RECEPCIÓN DE OBRAS: C.I.R.S. DE CERVÁS.
Dende o 5 ao 13 de setembro.
EXPOSICIÓN: C.I.R.S. DE CERVÁS
Do 16 ao 29 de setembro
FALLO DO XURADO: 14 de setembro
CLAUSURA EXPOSICIÓN / ENTREGA DE PREMIOS:
C.I.R.S. de Cervás o 29 de setembro ás 20 h.
Organiza: Concello de Ares
Colabora: C.I.R.S. Cervás
Para residentes no Estado Español de acordó coas seguintes bases:
1. Os/as concursantes serán maiores de 18 anos e poderán
Concursar cun máximo dunha obra, única e orixinal que se axustará as seguintes normas:
Tema: Libre
Técnica: Oleos e acrílicos
Tamaño máximo: 110 x 110 cm., incluíndo o marco.
2. As obras deberán estar enmarcadas ou acondicionadas para a súa exposición.
Non se admitirán as obras protexidas por cristal ou PVC.
3. As pinturas entregaranse no Local Social C.I.R.S. de Cervás (Ares) desde o 5 ao 13 de setembro, ambos incluídos, en horario de Luns a Venres de 19 a21 h. Sabados e Domingos de 12 a 14 h. e de 19 a 21 h.
4. As obras presentadas deberán vir asinadas co nome do autor/a, figurando na parte de atrás ó nome completo, o enderezo, o número de teléfono, o D.N.I., a data de execución do cadro, o titúlo e acompañarse fotocopia do D.N.I. e-mail si o tivera
5. A retirada dos cadros farase persoalmente por autor/a ou persoa autorizada, durante 15 días a partir da finalización da exposición: pasado o devandito prazo, enténdese que renuncia a calquera dereíto sobre eles. O Sábado 1 de Outubro será clausurada a entrega de premios.
6. As obras pasarán unha selección previa antes de ser admitidas definitivamente. Desta selección farase cargo un xurado cualificado.
1º Premio…………………………………………. 1200 euros
Premio o mellor pintor local……………… 500
Haberá tamén 2 acesits
Aos premios aplicaráselles a retención fiscal correspondente según a lexislación vixente nese momento.
8. Os premios serán en metàlico e non poderàn dividirse pero si declararse desertos.
9. Os cadros premiados quedarán en poder do concello de Ares, e pasarán a formar parte do patrimonio cultural do mesmo, podendo reperoducirlos e difundilos con enteira liberdade.
10. O Concello porá todo o seu cuidado no tratamento das obras presentadas. Nembargantes non responderá de predas , danos ou extravíos debídos a roubos, roturas, desperfectos ou causa de forza maior, ou calquera outro caso ou causa allea á súa vontade.
11. Os premios fallaranse os venres 14 de Setembro, por un xurado composto por persoas vinculadas o mundo da cultura. Se a cantidade de obras finalistas fora moi numerosa, farase unha selección posterior para a exposición por motivos de espazo expositivo.
12. O ditame do Xurado será inapelable e darase a coñecer na apertura da exposición que a tal efecto organizará o Concello de Ares. @s concursantes polo feito de concursar, aceptan integramente as presentes bases.
NOTAS:
Enténdese por pintor local, os nados ou empadroados na actualidade neste concello. Ningún concursante poderá acadar máis dun premio.
Non poderán presentarse ó concurso ós agraciados cos premios en metalico do ano anterior.