Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Luns 17 de xuño de 2019
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesxuño
2019
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
12
3456789
10111213141516
17181920212223
24252627282930

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
VeraneAres 2019

ALFOMBRAS FLORAIS 2019

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


@ dixital
Convocatorias
ALOXAMENTO NAS RESIDENCIAS DE XUVENTUDE DURANTE O CURSO 2019/2020
21 Maio 2019

A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, dispón de instalacións que durante o curso académico funcionan como residencias xuvenís.

Como é habitual as ditas instalacións póñense a disposición dos mozos/as estudantes, reservando un 9% das prazas para a mocidade traballadora e resérvase tamén un 9% para o caso de mozas que sufran violencia de xénero ou para mozos e mozas cuxas proxenitoras a sufrisen.
As instalacións a disposición dos mozos e mozas residentes durante o curso académico ofrecen aloxamento e mantenza, nelas desenvólvese unha serie de actividades e convivencias educativas a través das que se intenta fomentar valores sociais, culturais e deportivos.

Convocatoria para o curso académico 2019/20: 216 prazas.

Lugo. Centro Residencial Xuvenil LUG: 74 Home/muller

Ourense. Florentino López Cuevillas: 55 Home/muller

Vigo. Altamar: 87 Home/muller

9 % para mozos e mozas que desempeñen unha actividade profesional:

Lugo. Centro Residencial Xuvenil LUG: 7 Home/muller

Ourense. Florentino López Cuevillas: 5 Home/muller

Vigo. Altamar: 8 Home/muller

9 % para o caso de mozas que sufran violencia de xénero ou para mozos e mozas cuxas proxenitoras a sufrisen:

Lugo. Centro Residencial Xuvenil LUG: 7 Home/muller

Ourense. Florentino López Cuevillas: 5 Home/muller

Vigo. Altamar: 8 Home/muller

Prazo de presentación das solicitudes: Estará aberto ata o 17 de xuño de 2019.
As solicitudes están dispoñibles na sede electrónica da xunta SEDE ELECTRÓNICA, entrando no procedemento BS303B para estudantes e BS303D para traballadores/as.

Requisitos:
- Posuír nacionalidade española ou ser nacional dun país membro da Unión Europea, ou ser estranxeiro/a residente en España no momento da solicitude de praza.
- Non ter perdido a condición de residente por causa imputable a persoa solicitante.
- Ter os 16 anos cumpridos e non superar os 30, na data do 31 de decembro de 2019.
A mocidade estudante, ademais:
- Cursar estudos de formación profesional ou ciclos formativos, de bacharelato, estudos universitarios tendentes á obtención do título de grao ou equivalente ou ben, mentres non se xeneralice a implantación dos novos títulos universitarios, estudos universitarios de 1º, 2º ou 3º ciclo nunha facultade ou escola universitaria ou estudos superiores en ensinanzas artísticas.
Exceptúase do anterior a realización de estudos universitarios, nos cales a persoa solicitante non obteña a nota de corte ou puntuación académica mínima exixida para o ingreso nas facultades ou escolas universitarias da localidade de residencia habitual.

- Que no concello onde radique a súa residencia habitual non exista oferta de centros públicos para realizar o curso, nivel ou grao correspondente aos estudos que vaia cursar o/a solicitante.

A mocidade traballadora tamén deberán cumprir os seguintes:
- Que o lugar de traballo teña o enderezo nun concello distinto ao lugar de residencia habitual da persoa solicitante.
- No caso de que a relación de traballo non sexa fixa ou indefinida terá que ter unha duración mínima de 3 meses contados desde a data en que finalice o prazo de presentación de solicitudes.
- No caso de ser unha persoa traballadora por conta propia, será necesario que estea dada de alta no réxime de traballadores/as autónomos/as da Seguridade Social, con anterioridade á publicación da presente convocatoria.

Prezo:
a) Habitación dobre: 324 € por residente e mes.
b) Habitación cuádrupla: 250 € por residente e mes.

Período de estadía:
O período máximo de estadía das persoas beneficiarias será de 11 meses e estará comprendido no período establecido para o curso académico 2019-2020, exceptúanse os períodos de vacacións de Nadal e Semana Santa.
As persoas beneficiarias que teñan a condición de estudantes, iniciarán e finalizarán a súa estadía na residencia coincidindo co curso académico no que estiveran matriculadas (respectando sempre o período máximo antes indicado) e en todo caso concluirán a súa estadía co remate dos estudos desenvolvidos.

En calquera caso as persoas beneficiarias deberán iniciar a súa estadía na residencia como prazo máximo o 31 de outubro.

Máis información no DOG do 15 de maio de 2019

LUGO
OURENSE
VIGO



Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares