Gustache a fotografía?
Coñeces o teu pobo?
Tes entre 8 e 18 anos?
Animate, presenta a túa foto, poderás formar parte do calendario municipal 2020 + premio da categoría
Prazo: Do 24 de xuño ao 15 de outubro
Envío: de xeito electrónico a concursofotografía@concellodeares.com
Categorías: de 8 a 12 anos e de 13 a 18 anos
Bases e formularios de inscrición: www.concellodeares.com
ORGANIZA: Concellaría de Cultura e a OMIX
COLABORA CPI As Mirandas
O obxectivo deste concurso e convidar a xuventude a mirar na súa contorna aresá como contexto onde recoñocer a súa herdanza a través das imaxenes, despertando a capacidade de observar todo o que lles rodea e recoñocerse en pequenas historias e/ou paisaxes que dean conta do seu vencellamento cunha memoria colectiva deste pobo. En concreto, invitamos a fotografar espazos, lugares, obxetos, festas e eventos representativos e situacións da súa contorna que consideren parte da súa identidade.
QUEN PODE PARTICIPAR?
Pode participar xente nova de 8 a 18 anos, empadroados en Ares.
CALES SON AS CATEGORIAS?
CAREGORIA A: De 8 a 12 anos
CATEGORIA B: De13 a 18 anos.
PRAZOS E LUGAR DE ENTREGA:
A recepción das obras farase a través do correo electrónico: concursofotografia@concellodeares.com
O prazo de presentación será: Do 24 de Xuño ata o 15 de Outubro ambos inclusives.
COMO PARTICIPAR?
Poderase mandar un máximo de dúas fotografías por participante e achegar os seguintes datos no correo electrónico que se envíe: ASUNTO: III CONCURSO DE FOTOGRAFÍA XUVENIL CONCELLO DE ARES
AUTOR E OBRAS: Formularios de solicitude de participación (1) e de identificación das fotografías (2) cubertos, asinados e escaneados. Poderá descargar os formularios na páxina web do concello www.concellodeares.com No caso de que nas fotografías aparezan terceiras persoas deberá achegar escaneada tamén a autorización de imaxe asinada por elas.
CARACTERÍSTICAS DAS FOTOGRAFÍAS
-Todas as fotografías deben conter os datos mencionados no parágrafo anterior
-So serán admitidas as fotografías en formato dixital e non estará permitido editalas ou melloralas.
-As fotografías deben ter entre 6 e 12 Megapixels, en formato JPEG ou JPG.
-As fotografías non poden conter imaxes violentas, degradantes ou ataques directos a individuos ou organizacións. Calquera fotografía considerada ofensiva será descalificada.
-As fotografías no deben infrinxir os dereitos de terceiros.
-As fotografías deben ser orixinais, tomadas ao longo do 2019 e non publicadas con anterioridade, así como non ter sido presentadas noutros concursos.
RESOLUCIÓN DE GAÑADORES E PREMIO
-O xurado designado pola Concellería de Cultura, avaliará as fotografías recibidas en base a: o adecuado seguimento das bases, a creatividade a orixinalidade da obra e a representividade do pobo
-Elixiranse un total de6 fotos ( 3 de cada categoría agás excepción motivada do xurado)
PREMIOS: a- As fotografías gañadoras pasarán a formar parte do calendario do Concello 2020, que se reparte por todo o municipio, identificando aos autores daquelas.
b-Categoría A- un lote de libros Categoría B-50 euros
CONDICIÓNS XENERAIS
-Os participantes do concurso deberán enviar as súas fotos con toda a documentación requirida, en caso contrario non serán admitidas
-No momento de enviar as fotos, os participantes conceden de xeito gratuíto o dereito de usar as fotos de calquera xeito e en calquera medio, incluíndo o dereito sen limitación, de publicar, distribuír, modificar adaptar, e amosar publicamente dito contido.
-O Concello de Ares non asume ningunha responsabilidade por calquera retraso ou perda no envío das fotos.
-Os participantes aceptan as bases polo mero feito de participar.
PRAZO: Do 24 de Xuño ao 15 de Outubro
ENVÍO: de xeito electrónico a concursofotografia@concellodeares.com
CATEGORIAS: de 8 a 12 anos e de 13 a 18 anos
+ información e dúbidas: na OMIX (edificio Alianza Aresana,Rúa María 11,Ares) ou no teléfono: 981448057