Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Venres 23 de Agosto de 2019
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesAgosto
2019
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
II ARES INDIANO 2019

ARES DESDE O MAR NAVEGA CONNOSCO

III CONCURSO FOTOGRAFIA XUVENIL 2019

VeraneAres 2019

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


@ dixital
Convocatorias
PLAN DE EMPREGO LOCAL (PEL 2019)
21 Marzo 2019

O Boletín Oficial da Provincia publicou o mércores 6 de marzo, as convocatorias oficiais das axudas do Plan de Emprego Local (PEL) da Deputación da Coruña.

LIÑA 2.1 PEL-EMPRENDE

Axuda á consolidación e ao fortalecemento do texido empresarial nos concellos da provincia a través do apoio á inversión de bens inventariables.

Desinatarios: Pequenas e medianas empresas e persoas autónomas promotoras de inciativas empresariais no ámbito provincial da Coruña que teñan ánimo de lucro e con anterioridade á data de publicaión da convocatoria reúnan os seguintes requisitos:

• Ter domicilio fiscal nalgún municipio da provincia da Coruña.
• Ter actividad eonómica con ánimo de lucro.
• Ter unha antigüedade máxima de 5 anos de exercicio continuado na actividade empresarial para a que se solicita a axuda.
• Ás persoas físicas: estar dadas de alta no Réxime Especial de Traballadores Autónomos o en calquer outro réxime da Seguridade Social ou como mutualista de colexio profesional dende fai como máxima 5 anos.
• Ás persoas xurídicas: A data de constitución da empresa, atendendo a data de inscripción no rexistro público correspondente cunha antigüedade máxima de 5 anos.

Subvencións: Presentar un presuposto mínimo de 2.500,00 e un máximo de 25.000,00€ (excluido el IVE) do cal poderán solicitar, como máximo o 80%.

Gastos subvencionables: Aquelas inversión que resulten estrictamente necesarias para o desenvolvemento da actividade da empresa, como son:
- Aplicacións informáticas.
- Maquinaria.
- Utillaxe
- Mobiliario
- Equipos para o proceso de información.

Han de ser inversión en elementos novos e o IVE non se considerará gasto subvencionable. Ademáis quedan excluidas as instalacións, reparacións, obras, reformas, instalacións técnicas.

Documentación:
- Anexo I, II e III.
- Certificación de situación censal da AET actualizado.
- Documentación acreditativa de pertenecer a colectivos con discapacidade ou pertenecer a un grupo de exclusión social.
- As persoas físicas, duplicado de alta no Réxime Especial de traballadores por cuenta propia ou autónomos ou no colexio profesional ou mutualidade que corresponda.
- As persoas xurídicas, escritura de Constitutución da entidade, así como a inscripción no rexistro público.

LIÑA 2.6 PEL-EMPRENDE

Axuda á consolidación e ao fortalecemento do texido empresarial nos concellos da provincia a través do apoio á actividades e/ou actuacións no desenvolvemento da iniciativa empresarial.

Destinatarios: Pequenas e medianas empresas e persoas autónomas promotoras de inciativas empresariais no ámbito provincial da Coruña que teñan ánimo de lucro e con anterioridade á data de publicaión da convocatoria reúnan os seguintes requisitos:

• Ter domicilio fiscal nalgún municipio da provincia da Coruña.
• Ter actividad eonómica con ánimo de lucro.
• Ter unha antigüedade máxima de 10 anos de exercicio continuado na actividade empresarial para a que se solicita a axuda.
• Ás persoas físicas: estar dadas de alta no Réxime Especial de Traballadores Autónomos o en calquer outro réxime da Seguridade Social ou como mutualista de colexio profesional dende fai como máxima 10 anos.
• Ás persoas xurídicas: A data de constitución da empresa, atendendo a data de inscripción no rexistro público correspondente cunha antigüedade máxima de 10 anos.

Subvencións: Presentar un presuposto mínimo de 2.500,00 e un máximo de 6.000,00€ (excluido el IVE) do cal poderán solicitar, como máximo o 80%.

Gastos subvencionables: servizos de profesionais independientes (contratacións externas para a realización de actividades relacionadas cos ámbitos de actuación), sendo os ámbitos subvencionables:
- Responsabilidad socia empresarial, actuacións relacionadas ca implantación de medidas de responsabilidade en Medio ambiente, calidade, Igualdade, Emprego e co Entorno e a comunidade.
- Marketing e comunicación.
- Competividade e expansión.

Documentación:
- Anexo I, II e III.
- Certificación de situación censal da AET actualizado.
- Documentación acreditativa de pertenecer a colectivos con discapacidade ou pertenecer a un grupo de exclusión social.
- As persoas físicas, duplicado de alta no Réxime Especial de traballadores por cuenta propia ou autónomos ou no colexio profesional ou mutualidade que corresponda.
- As persoas xurídicas, escritura de Constitutución da entidade, así como a inscripción no rexistro público.

LIÑA 3.1 PEL-PEMES. Creación e Ampliación 2019

Axudas á contratación laboral de persoal en situación de desemprego para a creación e ampliación do cadro de persoal de pequenas, medianas empresas e microempresas.

Destinatarios: Pequenas, mediana empresas, microempresas e persoas autónomas promotoras de iniciativas empresariais con ánimo de lucro e que con anterioridade á data de publicación da convocatoria da axuda reúnan os seguintes requisitos:
- Domicilio fiscal nun concello da Provincia da Coruña de menos de 20.000 habitantes.
- Ter actividade económica con ánimo de lucro.
- A actividade da empresa, definida nos seus estatutos, ou a do autónomo, ha de estar relacionada cos perfis profesionais da persoa contratada.
- Persoas físicas, estar dado de alta no RETA ou en calquer réxime especial por conta propia da seguridade social ou mutualista de colexio profesional.
- Persoas xurídicas, estar inscrita no rexistro mercantil ou no rexistro público correspondente.

Requisitos das persoas contratadas ou a contratar:
- Estar empadroada en calquera dos municipios da provincia da Coruña.
- Estar en situación de desemprego no momento da contratación e inscrito como demandante de emprego no Servizos Públicos de Emprego.
Exclusións:
- As contratacións indefinidas realizadas a traballadores que nos 24 meses anteriores á data da contratación prestaran servicios na mesma empresa mediante un contrato indefinido.
- As contratacións temporais a traballadores que nos últimos 6 meses á data de contratación prestaran servicios na mesma empresa mediante un contrato temporal.
- As persoas traballadores que finalicen unha relación laboral de carácter indefinido con outras empresas no prazo de 3 meses previos á formalización do contrato, excepto que dicha relación laboral finalizase por causa de despido recoñecido ou declarado improcedente ou por algunha causa sinalada nos artigos 49.1.g), 51 e 52.c) do Estatuto dos traballadores.
- As relación laborais de carácter especial previstas no artigo 2.1 do RDL 2/2015 do 23 de outubro.
- As contratación de traballadores para prestar servizos en outras empresas mediante contratos de posta a disposición realizados con empresas de traballo temporal.
- Contratos realizados con cónxuge, os ascendentes, descendentes e demáis parentes, por consaguinidade ou afinidade.

Subvención: Como máximo el 75% dos costes salariais cas cuantías máximas establecidas dependendo do grupo de cotización no que se atope, cubrirá únicamente os 12 primeiros meses do contrato.

Se subvencionaran únicamente as contratacións realizadas entre o 1 de xaneiro e ata un máximo de dous meses a contar dende a data de publicación da resolución de concesión das subvencións.

Os gastos subvencionables comprenden os soldos e a seguridade social.

LIÑA 3.2 PEL-PEMES. Mantemento 2019

Axudas ao mantemento do cadro de persoal de pequenas, medianas empresas e microempresas.

Destinatarios: Pequenas, mediana empresas, microempresas e persoas autónomas da subvención PEL-PEMES Creación e Ampliación 2018 que levaran a cabo contratación de maneira indefinida con carácter previo á presentación da solicitude e con anterioridade á data de publicación da convocatoria, reúnan os seguintes requisitos:
- Domicilio fiscal nun concello da Provincia da Coruña de menos de 20.000 habitantes.
- Ter actividade económica con ánimo de lucro.
- A actividade da empresa, definida nos seus estatutos, ou a do autónomo, ha de estar relacionada cos perfis profesionais da persoa contratada.
Requisitos das persoas contratadas ou a contratar:
- Estar empadroada en calquera dos municipios da provincia da Coruña.
- Haber sido contratado na convocatoria PEL-PEMES Creación/Ampliación 2018.
- Ter contrato indefinido con carácter previo á presentación da solicitude de axuda PEL-PEMES Mantemento 2019 por parte da entidade solicitante.
- Ter a mesma categoría profesional na que foi contratado e subvencionado con cargo a PEL-PEMES Creación /Ampliación 2018, salvo que se produza unha mellora na categoría profesional.
- Ter a mesma xornada de traballo que na convocatoria anterior, salvo que se pase de parcial a completa.

Exclusións:
- Contratos realizados con cónxuge, os ascendentes, descendentes e demáis parentes, por consaguinidade ou afinidade, ata o segundo grao incluido do empresario/a ou das persoas que teñan cargos de dirección ou que sexan membros dos órganos de administración das empresas .
- Os contratos realizados con persoas que ostenten cargos de dirección ou sexan membros de órganos de administración nas empresas que revistan a forma xurídica de sociedades mercantis.

Subvención: Como máximo el 50% dos costes salariais cas cuantías máximas establecidas dependendo do grupo de cotización no que se atope, cubrirá únicamente os 12 meses do contrato, transcurridos os do ano 2018.

Os gastos subvencionables comprenden os soldos e a seguridade social.

O prazo de presentación de solicitudes para concorrer ás subvencións comeza o xoves 21 de marzo, e finaliza o día 22 de abril de 2019, ás 14.00 horas. As persoas interesadas poden presentar as súas solicitudes de forma telemática a través do portal de subvencións da Deputación da Coruña.

Para recibir información e axuda para participar en ditas convocatorias poden acudir a AXENCIA DE DESENVOLVEMENTO LOCAL do Concello de Ares (sita na 3ºplanta).


INFORMACIÓN en pdf

Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares