Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Martes 16 de xullo de 2019
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesxullo
2019
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
293031

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
ARES DESDE O MAR NAVEGA CONNOSCO

III CONCURSO FOTOGRAFIA XUVENIL 2019

VeraneAres 2019

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


@ dixital
Convocatorias
BASES ESPECÍFICAS PARA A CONTRATACIÓN LABORAL TEMPORAL DE TRES SUBALTERNOS.
31 Maio 2019

D. MANUEL LARROSA RODRÍGUEZ, SECRETARIO DO CONCELLO DE ARES( A CORUÑA). CERTIFICO:

Que pola Xunta Municipal de Goberno, en sesión ordinaria celebrada o día 8 de abril do 2019, adoptouse o seguinte acordo:

PUNTO NÚM.2.- BASES EXCMA DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE A CORUÑA. SERVIZOS MÍNIMOS MUNICIPAIS: PEONS E SUBALTERNOS.

Vista a publicación no Boletín Oficial da Provincia nº65, do xoves 4 de abril de 2019 da Resolución número 2019/11950 de 02/04/2019 pola que se aproba o Programa de Integración Laboral mediante a execución de obras e servizos mínimos municipais dos concellos da provincia de menos de 20.000 habitantes durante o exercicio 2019 (PEL-CONCELLOS), coa concesión ao Concello de Ares dunha subvención de 46.000€ “Obxecto: Programa de integración laboral”.

Na súa virtude, en base aos preceptos legais aplicables, en especial, a Lei 7.1985, de 2 de abril. O Real Decreto Lexislativo 781/1986, de 18 de abril, a Lei 5/1997 de 22 de xullo e o Real Decreto 2568/1986, de 28 de novembro.

A Xunta Municipal de Goberno acorda por unanimidade:

Primeiro.- Aprobar as BASES ESPECÍFICAS PARA A CONTRATACIÓN LABORAL TEMPORAL DE SEIS PEÓNS E TRES SUBALTERNOS do Programa de Integración Laboral, baixo a modalidade contractual de contratos eventuais por circunstancias de produción que se expresan a continuación.

Segundo.-Proceder a facer pública esta convocatoria mediante anuncio nun xornal dos de maior tirada da comarca, de acordo cos principios de publicidade, concorrencia, igualdade, mérito e non discriminación.

BASES ESPECÍFICAS PARA A CONTRATACIÓN LABORAL TEMPORAL DE TRES SUBALTERNOS.

Primeiro.- Obxecto.
Ó abeiro da subvención outorgada pola Excma. Deputación Provincial de A Coruña para programa de Integración Laboral mediante a execución de obras e servizos mínimos municipais dos concellos da provincia por importe de 46.000 €, ten por obxecto a contratación de 3 subalternos polo prazo de cinco meses e unha xornada de vintecinco horas.

Segundo.- Selección.
A selección terá lugar entre os candidatos que se presenten mediante convocatoria pública a facer mediante un anuncio nun xornal dos de maior tirada da comarca, de acordo cos principios de publicidade, concorrencia, igualdade, mérito e non discriminación.

No proceso selectivo, valorarase como mérito finalizar programas de capacitación, formación e integración no mercado laboral organizados e/ou financiados polas Administracións Públicas. A tal fin, terán que aplicar o previsto na lexislación vixente sobre a protección e fomento do emprego do persoal risco de exclusión social, á que se fai referencia o punto seguinte de estas bases.

Terceiro.- Requisito do persoal para contratar.
As persoas para contratar deberán estar en situación de desemprego na data de inicio do proceso selectivo e atoparase nalgunha das seguintes situacións de exclusión laboral:

A) Mulleres, ao ter un diferencial de índice de paro rexistrado sensiblemente superior ao dos homes.
b) Maiores de 45 anos.
c) Persoas desempregadas de longa duración. Para os efectos do programa terán esta consideración aquelas persoas que leven un mínimo de dous anos como demandantes de emprego.
d) Persoas con discapacidade: aquelas persoas que teñan recoñecida, pola Administración competente, unha discapacidade nun grado superior ao 33%. A acreditación da discapacidade será comprobada polos concellos no proceso de selección das persoas para contratar.
e) Persoas en situación de drogodependencia.
f) Persoas que vivan nun fogar onde ningunha teña emprego.
g) Persoas en fogar monoparental/monomarental.
h) Persoas con problemas para atopar emprego polo idioma ou cuestións socioculturais.
i) Persoas vítimas de violencia de xénero.
j) Persoas sen fogar.

Tódolos requisitos anteriores deberán terse no momento de remata-lo prazo de admisión de solicitudes e conservaranse, polo menos ata a data de formalización do contrato.

Cuarto.- Actividades a realizar polo persoal contratado.
Na selección terás en conta as especiais características das tarefas a desenvolver en función do programa previsto, en especial os criterios previstos no punto 2.3 das bases reguladoras do programa de integración laboral mediante a execución de obras e servizos mínimos municipais dos concellos da provincia de menos de 20.000 habitantes, anualidade 2018 (liñ 1. pel-concellos), así como a adecuación do aspirante ao posto a desempeñar.

Quinto.- Composición comisión seleccionadora.
A composición da Comisión Seleccionadora se determinará por Resolución da alcaldía a cal tendo en conta os criterios establecidos no punto terceiro de estas bases, efectuará unha entrevista cos aspirantes a efectos de levar a cabo a selección, propoñendo na súa virtude os aspirantes ao posto de desempeñar.

Sexto.- Presentación de solicitudes.
Os aspirantes disporán dun prazo de dez días naturais contados desde o seguinte día da publicación da convocatoria nun xornal dos de maior tirada da comarca. En cada solicitude deberase presentar o modelo de instancia que se adxunta como Anexo I, debidamente cumprimentado, e acreditar, se é o caso, a seguinte documentación:

- Os cartóns ou informes acreditativos de que as persoas para contratar son demandantes de emprego, debidamente atualizados.
-A documentación acreditativa da situación de exclusión de cada traballadora:

* Mulleres e persoas maiores de 45 anos – Fotocopia DNI.
* Persoas desempregadas de longa duración – Tarxeta demandante de Emprego, Informe de vida laboral actualizado.
*Persoas en situación de drogodependencia, con problemas para atopar emprego polo idioma ou cuestións socioculturais, persoas con fogar no que ningún dos seus membros teña emprego, fogar monoparental/monomarental ou persoas sen fogar, vítimas de violencia de xénero. - Informe dos servizos sociais municipais.

Os aspirantes, no día e hora sinalados pola Alcaldía, presentaranse diante da Comisión Seleccionadora para manter unha entrevista persoal, na que se avaliará a súa adecuación ó posto, en función dos criterios fixados no punto terceiro de estas bases.

Sétimo.- proposta de contratación.
Concluída a cualificación do proceso de selección, a comisión publicará no taboleiro de anuncios do concello e na páxina web municipal a relación de tódolos aspirantes coa puntuación final.

A comisión seleccionadora elevará á Alcaldía a correspondente proposta de contratación a favor dos/as aspirantes que obtiveran a puntuación total mais alta (a comisión non poderá facer proposta a favor dun numero de aspirantes superior ás prazas convocadas ou propostas posteriormente e na categoría das mesmas)

Oitava.- Formalización do contrato.
Unha vez presenciada e avaliada a documentación ó que se refire o punto sexto de estas bases, o órgano competente da corporación procederá a contratación a favor dos/as aspirantes propostos/as pola comisión Seleccionadora, e será nula o contratación de quen estea incurso en causas de incapacidade específica conforme á normativa vixente.

A formalización dos contratos terá lugar dentro do prazo de cinco días naturais, a contar dende a data de notificación do acordo de contratación Mentres non se formalicen os respectivos contratos e non se incorporen ao posto de traballo, os/as aspirantes non terán dereito a percepción económica de ningunha clase.

Novena.- renuncias ou substitucións.
No caso de extinción da relación laboral, ben sexa por substitución ou por renuncia dalgunha persoa traballadora por causas alleas ao Concello, poderase contratar a outra persoa que reúna os requisitos do programa.

Comunicarase á Deputación devandito cambio, que non supoñerá variación na cantidade concedida, e achegará a documentación acreditativa da situación da nova persoa traballadora a contratar, de acordo co establecido no punto 7.2 da resolución de Presidencia de 01/02/2019 de aprobación das bases reguladoras do Programa de integración laboral mediante a execución de obras e servizos mínimos municipais dos concellos da provincia de menos de 20.000 habitantes anualidade 2019.

En ambos casos (renuncia ou Substitución) procederase a designar ós aspirantes pola orde de puntuación obtida na selección sen necesidade de nova selección, o novo contrato estenderase polo prazo que quede para rematar o prazo da relación contractual.


BASES e ANEXOS en pdf

Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares