Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Martes 09 de Marzo de 2021
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesMarzo
2021
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
293031

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
Actualidade CoronaVirus

IV CONCURSO DE FOTOGRAFÍA XUVENIL

Os Bolechas - O Ares indiano

Aparcares.com

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN DEFINITIVA PXOM 2020

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Notas de prensa
O Concello de Ares organizará en vindeiras datas un curso de manipulador de alimentos
29 Marzo 2011 11:48
O Concello de Ares organizará un Curso de manipulador de alimentos en vindeiras datas. Segundo informaron dende a administración local, aínda non está a data fixada con carácter definitivo, pero as persoas que estean interesadas en obter este título deberán inscribirse á maior brevidade posible no Consistorio –no departamento de Desenvolvemento Local, no derradeiro andar- ou na Alianza Aresana –biblioteca-, lugar no que, como en edicións anteriores, se desenvolverá o curso. Proximamente informarase da data e horario de celebración.
Por outra banda, o Concello de Ares tamén informa de que, co obxecto de acreditar as competencias adquiridas mediante a experiencia laboral ou por vías non formais de formación, a Consellería de Traballo vén de convocar o procedemento para as unidades de competencia, títulos de formación profesional e certificado de profesionalidade de “Atención sociosanitaria a persoas no domicilio” e “Atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais”.
Como subliñan dende a administración, para optar a dito certificado os solicitantes deben contar cun mínimo de experiencia profesional de tres anos durante os últimos dez ou cunha formación de polo menos 300 horas na última década.
O prazo de solicitude remata o 28 de abril e, a este respecto, o Concello, a través da súa Axencia de Emprego e de Desenvolvemento Local, ponse a disposición dos veciños e veciñas para resolver calquera dúbida que se lles plantexe neste procedemento.
Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares