Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Martes 20 de Agosto de 2019
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesAgosto
2019
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
II ARES INDIANO 2019

ARES DESDE O MAR NAVEGA CONNOSCO

III CONCURSO FOTOGRAFIA XUVENIL 2019

VeraneAres 2019

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


@ dixital
Convocatorias
XXVII MILLA URBANA
04 Agosto 2018

Dende o Paseo Marítimo o sábado 4 de agosto. A partir das 11 da mañá.

Inscricións:As 24 h. no formulario existente na páx. web da da Federación Galega de Atletismo. O prazo remata o mércores día 1 de agosto, ás 23.59 horas. Non haberá inscricións o mesmo día da proba.

Idades: Aberto, dende os 3 anos.

Premios:Categorías masculina e feminina. Ata prebenxamíns incluídos medallas a tod@s participantes. Benxamíns en adiante medallas 1º, 2º e 3º. Trofeo ao gañador e á gañadora absoluta. Trofeo máis xove e máis veteran@.

Regulamento Completo:
• A proba denomínase XXVII Milla Urbana Concello de Ares.

• E unha proba oficial da FGA, con distancia non homologada.

CATEGORÍAS ANO DE NACEMENTO DISTANCIAS (METROS) HORARIO ESTIMADO
Prebiberóns 2015 50 ( liña recta ata a meta) 11.05
Biberóns 2013-14 100 ( liña recta ata a meta) 11.07
Prebenxamíns 2011-12 250 ( xiro 125m) 11.10
Benxamíns/ sub10 2009-10 500 ( xiro 250m) 11.20
Alevíns/ sub12 2007-08 800 ( xiro 400m) 11.30
Infantís/sub14 2005-06 1000 ( xiro 500m) 11.40
Cadetes/sub16 2003-04 1600 ( xiro 800m) 11.50
Xuvenís/sub18 2001-02 1600 ( xiro 800m) 11.50
Xuniors/sub20 1999-00 1600 ( xiro 800m) 12.00
Promesa/sub23 1996-98 1600 ( xiro 800m) 12.00
Seniors 1984-1995 1600 ( xiro 800m) 12.00
Máster 1 1978-1983 1600 ( xiro 800m) 12.00
Máster 2 1977-1969 1600 ( xiro 800m) 12.10
Máster 3 1968-1959 1600 ( xiro 800m) 12.10
Máster 4 1958 e anteriores 1600 ( xiro 800m) 12.10

• Terá lugar o sábado 4 de agosto, dende as 11 horas no Paseo marítimo da vila de Ares. O recorrido e totalmente cha e disponse ao longo do paseo marítimo da vila nun circuíto de ida e volta de iguais dimensións sobre o que iranse cubrindo as distancias de cada unha das categorías que son as que seguen.

• Haberá categorías tanto masculinas como femininas.

• Ata prebenxamíns, incluídos entregarase unha medalla a cada participante e non existirá clasificación oficial nesas probas correndo todos os participantes co dorsal número 01.

• Dende benxamíns ata veteráns 4, haberá pódium das probas, con entrega de medallas aos/ás 1, 2, e 3 clasificados/as en cada categoría tanto en masculinos como en femininos.

• Haberá trofeo ao gañador absoluto e á gañadora absoluta da proba, así como ao corredor/a máis xove e ao/á máis veterá.

• As inscricións faranse a través da páxina web da Federación Galega de Atletismo, rematando o prazo ás 23.59 horas do mércores 1 de agosto. Os dorsais poderán retirarse o venres 3 de agosto de 9 a 14 horas na Alianza Aresana, ou o mesmo sábado no mesmo lugar ata media hora antes da proba. Non poderán tramitarse inscricións o mesmo día.

• As persoas non inscritas oficialmente e que tomen parte da carreira a modo particular, sin ser autorizadas polo organizador, non están amparadas polos seguros da proba. A FGA non farase responsable dos danos que estas persoas poidan causar ou causarse.

• As reclamacións referentes aos resultados oficiais, deberán ser feitas verbalmente ao xuíz árbitro, non máis de 30 minutos despois de comunicarse oficialmente os resultados.

• Será motivo de descalificación, entre outros, os seguintes aspectos: non realizar todo o circuito da carreira, non levar dorsal ou manipular este, falsificar datos persoais, competir co dorsal ou chip de outras persoas.

• Os atletas con licenza pola FGA, deberán competir ca camiseta oficial do seu Club.

• Os atletas con licenza federativa, terán que aterse ao Regulamento de Disciplina Deportiva vixente.

• SERVIZOS: persoal sanitario, ambulancia, zona hidratación. A proba conta cun seguro de Responsabilidade Civil e un seguro de accidentes deportivos para os participantes.

• Todo o non disposto na presente normativa rexerase polas normas de competición da FGA, RFEA e IAAF para a presente tempada, así como todo o regulamento por instancias superiores.


REGULAMENTO en pdf


 Ampliar foto
Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares