RESOLUCIÓN 237/18
Por Resolución de Alcaldía número 231/18 de data quince de xuño do presente publicábase a listaxe Definitiva de Admitidos e Excluídos do Proceso selectivo para a contratación de traballadores desempregados subvencionados pola Xunta de Galicia Consellería de Economía, Emprego e Industria, polo sistema de Concurso de catro socorristas a xornada completa.
Esta Alcaldía en uso das competencias conferidas pola Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases do Réxime Local na redacción dada pola Lei 57/2003, de 16 de decembro, o Real Decreto lexislativo 781/1986 de 18 de abril, polo que se aproba o Texto Refundido das disposicións legais vixentes en materia de réxime local, a Lei 5/1997 de 22 de xullo de Administración Local de Galicia, e o Real Decreto 2568/1986 de 28 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais.
VEN EN RESOLVER:
Primeiro.- Aprobar a relación de aptos ou non da Proba física para o acceso ao posto de Socorrista acuático no Concello de Ares. (Eliminatoria):
APELIDOS NOME RESULTADOS PROBA FÍSICA
De Paz Ferreiro Enrique José Non presentado
Freire Evia Rocio Non presentado
Lomba Cabanelas Manuel Javier Non presentado
Lopez Puente Guillermo Non presentado
Manceñido Monje Javier Apto
Mazorra López Raquel Non presentado
Ocarranza Pazos Olalla Non presentado
Otero Caamaño Purificación Inmaculada Apto
Segundo.- Acordar realizar unha nova solicitude de candidatos ao Servizo Público de Emprego para cubrir a totalidade de prazas subvencionadas pola Consellería de Economía Emprego e Industria ao Concello de Ares.
Terceiro.- Supeditar a para os candidatos Aptos a realización da segunda proba da Base 4ª das Bases que rixen esta convocatoria, unha vez estea realizada a “Proba física para o acceso ao posto de Socorrista acuático no Concello de Ares” os candidatos remitidos polo Servizo Público de Emprego.
Así acorda e dispón o Sr. Alcalde-Presidente, en Ares a, quince de xuño de dous mil dezaoito
O ALCALDE O SECRETARIO
Por Delegación
R.A. 108/16