Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Miercoles 18 de Setembro de 2019
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesSetembro
2019
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
1
2345678
9101112131415
16171819202122
23242526272829
30

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
ARES DESDE O MAR NAVEGA CONNOSCO

III CONCURSO FOTOGRAFIA XUVENIL 2019

VeraneAres 2019

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


@ dixital
Convocatorias
X MERCADO DE SEGUNDA MAN
25 xuño 2019

ARES, DOMINGO 14 DE JULIO, PASEO MARÍTIMO, Avenida Saavedra Meneses.

Reserva o teu posto xa!
-Empadroados: do 25 ao 27 de xuño
-Non empadroados: do 2 ao 4 de xullo.

Para máis información achégate á Biblioteca Municipal das Alianzas, ou no número 981448057//690021106

INFORMAMOS DE QUE O VINDEIRO DOMINGO 14 DE XULLO DE 2019 (ENTRE AS 9:00 E AS 21:00 H) LEVAREMOS A CABO O X MERCADO ARTESANÍA DE SEGUNDA MAN –CONCELLO DE ARES, DESTINADO Á VENDA DE ARTIGOS DE ESTAS CATEGORÍAS.

NA FEIRA PÓDESE, INTERCAMBIAR, MERCAR OU VENDER: XOGUETES, LIBROS, PELÍCULAS, MATERIAL DE COLECIONISMO, ROUPA, CALZADO, BISUTERÍA DE SEGUNDA MAN E OUTROS ARTIGOS DE ARTESANÍA QUE SE CONSIDEREN DE INTERESE.

É UN MERCADO ARTESANAL E DE SEGUNDA MAN

NON SE PERMITIRÁ A VENDA DE NINGÚN TIPO DE ALIMENTO OU COMIDA
A RECADACIÓN POLA RESERVA E USO DOS ESPAZOS HABILITADOS IRÁ DESTINDADA A CÁRITAS PARROQUIAL –ARES

1.- QUEN PODE POÑER UN POSTO?
• PARTICULARES EN XERAL
• ASOCIACIÓNS E SOCIEDADES (RESERVARÁNSE POLA ORGANIZACIÓN 10 POSTOS)
• PROFESIONAIS (MÁXIMO 20 POSTOS)

2.- QUE NECESITO?
CADA ADXUDICATARIO DEBE LEVAR TODO O NECESARIO PARA MONTAR O SEU POSTO, E SERÁ RESPONSABLE DESTE.

EN TODO CASO ASUME DEIXAR O ESPAZO CEDIDO NO MESMO ESTADO DE LIMPEZA NO QUE O ATOPOU (EN CASO CONTRARIO PERDERÁ O DEREITO A PARTICIPAR O ANO SEGUINTE).

3.- ONDE E ATA CANDO PODO SOLICITAR O POSTO?
AS INSCRICIÓNS LEVARÁNSE A CABO OS SEGUINTES DÍAS NA BIBILIOTECA MUNICIPAL (ALIANZAS ARESANAS - RÚA MARÍA 11 ):

• DO 25 AO 27 DE XUÑO : SOLICITANTES EMPADROADOS NO CONCELLO DE ARES.

• DO 2 AO 4 DE XULLO: SOLICITANTES NON EMPADROADOS NO CONCELLO DE ARES.

A ADXUDICACIÓN, TRAS COMPROBAR QUE SE CUMPLEN TODOS OS REQUISITOS, EFECTUARÁSE POR RIGUROSA ORDE DE INSCRICIÓN ATA REMATAR OS POSTOS.
AS SOLICITUDES FARANSE PERSOALMENTE, EN NINGÚN CASO SE PODERÁN FACER POR VÍA TELEMÁTICA OU TELEFÓNICA.

PODERÁN ELIXIRSE OS NÚMEROS DE POSTOS NA SOLICITUDE, EN CASO CONTRARIO OS POSTOS SERÁN NUMERADOS CORRELATIVAMENTE DACORDO COA ORDE DE PRESENTACIÓN DAS SOLICITUDES.

