O Concello de Ares, a través da súa área de urbanismo, equipamentos, infraestrutura e medio ambiente beneficiase dun programa de subvencións destinado a concellos galegos para a mellora da accesibilidade nos edificios e espazos de uso públicos por importe de 28,082,66 €, sobre un orzamento total de 40.118,08 € de acordo co establecido na ORDE do 21 de xullo de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións aos concellos galegos, destinadas á mellora da accesibilidade nos edificios e espazos de uso público, cofinanciadas polo programa operativo do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria para os anos 2017 e 2018
A actuación levada a cabo foi a “Instalación do ascensor no Pavillón de Deportes”, co obxectivo de garantir a accesibilidade e a supresión de barreiras arquitectónicas e a adquisición e instalación de equipamentos para garantir a accesibilidade en edificios públicos