Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Sábado 25 de Maio de 2013
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesMaio
2013
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
RUEIRO ARES
Rueiro Ares
MAPAS DO CONCELLO
COMPLEXO ACUATICO DO CASTRO

Aula CeMIT

Web Ría de Ares

Turismo de Ares

Vive Ares

Cita Atenci

Diario Oficial de Galicia

Emergencias Galixia

Transporte Metropolitano de Galicia

Twitter

Facebook

Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
CORPUS 2013

FEIRA MARIÑEIRA 2013

ARES, BALANCE DO MANDATO 2007-2011

FITUR 2010

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Notas de prensa
O alcalde destaca o "esforzo e o sacrificio constantes" da aresana Paula Mayobre
29 Marzo 2011 14:38
O alcalde de Ares, Julio Iglesias, destacou esta mañá, no acto de homenaxe que rendiu a corporación local á atleta Paula Mayobre, o “esforzo e sacrificio constantes” da deportista local, que a levou a ser unha das máis destacadas promesas do atletismo a nivel nacional e incluso internacional, “cunha carreira prometedora, con grandes perspectivas de futuro”. O acto desenvolveuse no salón de plenos do Consistorio, ao que acudiron a maior parte da corporación municipal e integrantes das entidades deportivas do concello, convidadas a esta homenaxe en representación do pobo de Ares.
O rexedor socialista subliñou a “excelente” tempada realizada por Mayobre en campo a través, rematada recentemente, e a este respecto, lembrou o primeiro posto acadado pola atleta de Ares no Campionato Nacional de Clubes de Cross, ou o lugar 26 no Campionato Internacional celebrado en Albufeira, no que, ademais, foi a segunda española en cruzar a meta.
Iglesias aproveitou a ocasión para indicar que a dotación de infraestruturas aptas para a práctica do atletismo, ata o de agora inexistentes neste municipio, debe ser un obxectivo que os futuros gobernos municipais terán que marcarse, ao tempo que lembrou o patrocinio que o Concello, xunto coa Asociación de Promotores de Ares, está a levar a cabo, por segundo ano consecutivo, cos tres deportistas de élite locais: Álvaro Illobre, Juancho Romero e a propia Paula Mayobre. Estas becas respostan ao elevadísimo desembolso ao que teñen que facer fronte os tres deportistas, que viaxan todas as fins de semana e deben abonar os gastos que as competicións conlevan.
“Paula e a súa familia viaxan todas as fins de semana para acudir ás carreiras nas que participa, sufragando os gastos de hoteis, e, ademais, ten que levar unha alimentación moi determinada, xa que é unha deportista de alto nivel”, manifestou o alcalde de Ares, que asegurou que o Concello, na medida das súas posibilidades, seguirá colaborando con estes referentes do deporte nas súas diferentes modalidades. Pero, ademais destes tres deportistas de alto nivel, Iglesias tivo unhas palabras de recoñecemento a outros clubes que están a destacar, e moito, noutras disciplinas, como o Clube de Remo –as rapazas foron o ano pasado campionas de España-, o Numancia –con éxitos notables nalgunhas das súas categorías- ou as nenas da Escola Municipal de Ximnasia Rítmica.
Paula Mayobre recibiu de mans do alcalde socialista unha placa, un pin do Concello e unha ilustración do artista, tamén local, Toni Seijas. A este magnífico ilustrador tamén se referíu Iglesias, así como a outros creadores de Ares, como Sara Coleman ou Covadonga Barreiro Rodríguez-Moldes, para os que, xunto co cantante Enrique Ramil, tamén tivo palabras de recoñecemento. Pola súa banda, a xoven promesa asinou no Libro de Ouro do Concello despois de posar con todos os asistentes á homenaxe para a foto de familia.
Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares