JULIO IGNACIO IGLESIAS REDONDO, ALCALDE-PRESIDENTE DO CONCELLO DE ARES, FAGO SABER:
Que, con motivo da celebración dos actos relixiosos e procesionais da Semana Santa, faise preciso adoptar unha serie de medidas relacionadas co estacionamento de vehículos e o tráfico rodado por algunhas das rúas desta vila, co fin de facilitar o normal desenvolvemento dos actos programados; polo que facendo uso das atribucións que me confire o artigo 7 do RDL 6/2015, de 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei sobre Tráfico, Circulación de Vehículos a Motor e Seguridade Viaria, nos seus apartados a) e f), e o artigo 21 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das Bases de Réxime Local, fago saber a todos/as os/as veciños/as e, en especial a aqueles que utilizan normalmente o seu vehículo en calidade de condutores que nos días e horas que se sinalan a continuación, deben respectar as seguintes NORMAS:
DOMINGO, 14 de Abril - Domingo de Ramos - Con motivo da procesión, prohíbese o estacionamento desde as 13:30 horas, ata o remate dos actos, para toda clase de vehículos, na Praza da Igrexa; rúa Real (treito entre a Praza da Igrexa e rúa Xuncal); rúa Xuncal, e rúa María (desde rúa Xuncal ata o “Gran Barato”).
MARTES, 16 de Abril. Vía Crucis con saída da Praza da Igrexa, rúa Real, rúa María, cruce bazar “Moncho” e volta por rúa Real ata a Praza da Igrexa. Será preciso cortar o tráfico para toda clase de vehiculos e prohibir o estacionamento no treito indicado entre as 18:00 e as 22:30 horas.
XOVES, 18 de Abril - Xoves Santo - Dado que se celebrarán dúas procesións, prohibirase a circulación de vehículos ao paso das mesmas e tamén o estacionamento entre as 15:00 e as 00:00 horas. As rúas afectadas serán: Praza da Igrexa; rúa Real (treito comprendido entre a Praza da Igrexa e rúa Xuncal); rúa Xuncal, e rúa María (desde rúa Xuncal ata o “Gran Barato”).
VENRES, 19 de Abril - Venres Santo - Prohibirase a circulación de vehículos mentres se celebran as procesións, tanto pola mañá como pola tarde, e prohibirase o estacionamento de toda clase de vehículos desde as 08:00 horas ata as 00:00 en: Praza da Igrexa; rúa Real (treito comprendido entre a Praza da Igrexa e rúa Xuncal); rúa Xuncal, e rúa María (desde rúa Xuncal ata o “Gran Barato”).
SÁBADO, 20 de Abril. Pecharase ao tráfico e prohibirase o estacionamento na Praza da Igrexa, entre as 20:30 horas e as 00:00.
DOMINGO, 21 de Abril. Domingo de Resurrección - Prohibirase unicamente a circulación de vehículos mentres se celebra a procesión, sen que se prohiba o estacionamento no seu percorrido, aínda que durante o paso da comitiva, entre as 10:30 e as 12:15, non se permitirá incorporarse á circulación aos vehículos estacionados no seguinte treito: Igrexa Parroquial - rúa Real - Avenida de Mugardos - rúa Celso Emilio Ferreiro e rúa Tucho Vilasánchez ata a igrexa de Lubre.
Por parte da Policía Local establecerase un dispositivo especial de vixilancia e control do tráfico, a fin de garantir que se respecten estas normas, procedendo, se é o caso, á denuncia e/ou retirada das rúas afectadas daqueles vehículos que supoñan un impedimento para o correcto desenvolvemento dos actos.
Grazas pola súa colaboración.
Ares, 10 de Abril de 2019.
O alcalde,