Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Domingo 15 de Decembro de 2019
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesxullo
2020
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
NADAL EN ARES 2019/2020

III CONCURSO FOTOGRAFIA XUVENIL 2019

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


@ dixital
Convocatorias
VII EDICIÓN -CAMPUS PORTEIROS DIEGO RIVAS- CONCELLO DE ARES-
14 Maio 2019

O CONCELLO DE ARES ACOLLE UNHA NOVA EDICIÓN DO

CAMPUS DE FÚTBOL PARA PORTEIROS DIRIXIDO POR

DIEGO RIVAS


• A actividade vai dirixida a nenos e nenas de 6 a 16 anos e desenvolverase en Prados Vellos entre os días 2 e 6 de xullo, incluindo ambos

• O campus contará con 50 prazas, que se cubrirán por orde de inscrición, e o prezo será de 69 euros para os empadroados en Ares

ARES, 14 DE MAIO DE 2019.- A área de Deportes, que dirixe a edil socialista, Alma Barrón organiza, unha vez máis, tras o remate do curso escolar, o VII Campus para porteiros Diego Rivas-Concello de Ares. Dito campus terá lugar os días 2, 3, 4, 5 e 6 de xullo; en xornada de mañá, desde as 10.00 ás 13.30 horas,no campo de fútbol municipal de Prados Vellos.
O campus estará dirixido polo porteiro Diego Rivas, na actualidade gardamallas profesional do Racing de Ferrol SAD e cunha traxectoria en equipos profesionais españois como o Lugo, Deportivo, Elche, Albacete, Tenerife ou Eibar, entre outros. Diego Rivas, que conta ademais coa titulación de Maxisterio na especialidade de Educación Física, será o encargado de coordinar un grupo de traballo composto por porteiros de fútbol e adestradores de porteiros cunha contrastada experiencia.
Esta mañá, o propio Rivas, xunto coa concelleira de Deportes, Alma Barrón, e o técnico deportivo municipal, Javier Saánchez, compareceron en rolda de prensa na alcaldía para presentar a iniciativa, que xa nas anteriores edicións gozou dunha gran acollida e participación.
Durante a presentación de hoxe Rivas quixo destacar a figura do porteiro no mundo do fútbol e agradecer este tipo de iniciativas que axudan a poñer en valor o seu papel, así como adquirir valores técnicos e outros de carácter social, que se tratarán de inculcar neste campus.
Este campus deportivo, adicado de forma específica aos porteir@s de fútbol, vai dirixido aos rapaces de 6 a 16 anos, dividíndoos á súa vez dunha forma didáctica e pedagóxica en tres grupos: iniciación (de 6 a 9 anos), formación (de 10 a 13 anos) e consolidación (de 14 a 16 anos).
Dado o interese pola calidade como elemento diferenciador no desenvolvemento do campus, haberá 50 prazas, que se irán cubrindo por rigurosa orde de inscrción. O prazo para inscribirse estará aberto do 15 de maio ao 18 de maio, para empadroados en Ares, e a partir do 20 de maio, para o resto sempre e cando haxa prazas libres, poidendo facerse a inscrición no primeiro dos casos únicamente nas instalación do pavillón municipal recollendo a folla de inscrición no pavillón deportante do pago do campus e enviar todo ao enderezo electrónico campus@diegorivas.es).
O prezo inscrición é de 69 euros no caso dos empadrod@s en Ares e 99 € para os non empadroados (35 € si son xogadores/as das categorías inferiores do Numancia ADR, e 69 € para familias numerosas, así como para dúas ou máis inscricións por unidade familiar), e inclúe unha equipación de porteiro consistente en guantes, dúas camisetas e dous pares de manguitos; un temtempé diario a media mañá consistente nun minibocata, auga e lácteo ou zumo de froita e bebida isotónica (xentileza de Supermercado Froiz); unha xornada con actividades náutico-deportivas na praia de Ares, así como un diploma acreditativo, e o sorteo de diferentes agasallos donados polos patrocinadores.
Esta VII edición do Campus Diego Rivas-Concello de Ares contará coa colaboración de diferentes entidades e empresas que fan posible xunto coa administración local esta iniciativa deportiva que, un ano máis, tratará de aportar o seu gran de area no proceso de formación dos rapaces e rapazas futbolistas aos que lles gusta ser porteiros.
Un saúdo




Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares