Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Domingo 07 de Marzo de 2021
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesMarzo
2021
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
293031

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
Actualidade CoronaVirus

IV CONCURSO DE FOTOGRAFÍA XUVENIL

Os Bolechas - O Ares indiano

Aparcares.com

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN DEFINITIVA PXOM 2020

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Notas de prensa
O proxecto de mellora da estrada entre Ares e Chanteiro executarase unha vez que rematen as obras de abastecemento de San Pedro de Cervás
08 Abril 2011 11:20
Tal e como se comprometera dende o inicio do mandato o actual alcalde de Ares, o socialista Julio Iglesias, a estrada que une a vila con Chanteiro, a DP-0402, será obxecto dunha importante reforma. De feito, o Boletín Oficial da Provincia (BOP) publica hoxe o anuncio de expropiación para a execución de ditos traballos, que consisten na ampliación e mellora do trazado e seguridade viaria en dita estrada.
A actuación, cuxo desembolso total sitúase nuns dous millóns de euros, enmárcase dentro do Programa de Investimentos en Viais Provinciais (2009-2011), aprobado pola institución provincial o 31 de xullo de 2009. Despois de realizar os trámites ante a Xunta de Galicia para declarar a urxente ocupación dos terreos afectados pola execución destes traballos, a Deputación somete agora a información pública o referido expediente expropitario, establecendo un prazo de 15 días hábiles para a súa consulta e, no seu caso, a presentación das alegacións que se estimen oportunas. No caso de que éstas non se formulasen, entenderíase o expedente definitivamente aprobado e, polo tanto, poderíase iniciar a licitación do proxecto, un dos máis importantes dos que afectan a viais e estradas do municipio.
Segundo explicou o alcalde, un dos principais impulsores desta intervención –estaba recollida no programa electoral dos socialistas e foi, xunto coa mellora da estrada de Redes, unha das demandas plantexadas dende o inicio do mandato á Deputación coruñesa-, as obras comezarán unha vez que estea rematado o abastecemento de Cervás, outra das actuacións acadadas polo Goberno local, neste caso financiada pola Xunta.
A este respecto, Iglesias indicou que, unha vez que xa están colocados os tubos da EDAR e rematadas obras de abastecemento e saneamento de Chanteiro, e que a execución do abastecemento de Cervás quedará lista ao longo do presenta no, o seguinte e inmediato paso –e así se está a desenvolver o cronograma de obras nesta zona- será o da realización da mellora desta estrada, que inclúe, entre outras actuacións relativas á seguridade e o trazado, a construcción dunha senda peonil, ademais do incremento do ancho dos carrís deste vial.
O alcalde destacou o importante investimento que se está levando a cabo en Cervás e Chanteiro, no que á mellora das súas infraestruturas e servizos básicos se refire. Neste eido, destacan o millón de euros do saneamento e abastecemento de Chanteiro e os 625.000 do abastecemento a Cervás, aos que agora se sumarán os 1,4 millóns da recuperación da fachada marítima de Chanteiro, que desembolsará Costas (Goberno central), e os arredor de dous millóns desta obra de mellora da estrada DP-402. En total, máis de cinco millóns de euros de investimento nesta parroquia, unicamente en obras relativas a servizos dos que ata o momento carecían os veciños desta zona do municipio ou en infraestruturas básicas e moi demandadas polos cidadáns.
Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares