunhas instalación dignas dunha educación pública de calidade para tod@s @s nen@s de Ares.
Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares