• Prazo de inscrición: Do luns 4 de xuño ata o venres 15 de xuño, ás 13h. Para solicitar a participación no Campamer.ito, é preciso pasar palas dependencias da OMIX de Ares, sita no edificio cultural da Alianza Aresana e encher uns impresos ao efecto.
• Nº de prazas ofertadas: 3. ( si a demanda de prazas é maior, efectuariase un sorteo público o venres día 15 de xuño, ás 13.30 h. na Alianza Aresana, mentras que si o número de peticións é igual ou inferior a esas 3 prazas das que dispomos, irían de forma directa os interesados/as). Terán preferencia os rapazes que non participasen en edicións anteriores).
• Dirixido a: Xoves de Ares ( empadroad@s), de entre 9 e 14 anos, ambas idades incluídas, cumpridos no ano 2018, que desexen tomar parte nos Campamentos Deportivos 2018 que a Deputación da C ruña vai desenvolver do 1 ao 6 de xullo, na cidade Herculina.
• Lugar e Actividades: Nas instalacións do Colexio Calvo Sotelo na Coruña. As/os participantes accederán ao campus na xornada do domingo 1 de xullo, entre as 18 e as 19h ( chegada para cear), e rematarán na xornada vespertina do seguinte venres, tras o almorzo. Tanto no caso da incorporación como no da saída do Campamento os participantes chegarán pola súa conta. As actividades que terán lugar no Campamento xirarán entorno as actividades deportivas tales como actividades naúticas, equitación, senderismo, práctica do fútbol, tenis, voleipraia, voleibol, baloncesto, aeróbic, baile,.... Ademáis terán unha pernocta en tenda de campaña unha noite.
• Prezo: 85 €. (a ingresar no número de conta que facilitarase máis adiante). lnclúe transportes internos, estadía e manutención en residencia e todo gasto que ocasionen as actividades.