O Concello de Ares recibiu unha liña Axudas autonómicas para a realización do proxecto “Rehabilitación do edificio municipal Alboio de Quinín para espazo de interpretación e exposición de actividades e tradicións mariñeiras” cun orzamento total de 76.459,67 € cun porcentaxe de axuda dun 90% que farase en dúas anualidades 2018 e 2019 ao abeiro das Estratexias de Desenvolvemento Local Participativas aprobadas aos grupos de acción local do sector pesqueiro para o desenvolvemento sustentable das zonas de pesca no marco do Fondo Europeo Marítimo e de Pesca 2014-2020.
Consiste na rehabilitación dun edificio que contribuirá ao fomento do patrimonio cultural pesqueiro e marítimo ao destinarse a un centro de interpretación e exposición das tarefas relacionadas cas artes de pesca propias de Redes e o uso das cabrias, pouco coñecidas fóra deste territorio e corre o perigo de caer no olvido debido ao cambio de materiais e aos avances no mundo da pesca. Na recuperación da cultura tradicional mariñeira: aparellos, talleres artesanais, festas, lendas e tradicións.
Preténdese impulsar a toma de conciencia sobre a importancia do papel da vida mariñeira e do mar na historia e na cultura do territorio, especialmente no pobo que toma o seu nome das propias artes, Redes.
Web GALP Golfo Ártabro Norte