A Consellería de Economía, Emprego e Industria nos concedeu xunto os concellos de Fene, Cabanas, Mugardos e Neda un Obradoiro de Emprego Xuvenil, dirixido as persoas mozas de máis de 18 anos e menores de 25, ou 30 no caso de persoas cun grado de discapacidade igual ou superior ao 33%, incluídas no ficheiro do Sistema Nacional de Garantía Xuvenil e cumprir os requisitos establecidos na normativa do contrato para a formación .
A duración do obradoiro é de 6 meses, de 16 alumnos/as-traballadores/as na especialidade “Fabricación e montaxe de instalación de tubería industrial”.
A selección do persoal se fará no Concello de Fene en próximas datas, polo que os/as mozos/as así como o persoal encargado da formación e administración que estén interesados/as, que se acheguen a oficina do Inem sita na Avda de Vigo en Ferrol para facer constar o interés en participar en dito obradoiro.