4.- CANTOS POSTOS PODEMOS SOLICITAR?
PODERASE SOLICITAR UN POSTO POR PERSOA.
CADA PARTICIPANTE DISPÓN DUNHA SUPERFICIE DE EXPOSICIÓN DE 3 METROS LINEAIS,

NO CASO DE ASOCIACIÓNS E SOCIEDADES, SE XUSTIFICAN A NECESIDADE DE MÁIS DE 3 M LINEAIS PARA EXPOÑER OS SEUS PRODUTOS, PODERÁN OBTER AUTORIZACIÓN PARA DOUS POSTOS.

A SOLICITUDE DEBERÁ PRESENTALA A PERSOA RESPONSABLE DO POSTO OU AUTORIZADO.

5.- CÓMO FACER PARA SOLICITAR O POSTO?
• CUBRIR A SOLICITUDE DE RESERVA DE POSTO QUE PODERÁ OBTER NA BIBLIOTECA.
• FACER O PAGAMENTO NO BANCO (O Número de conta será facilitado no momento de recoller a inscrición)
• ENTREGAR A SOLICITUDE XUNTO COA XUSTIFICACIÓN DO PAGAMENTO NA BIBLIOTECA MUNICIPAL. ESE SERÁ O MOMENTO EFECTIVO DA INSCRICIÓN.
NON SE ACEPTARÁ A ENTREGA DE NINGUNHA SOLICITUDE QUE NON VEÑA COMPLETA (DATOS, SINATURA E XUSTIFICACIÓN DE PAGAMENTO)
• NO CASO DE NON PODER ASISTIR O DÍA DO MERCADO, EN NINGÚN CASO SE DEVOLVERÁ O IMPORTE, AO TRATARSE DUN DONATIVO EN CONTA DIRECTO A CÁRITAS PARROQUIAL.

6.- ONDE SE VAI SITUAR O MERCADO?
AO LONGO DE TODO O PASEO MARÍTIMO (DENDE A CAFETERÍA “O GAITEIRO” ATA A PONTE DA CISCADA).

7.- CUSTO DE CADA POSTO?
5€, AGÁS ASOCIACIÓNS SEN ÁNIMO DE LUCRO E ONG.

O ABONO DESTE IMPORTE INGRESARÁSE POLO SOLICITANTE DIRECTAMENTE NA CONTA DE CÁRITAS PARROQUIAL – ARES.

O NÚMERO TOTAL DE POSTOS É DE 130.

NORMAS DE ORGANIZACIÓN:

• O DÍA DO MERCADO (14 DE XULLO) OS POSTOS TERÁN QUE QUEDAR MONTADOS CON SUFICIENTE ANTELACIÓN POLA MAÑÁ CEDO, DE TAL XEITO QUE ÁS NOVE DA MAÑÁ O PASEO TEN QUE QUEDAR LIBRE DE VEHÍCULOS.

• SE AS 10:00 H DA MAÑÁ O TITULAR NON TIVERA MONTADO O POSTO, A ORGANIZACIÓN PODERÁ FACER USO DO MESMO.

• SE ALGÚN DOS USUARIOS QUE TEÑEN POSTO AXUDICADO, NON TIVERA PREVISTO ASISTIR, DEBERÁ COMUNICARLLO Á ORGANIZACIÓN COMO MÁXIMO ANTES DO XOVES, 11 DE XULLO ÁS 12:OOH. En caso contrario, perderá o dereito a participar no Mercado ao ano seguinte.

• PERMITIRÁSE O PASO DE VEHÍCULOS O TEMPO SUFICIENTE PARA BAIXAR A MERCANCÍA , DESPOIS HABERÁ QUE RETIRALOS A UN LUGAR AXEITADO.

• CHEGADO O VENRES 12 , DE EXISTIREN PRAZAS VACANTES NALGUNHA DAS MODALIDADES DA BASE 1, PODERÁN SER CUBERTAS POLAS SOLICITUDES QUE FIGUREN NA LISTAXE DE AGARDA DAS OUTRAS DÚAS.

• A ORGANIZACIÓN RESÈRVASE O DEREITO A INTERPRETAR AS PRESENTES BASES NO CASO DE DÚBIDA OU CONFLITO.

• OS SOLICITANTES, COA PRESENTACIÓN DA SÚA SOLICITUDE, ACEPTAN AS PRESENTES BASES E OBRÍGANSE A CUMPLILAS.

Información e inscricións:
Biblioteca municipal (Rúa María 11)
Teléfono: 981448057 / 690021106


NORMATIVA en pdf


 Ampliar foto
Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares