15 e 16 de setembro
SAÍDA : SÁBADO 15 DE SETEMBRO
HORA : 06.15h (pregamos puntualidade )
LUGAR : Praza da Igrexa (Ares)
PRAZAS OFERTADAS : 32
IMPORTE : 65 € (inclúe transporte, ruta guiada, aloxamento e almorzo do domingo)
Chegada ao Concejo de Colunga, dende onde comezará a ruta pola Serra litoral do Sueve. Esta serra forma parte da Rede de Espazos Protexidos, e das Paisaxes Protexidas polo que acumula unha grande beleza e diversidade, non en vano trátase dunha ruta considerada das mellores para iniciación ao senderismo de montaña.
• É preciso que cadaquen leve o seu xantar ou picnic para avituallar ao longo da ruta que faremos acompañados por dous guías de montaña profesionais.
• Requírese calzado e roupa axeitada, mochila, etc,...
• Ao remate da ruta, regreso en microbús dende o Mirador do Fito ata o Albergue El Furacu (Colunga), en réxime de aloxamento e almorzo.
• Tempo libre pola tarde-noite
• Domingo ás 10:00 saída cara a Xixón, tempo libre na cidade ata a tarde
• Regreso a Ares : domingo ás 17:30 h
CONDICIÓNS: Ser maior de idade (ou maiores de 16 anos acompañados dun adulto), e atoparse en condición física axeitada.
INSCRICIÓNS: Na OMIX da Alianza Aresana, do 2 ao 31 de xullo, ambos incluídos, de 9 a 14h., ata cubrir prazas (formaráse unha listaxe de agarda para substituir eventuais baixas)
No momento da inscrición deberá aboarse parte do prezo ( 30 € ) , cantidade que non se devolverá en ningún caso. O segundo pago ( 35 € ) farase en todo caso antes do 31 de agosto.
Á primeira semana de agosto celebraráse unha reunión cos inscritos para ultimar detalles.
ORGANIZA : Concellaría de Deportes