Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Luns 30 de Marzo de 2020
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesMarzo
2020
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
1
2345678
9101112131415
16171819202122
23242526272829
3031

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
III CONCURSO FOTOGRAFIA XUVENIL 2019

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Notas de prensa
O municipio de Ares acollerá por segundo ano consecutivo a Ruta e concurso de pinchos
23 Marzo 2011 11:56
Por segundo ano consecutivo e despois do enorme éxito acadado en 2010, a Asociación de Empresarios de Ares (Asemares), coa colaboración do Concello, organiza a “Ruta y Concurso de Pinchos”, na que participarán 14 establecementos de todo o municipio. Esta mañá, o presidente da entidade local, Leonardo Fernández Paz, presentaba co alcalde, Julio Iglesias Redondo, esta edición, que comezará esta mesma fin de semana e se desenvolverá ao longo dos días 26 e 27 de marzo, 2 e 3, 9 e 10 e 16 e 17 de abril.
Café bar O Pescador; Club de Tenis de Redes; Casa Reme; Casino de Ares; mesón O Bodegón; casa rural A Queira; As Naveiras; pub Boisson; café bar O’Gaiteiro; cafetería Abel; pub O’Lugar; La Kafeta; hamburguesería O Lago; e cervecería Mar de fondo son os catorce locais que servirán, en horario de mediodía e de tarde-noite –haberá quendas en función dos horarios de apertura dos mesmos-, os pinchos, todos eles diferentes.
Como xa ocorrera na edición do ano pasado, haberá dúas categorías de premios: a que vai dirixida aos bares e restaurantes que toman parte na iniciativa –haberá un premio ao mellor pincho, ao máis elaborado, ao de mellor presentación, ao máis innovador e ao máis tradicional- e a que ten como destinatarios aos veciñas e veciños que participen e, deste xeito, completen toda a cartiña posta a disposición dos clientes en cada un dos locais da rota. Neste caso, sortearase unha viaxe dunha semana a Canarias para dúas persoas, unha fin de semana nun spa –tamén para dúas persoas- e un televisor de plasma, entre outros agasallos.
As persoas que desexen participar nesta iniciativa poderán disfrutar de cada pincho con bebida –caña, copa de viño, auga ou refresco- por dous euros, un prezo que pretende ser asequible nuns momentos, como son os actuais, de crise económica.
Como informaron Fernández e Iglesias, o acto de entrega de premios será o 20 de abril ás 21.00 horas na Alianza Aresana, a partires das nove da noite.

Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares