Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Sábado 30 de Maio de 2020
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesMaio
2020
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
III CONCURSO FOTOGRAFIA XUVENIL 2019

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Notas de prensa
O novo complexo do Castro xa conta no día da súa inauguración con máis de 350 abonados
28 Marzo 2011 12:36
Despois de varios anos de obras –con diversas complicacións, sobre todo ao inicio, e cun modificado de por medio- e un investimento lixeiramente superior aos 2 millóns de euros –aportado pola Deputación e o Plan E-, o complexo acuático do Castro, ubicado en Franza e que compartirán os veciños e veciñas de Ares e Mugardos, quedou definitivamente inaugurado. Nun acto celebrado esta mañá no novo recinto, os alcaldes de Ares, Julio Iglesias, e Mugardos, Xosé Fernández Barcia, descubriron a placa que se colocou ao entrada dunhas instalacións que, como volveron a destacar os rexedores, constitúen as máis modernas e completas da zona, contando, ademais da piscina, cun ximnasio e un centro de recuperación –spa-, que poderán acoller ata 900 abonados.
No acto –que rematou cun ágape para todos os asistentes- estiveron presentes, entre outros, integrantes das dúas corporacións, representantes de Proyfe (dirección de obra), Aedes (adxudicataria dos traballos), Arriva (empresa de autobuses que fan a liña Ferrol-Ares-Mugardos), e Servioco (concesionaria do servizo), así como integrantes do movemento asociativo e deportivo, tanto de Ares como de Mugardos.
Os alcaldes destacaron tamén os prezos competitivos e asequibles –coa posibilidade de bonos familiares- das instalacións deportivas, aspecto que ten unha especial importancia en tempos de crise económica como o actual. De feito, os datos de inscripción falan, ata o momento, por sí mesmos: en tan só catro días, o número de abonados superou os 350, unha cifra que amosa o interese da cidadanía por este servizo e, ao mesmo tempo, da conta do boas condicións do mesmo.
O horario de apertura do complexo, que xa funcionará a pleno rendemento dende o día 1 de abril, será de 08.00 a 13.30 e de 16.00 a 22.30, de luns a venres, e de 09.00 a 14.00 e de 17.00 a 20.30 horas, os sábados. Os domingos e festivos tamén abrirá, aínda que unicamente en horario de mañá: de 10.00 a 14.00 horas.
TARIFAS DO COMPLEXO
Segundo explicaron os responsables de Serviocio, estableceranse tres tipos de usuarios do complexo: abonados -que teñen acceso a todos os espazos sen límite de tempo, ademais dun desconto do 50% no prezo dos cursos de natación, e pagarán unha cota de 25 euros ao mes, se é maior de 14 anos; de 16 se son entre 18 e 24 anos; de 12 euros no caso dos usuarios infantís e 32 no caso do bono familiar-; cursillista –os que estean inscritos nalgún curso dirixido por un monitor, que inicialmente poderán facer uso das instalacións durante o tempo que dure a clase- e entradas libres. Estas últimas son entradas puntuais ao recinto pagando o custe da entrada no momento de acceso á instalación, coa única restricción de uso en función da ocupación. Os prezos serán de 4 euros para a piscina e sala fitness no caso de adultos, e de 2,5 euros para os usuarios infantís. Esta tarifa terá un suplemento de dous euros coa zona spa.
As persoas que se inscribiron a pasada semana poderán disfrutar de xornadas de portas abertas entre os días 28 e 31 de marzo, estando prevista a apertura oficial das instalacións o día 1 de abril. En todo caso, hai que indicar que as persoas que decidan apuntarse poden seguir facéndoo no recinto de O Castro, a partires do luns no horario habitual de apertura de ditas instalacións.
Dende Serviocio informaron de que os interesados deberán cubrir unha folla de inscripción cos seus datos persoais e aportando, ademais, o número de conta bancaria para poder domiciliar os cobros. Para incluir aos familiares no abono familiar será imprescindible levar unha fotocopia do libro de familia. No momento de formalizar a matrícula, haberá que aboar unha cota única, que será de 25 euros para abonados e de 20 para asistentes non abonado, así como a primeira mensualidade –as seguintes xa serán mediante domiciliación bancaria-.
A empresa Serviocio conta con páxina web, na que se poderá facer calquera consulta –www.serviocio.es- e, ademais, creou unha dirección de correo electrónico a disposición de todos os veciños e veciñas –aresmugardos@serviocio.es-.

NOVO SERVIZO DE ARRIVA
Por outra banda, lémbrase que os autobuses de Arriva Noroeste da liña Ferrol-Ares-Mugardos, tal e como anunciaron recentemente en rolda de prensa os responsables da empresa e o alcalde de Ares, xa están, dende o pasado luns, deixando e recollendo aos pasaxeiros na marquesiña que se ubica fronte as instalacións deportivas. Deste xeito, garántese o acceso ao complexo sen ter que atravesar a rotonda, tanto das persoas que van de/a Mugardos como de/a Ares. Precisamente hoxe, e como medida promocional, un autobús informativo de Arriva atopábase estacionado xunto ao complexo, mostrando os horarios desta liña e dando conta desta medida, demandada por moitos veciños e veciñas dos dous municipios. Hai que lembrar que
A este respecto, hai que engadir tamén que as dúas liñas intermunicipais entre Ares e Mugardos, que se enmarcan dentro do Plan de Transporte Metropolitano e que teñen como punto común de enlace o novo complexo acuático, entrará en funcionamento unha vez que exista un número de usuarios destas instalacións suficiente, tal e como informaron recentemente os dous rexedores. Deste xeito, poderá ser asumido tanto polos concellos como polos propios usuarios.

URBANIZACIÓN DO ENTORNO
Na actualidade, e unha vez que as obras do recinto e o equipamento do mesmo, xa están a punto, estanse a rematar os traballos de urbanización do entorno, centrados sobre todo en labores de xardinaría. Ditos traballos, que se están executando aproveitando o bo tempo destes últimos días, estarán totalmente rematados antes do día 1 de abril, data na que abrirá definitivamente e dun xeito normalizado o complexo do Castro.
Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares