Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Luns 01 de xuño de 2020
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesxuño
2020
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
III CONCURSO FOTOGRAFIA XUVENIL 2019

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Notas de prensa
A Casa da Xuventude acollerá o 17 de abril o obradoiro de creación musical "Detrás da canción"
04 Abril 2011 12:12
A Casa da Xuventude acollerá o vindeiro 17 de abril o obradoiro de creación musical “Detrás da canción”, unha iniciativa promovida polo programa de Dinamización Lingüística da Xunta coa colaboración do Concello de Ares, que pon a disposición dos asistentes á actividade este local municipal.
“Detrás da canción” vai dirixido a mozos e mozas de 12 en adiante e ten como obxectivos xerais os de fomentar a creatividade musical en lingua galega; dar a coñecer as posibilidades actuais da creación multimedia caseira para realizar cancións pop; incentivar o uso da lingua galega na creación musical caseira, e dar a coñecer os referentes actuais da música pop en galego para que sirvan como estímulo e reforzo positivo da lingua galega como instrumento útil para a comunicación musical.
A actividade, de 50 minutos de duración cada unha, estará dividida en dúas partes. A primeira, que se desenvolverá entre as 18.00 e as 19.50 no Telecentro, consistirá nun curso de música caseira, a cargo de Carlos Valcárcel (Projecto Mourente), na que se fará unha pequena introducción teórica dirixida a explicar o que se precisa para levar a cabo a gravación de pequenas pezas nun ordenador caseiro e se dará conta dalgúns dos programas máis básicos de gravación, edición e publicación en Internet de pezas. Esta sesión rematará cunha demostración práctica na que o público participará, axudando a crear unha peza que despois se interpretará na seguinte parte da actividade. Esta segunda parte, á que poderá asistir o público que o desexa (participara ou non no obradoiro anterior, e neste caso sen límite de idade) incluirá un concerto acústico de The Homes e Projecto Mourente. Esta sesión será na Sala de exposicións da Casa da Xuventude entre as 20.00 e as 21.00 horas.
As persoas interesadas en participar nesta actividade deberán inscribirse na web www.detrasdacancion.info.
Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares