• Descrición da actividade: o Campamento xirará entorno a actividades deportivas tales como actividades naúticas, equitación, senderismo, práctica do fútbol, tenis, voleipraia, voleibol, baloncesto, aeróbic, baile,…. Ademáis terán unha pernocta en tenda de campaña unha noite. Desenvólvese nas instalacións do Colexio Calvo Sotelo da Coruña.
Datas: do 7 de xullo ( incorporación entre as 18 e as 19), ao 12 xullo ( recollida pola tarde )
Prezo: 85 €. ( a ingresar no número de conta que se facilitará máis adiante).
Inclúe transportes internos, estadía e manutención en residencia e todo gasto que ocasionen as actividades. Os traslados de Ares ao Colexio e viceversa corren a cargo de cada familia.
• Prazo de inscrición: do 24 de abril ás 9:00 h ata o 31 de maio ás 13:00 h.
• Lugar : OMIX de Ares ( Alianza Aresana, Rúa María, 11 )
• Nº de prazas ofertadas: 3
Se a demanda de prazas é maior que a oferta, haberá sorteo público o venres 31 de maio, ás 13.30 h. na Alianza Aresana. Formaráse unha listaxe de agarda para o caso de renuncias dos titulares ou ampliación de prazas adxudicadas por parte da Deputación.
Terán preferencia os rapazes que non participasen en edicións anteriores.
• Dirixido a: mozos e mozas empadroados/as en Ares de entre 9 e 14 anos ( ambas idades incluídas e cumpridas no ano 2019 )