Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Venres 16 de Novembro de 2018
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesOctubre
2019
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
28293031

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
XORNADA FORMATIVA - A PREVENCIÓN DA VIOLENCIA DE XÉNERO, UN RETO DE TODOS/AS

II CONCURSO DE FOTOGRAFÍA XUVENIL CONCELLO DE ARES 2018

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


@ dixital
Convocatorias
ARES INDIANO 2018
17 Agosto 2018

Ares prepárase para facer unha viaxe moi especial no tempo e recrear o seu pasado indiano. Será coa celebración da primeira festa Ares Indiano os días 17, 18 e 19 de agosto, durante os cales a través dunha programación repleta de actos se ensalzará o legado da emigración no municipio.

A Festa, organizada polas concellarías de Cultura e Turismo, servirá para rendir homenaxe á historia da emigración e ás xentes que tras ter que marchar do seu lugar de orixe voltaron e se convertiron en mecenas de diversas iniciativas socioculturais no seu pobo como forma de contribuir ao seu progreso. Foron veciños e veciñas de Ares, de tódalas idades, que hai máis dun século víronse obrigados a marchar a Sudamérica na procura de mellores condicións de vida, pero que nunca se esqueceron do seu pobo e da súa xente.

Os indianos deixaron en Ares unha fonda pegada que se pode ver tanto nun importante número de vivendas como escolas de instrución; estruturas símbolo dun estilo propio e cosmopolita coas súas características fachadas, balconadas, forxas e adornos que perduran no tempo convivindo e resaltando entre as edificacións actuais.

Para rememorar aquela época e homenaxear a tódolos emigrantes poñendo en valor o sacrificio daquelas xentes e tamén a súa aportación no eido cultural, económico, educativo e arquitectónico, está previsto un programa cheo de actos durante os tres días de festexos.

Para poder organizar este importante evento o Concello conta coa impagable colaboración de Ernesto López e Javier Vilasánchez, veciños e estudosos do fenómeno da emigración aresana e escolas de instrución. Tamén coa Agrupación Instrutiva de Caamouco e o Casino Aresano, que albergarán sendas exposicións sobre a materia e relatorios temáticos. Asemade, cos grupos e asociacións musicais e teatrais locais.

A programación inclúe, entre outros, concentración de coches antiguos, photocall, baile tradicional, música cubano-galega, relatorios sobre a temática, exposicións, postos de venda, animación na rúa, xogos populares para maiores e pequenos, concurso de vestimenta, visitas guiadas…que se irán detallando próximamente.

Contamos coa participación dos aresanos e aresanas para que, coa súa implicación neste iniciativa cultural e turística, ao igual que en todas as que se poñen en marcha, contribúan ao seu éxito e facer que Ares pareza ter regresado ao ano 1900 na festa de recibimento dos seus emigrantes.

+ Información na nosa páxina de facebook
https://www.facebook.com/Ares-Indiano

#AresIndiano
#Poñendoenvalor

PROGRAMA ARES INDIANO

ACTIVIDADES PARALELAS

- POSTOS DE VENDA E ARTESANÍA AO LONGO DO PASEO MARÍTIMO
- POSTOS DE ATENCIÓN DO CONCELLO NO PASEO MARÍTIMO NO QUE SE PODRÁN MERCAR SOMBREIROS CONMEMORATIVOS
- SET DECORADO CON PEZAS DA ÉPOCA (SOUL&VINTAGE)
- PANEL PINTADO PARA PODER TOMAR FOTOGRSFÍSD CONMEMORATIVAS
- PRESENZA NA RÚA DE EMBARCACIÓNS TRADICIONAIS
- SORTEO DE AGASALLOS DOADOS POLOS ESTABLECEMENTOS COLABORADORES ENTRE AS PERSOAS QUE VEÑAN CARACTERIZADAS DA ÉPOCA NO POSTO DO CONCELLO
- REPARTO DE GLOBOS CONMEMORATIVOS ENTRE A RAPAZADA

* Para as visitas guiadas ao patrimonio e as rutas en barco pol ría, será necesaria inscrición previa dende o día 14 de agosto na oficina de turismo, no teléfono 981 468 259 de 11 a 14h ou na mesma din de semana no posto do concello de 11:30 a 14h e de 17 a 21h. Prazas limitadas

EXPOSICIÓNS
ALIANZA ARESANA – RECREACIÓN DUNHA AULA DE INSTRUCCIÓN
De 12 a 14h e de 19 a 21h

CASINO ARESANO – LUCES DE ALÉN MAR
De 12 a 14h e de 19 a 21h

AGRUPACIÓN INSTRUCTIVA DE CAAMOUCO – LUCES DE ALÉN MAR
De 12 a 14h e de 19 a 21h

PROGRAMA
VENRES 17

19:00h – Inauguración polo Alcalde D. Julio Ignacio Iglesias Redondo. Actuación de TROULEADA

19:30h – Relatorio “Luces de alén mar”
Vicente Peña Saavedra, precedida da actuación musical de Pablo Varela, Dario García e Marta Mayobre (membros da banda de música da AC Xábrega).

19:00h PASARRÚAS – TROULEADA

21:30h – PRAZA DA CONSTITUCIÓN – Teatro “O Regreso do Insiano”. Grupo de teatro local A COVA DO TRASNO.

22:30h – PASARRÚAS – RETUMBATUKE

SÁBADO 18

11:30h PANTALÁN – Ruta en barco pola ría*
PASARRUAS – GRUPO DE gaitas aresán
REDES – Pasarrúas con animación

12:00h ALIANZAS - Relatorio “A arquitectura indiana en Ares” Nicolás Castelo, Chanzo Arquitectura
ARES – Visita guiada polo patrimonio arquitectónico indiano*
REDES - Visita guiada polo patrimonio arquitectónico indiano*
REDES – Xogos populares de madeira

12:30h PASEO MARÍTIMO – Chegada dos automóviles históricos. XXVIII Ralli Teresa Herrera

13:00h – REDES – Espectaculo “O elixir máxico” Doctor Piruletus
PANTALÁN – Ruta en barco pola ría*

13:15h – CASA DO CONCELLO – Recepción aos participantes no XXVIII Ralli Teresa Herrera de automóviles históricos

16:45 – REDES – Visita dos automóviles históricos

17:00h - PANTALÁN – Ruta en barco pola ría*
PASARRÚAS – con animación

17:30h – RAMPA PEQUENA – Xogos populares de madeira

18:00h – PRAZA CONSTITUCIÓN – Obradoiro de bailes latinos JES y LUCÍA

18:30h - PANTALÁN – Ruta en barco pola ría*

19:30h – RAMPA PEQUENA – Espectáculo “Unha viazxe aos confíns da maxia”. MAGO MAURO.

21:00h – PASARRÚAS – Rondalla TROBADORES

22:00h – REDES – Concerto SON al SON

22:30h – PRAZA CONSTITUCIÓN – Concerto OS PRIMERIZOS e ronda posterior.

DOMINGO 19

11:30h - PANTALÁN – Ruta en barco pola ría*

12:00h - ARES – Visita guiada polo patrimonio arquitectónico indiano*
REDES - Visita guiada polo patrimonio arquitectónico indiano*
PRAZA CONSTITUCIÓN – Actuación do grupo de baile AREAS DO MAR
REDES – Ximcana familiar

13:00h - PANTALÁN – Ruta en barco pola ría*

13:30h – Actuación do Coro de Cámara LUDUS TONALIS

17:00h - PANTALÁN – Ruta en barco pola ría*
PASARRÚAS – BANDA DE GAITAS RÍA DE ARES

18:00h - PRAZA CONSTITUCIÓN – Obradoiro de bailes latinos JES y LUCÍA

18:30h – RAMPA PEQUENA – Ximcana
PANTALÁN – Ruta en barco pola ría*

19:30h – REDES – Relatorio “A emigración e as escolas de instrucción” Ernesto López e Javier Vilasánchez
PASARRÚAS – RETUMBATUKE

20:30h – POSTO DO CONCELLO Sorteo de agasallos entre as persoas caracterizadas da época

22:30h – PRAZA CONSTITUCIÓN – Concerto CHANÉ NA HABANA. Alejandor Vargas Trío coa cantante Rosa Cadrón

ORGANIZA CONCELLO DE ARES

COLABORAN
Banda de gaitas Ría de Ares
Ernesto López Naveiras
Grupo de baile Areas do Mar
Grupo de gaitas Aresán
Javier Vilasánchez Martínez
Protección civil Ares
Rondalla Trovadores
Sociedade Cultural O Tilo
Trouleada
Vicente Peña Saavedra

COLABORADORES CONCURSO VESTIMENTA INDIANA

Bodegas &Vinos Ares
Hotel – Restaurante “Villa de Ares”
Urban Trend Estilismo
Ferretería SAR
Mesón O Pescador
Casa Reme Panadería Cafetería Ares
Tarrafa restaurante café – bar Ares

O Concello de Ares agradece a todas estas persoas, empresas e entidades colaboradoras a súa disposición para colaborar e conseguir deste Ares Indiano, facerlles xustiza as persoas que tanto axudaron naquela época ao desenvolvemento do noso pobo.


PROGRAMA en pdf


 Ampliar foto
Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares