Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Sábado 04 de xullo de 2020
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesxullo
2020
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
III CONCURSO FOTOGRAFIA XUVENIL 2019

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Notas de prensa
A batería de A Bailadora convírtese nun excelente miradoiro e nun centro de referencia de bicicleta de montaña, sendeirismo e hípica
24 Marzo 2011 14:37
O alcalde de Ares, Julio Iglesias, inaugurou esta mañá a rehabilitada batería de A Bailadora, que gracias, nunha primeira fase, ao traballo realizado polos alumnos e alumnas da primeira edición do obradoiro de emprego Insert@res e, hai uns meses, en virtude do Plan de Dinamización Turística das Comarcas do Eume e Ortegal, tense convertido nun dos mellores miradoiros da comarca e o de máis altura sobre a ría de Ferrol.
Así o destacou o rexedor socialista, que fixo un percorrido polas recuperadas instalacións costeiras, cedidas neste mandato polo Ministerio de Defensa ao Concello de Ares. Despois duns primeiros traballos de desbroce e recuperación do entorno por parte de Insert@res, que mellorou notablemente un espazo ata entón en moi mal estado e inaccesible pola maleza, levouse a cabo a obra de maior calado dirixida a potenciar o turismo, a de recuperación do edificio principal da antiga batería militar e a construcción dun miradoiro, un dos mellores da zona, ademais de ser o de maior altura dos situados sobre a ría de Ferrol.
En total, o Plan de Dinamización investiu máis de 140.000 euros nesta actuación, que tamén contemplou a colocación de diferente mobiliario urbán, como bancos e papeleiras, así como paneis informativos.
Iglesias explicou que, se ben o uso futuro do edificio restaurado é do de convertilo nun centro de interpretación, de momento, á espera de acadar o investimento necesario para levar a cabo dita intervención, funcionará como centro de servizos vencellado ao deporte. É dicir, que será un punto de referencia para a práctica de actividades tales como bicicleta de montaña (BTT), sendeirismo ou a hípica. Precisamente este último deporte contará proximamente con outra instalación fundamental: a do picadeiro que se ubica noutra das baterías de costa de Ares –neste caso na de Montefaro- e que, neste caso, foi rehabilitada e posta a punto pola Secretaría Xeral para o Turismo.
Deste xeito, o goberno liderado por Julio Iglesias, está a acadar, e con creces, un dos seus compromisos electorais: o de recuperar as baterías e acicalas ao turismo e ocio, respectando o patrimonio e poniendo en valor, todo iso sen que supoña un custe para as arcas municipais.
Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares