Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Luns 17 de xuño de 2019
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesxullo
2019
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
293031

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
VeraneAres 2019

ALFOMBRAS FLORAIS 2019

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


@ dixital
Convocatorias
ALFOMBRAS FLORAIS 2019
21 xuño 2019

PRESENTACIÓN

Desde o ano 1986 o Concello de Ares consolidase como unha das localidades do norte galego que con máis entusiasmo popular celebra a festividade do corpuschristi alfombrando con flores varias ruas da localidade.

No domingo seguinte ao xoves de corpus en Ares faise bo o dito: tres dias hay no ano que relucen mais que o sol: xoves santo, corpus christi e o día da ascensión.

Todo comezou un 2 de xuño de 1983 cando algúns veciños colocan na rúa, diante das portas das suas casas, unha mesiña cun xarro de flores enriba dun pequeno pasillo de espadana, onde faría parada a procesión relixiosa.

Ao ano seguinte manteñense eses detalles e incorporan nunha das ruas un gran Escudo de galicia feito con flores e algo mais elaborado.

Chegado 1985 xa se confecciona un pequeno tramo de alfombra floral entre dúas das casas da mesma rúa con debuxos e cenefas, sendo ao ano seguinte cando comeza a cubrirse con este arte efímero toda a lonxitude actual.

En 1992 a organización desta celebración toma caracter oficial coa creación da Asociación Alfombra Floral de Ares, subdividida en sete tramos que se reducen a 6 no 1997 ao unificarse dous existentes. A superficie cuberta é de 1000m de longo por 3m de ancho á que hai que engadir os motivos que cubren varias prazas do percorrido.

Calculase que cada ano utilízanse ao redor de 15 toneladas de verde e flor. DENDE 20111 ESTÁ DECLARADA FESTA DE INTERESE TURÍSTICO DE GALICIA.

LIGAZÓNS DE INTERESE.

-Concello de Ares
-Facebook Concello de Ares
-info@concellodeares.com
-981 468 102

CORPUS CHRISTI
FESTA DO CORPO E SANGUE DE CRISTO

O día do corpus é unha festa católica destinada a ensalzar a Eucaritía, o sacramento instituído por Xesús na última Cena, antes de seres crucificado, e que constitue a aumentar a fe da presenza de Cristo no santisimo Sacramento.

A Celebración conclúe cunha procesión na que, en diferentes altares, rendese culto público á hostia consagrada e ao seu remate, de ndicese no templo.

PROCURA DE MATERIAIS.

Meses antes do gran día, reúnense os grupos de traballo de cada tramo e, ademáis de decidir o deseño dos motivos dese ano, comeza a recollida do que lle chama o verde que atopan nos campos de toda a comarca a cuxos donos se lles pide autorización ou mesmo ofrecen xa os seus predios para este menester.

Despois empeza o proceso para recabar as flores no que tamén recurren ás fincas e hortas da comarca, agás para os caraveis que é necesario mercar. Vaise facendo acopio doutros materiais como cunchas de ameixas, arroz, café, area da praia, bolas de Eucalipto que complementarán o material floral e que na maioria dos casos, tinguese de múltiples cores.

Antigamente, nas alfombras orixinais, utilizábase espadana (coz vermella e palma verde) combinada con fiuncho, hoxe en día utilízase como verde: pino, tuia e mirto; Tamén herbas como labaza, lágrimas e cheirenta; flor de todo tipo como o cardo, pampillo, rosa, caravel, hortensia...

PREPARACIÓN DE MATERIAIS.

Nas semanas anteriores o Corpus, os grupos de traballo reúnense para limpar e cortar o verde e tinguir os distintos materiais que se van usar na confección das alfombras.

Vanse seleccionando e almacenando segundo a sua cor, especie ou uso que se lle pretenderá dar na alfombra para facilitar así as tarefas de distribución e colocación na noite previa á celebración.

Estas xuntanzas, normalmente vespertinas, poden dilatarse durante horas, convertíndose asi nun acontecemento social de convivencia e colaboración mutua na procura dun fin común.

DESEÑOS

Con varios meses de antelación ao domingo de corpus reúnense os grupos de traballo de cada tramo para elexir os motivos e debuxos que incorporarán ás alfombras florais.

Para a elección do tema os responsables dos 6 tramos de xeito consensuado buscan relación con personaxes de actualidade, conmemoracións importantes ou introducen elementos abstractos relixiosos...

Plantillas de madeira, papel e tamén cartón facilitan o pintado dás rúas nos días previos (sobretodo para os denominados bordillos ou cenefas, partes exteriores das alfombras) e serven de guía á veciñanza que coloca as flores e demáis ornamentos a noite do sábado.

Para o pintado dos motivos interiores, pola contra, úsanse as mans dos veciños e veciñas máis artistas quen os debuxan directamente no pavimento.

A NOITE DAS ALFOMBRAS FLORAIS.

A noite do sábado ao domingo confeccionanse as alfombras, na sua maior parte elaboradas pola veciñanza aresana pero tamén por xentes da comarca que por devoción ou tradición, desexan formar parte desta festa.

Todos en harmonía, nunha gran noite maxica.

Nos diferentes tramos establecense distintos grupos de traballo: reparto de materiais e debuxos, decoradores, avituallamento a base de café, bola de azucre, empanada... ata que se remata totalmente a alfombra case ao mencer do domingo.

É un espectaculo gratificante ver deitados no chan, colocando os materiais que conforman as alfombras a numerosas persoas maiores, xente moza e mesmo nenos pequerrenchos en amigable compaña, axudandose mutuamente e sempre cun sorriso na faciana.

A TRADICIÓN

O domingo de corpus e o sábado anterior son dias moi especiais para toda a veciñanza de Ares. Son os dias nos que van poñer en valor o traballo de varios meses.

O cume da festa chega coa procesión de corpus christi que comeza despois da misa solemne que se oficia ás 17 h. Na igrexa Parroquial de san Xosé de Ares.

No transcurso da celebración o grupo de rapaces e rapazas que recibiron a súa primeira comunion nese ano procesionan nun lugar destacado.

Resulta obvio indicar que é unha data que agardan con moita ilusión tendo en conta que son, sunto co sacerdote, os primeiros en pisar estas maravillas de arte efímero.


DESPLEGABlE en pdf


 Ampliar foto
Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares