Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Martes 13 de Abril de 2021
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesAbril
2021
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
1234
567891011
12131415161718
19202122232425
2627282930

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
ACTIVIDADES PARA O DÍA DO LIBRO

Actualidade CoronaVirus

IV CONCURSO DE FOTOGRAFÍA XUVENIL

Os Bolechas - O Ares indiano

Aparcares.com

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN DEFINITIVA PXOM 2020

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Notas de prensa
O Concello organiza dous cursos sobre Inclusión Social e Drogodependencias
14 Abril 2011 13:15
O Concello de Ares, a través da área de Servizos Sociais, que dirixe a socialista Victoria Montenegro, levará a cabo o vindeiro mes de maio un curso de Competencias persoais, iniciativa que se enmarca dentro do programa de colaboración establecido entre a administración local e o Consorcio Galego. Segundo explicou o grupo de goberno aos integrantes da oposición na Comisión informativa celebrada esta mañá, o II Plan Galego de Inclusión Social detectou a necesidade de desenvolver unha actividade formativa entre os usuarios de dito plan para, deste xeito, abordar mellor a súa inserción social e laboral.
Así as cousas, os beneficiarios desta acción serán os participantes deste segundo plan, que xa teñen deseñado e asinado o seu itinerario persoalizado de inserción social e laboral. O curso levarase a cabo na Casa da Xuventude por parte de persoal do propio Consorcio e constará dun total de trinta horas, distribuidas en oito días –os do 2, 3, 4, 5, 6, 9, 10 e 11 de maio-.
Os obxectivos desta iniciativa pasan por sensibilizar sobre as capacidades persoais nos novos perfís que demanda o mercado de traballo; facilitar o autocoñecemento e a confianza nun mesmo; adestrar estilos de comunicación óptimos para o desenvolvemento persoal; fomentar pautas profesionais e persoais; e practicar as pautas de comunicación nos recursos do contorno.
Outra das iniciativas promovidas pola Concellaría de Servizos Sociais é o programa Educando no Lecer, unha actividade da Asociación Asfedro en colaboración coa Deputación da Coruña que pretende a adaptación aos novos paradigmas preventivos na reducción de riscos asociados ao consumo de drogas. Nomeadamente, o obxectivo final é o de transmitir á mocidade unha información veraz e obxectiva acerca do uso recreativo das múltiples sustancias que neses espazos se consumen, así como dos riscos asociados ao seu uso e abuso.
O curso, que conta con dous eixos fundamentais –o de mediador en prevención de drogodependencias e o de mediadores en dispensación responsable-, vai dirixido a todas as persoas interesadas de 18 a 35 anos, que poden pedir máis información ao respecto no edificio de Servizos Sociais –na rúa Real-. A Casa da Xuventude tamén será o escenario no que se desenvolverá o curso, que terá lugar os días 23 e 27 de maio.
Deste asunto tamén deuse conta na Comisión de Servizos Sociais desta xornada.
Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares