Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Domingo 21 de xullo de 2019
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesxullo
2019
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
293031

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
ARES DESDE O MAR NAVEGA CONNOSCO

III CONCURSO FOTOGRAFIA XUVENIL 2019

VeraneAres 2019

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


@ dixital
Convocatorias
SEMANA SANTA ARES 2018
25 Marzo 2018

DOMINGO DE RAMOS
As CINCO do serán, sae da Igrexa Parroquial de Ares a imaxe da “ENTRADA TRIUNFAL DE XESÚS EN XERUSALÉN” camiño da praza da Constitución, onde terá lugar a bendición. dos Ramos e as Palmas Ó remate deste acto, terá lugar a procesión da “Entrada Triunfal de Xesús en Xerusalén” polas rúas da vila. Acompaña a dito Paso a imaxe de “SAN XOAN EVANXEÍSTA”. A procesión irá acompañada pola A.M “Virgen de la Amargura” de Ferrol.

A continuación, Santa Misa na Igrexa Parroquial.

LUNS SANTO
Ás SETE do serán, Misa de preparación Pascual para tódolos feligreses na Igrexa Parroquial.

MARTES SANTO
Ás SETE do serán, Santa Misa na Igrexa Parroquial.

Ás NOVE da noite, “Vía-Crucis” polas rúas da vila, coa imaxe do “CRISTO DAS ÁNIMAS”..

MERCORES SANTO
Ás SETE do serán, Santa Misa na Igrexa Parroquial á que se convida a tódolos feligreses.

XOVES SANTO
Ás CINCO do serán, celébrase a Santa Misa en conmemoración da “Derradeira Cea do Señor”, na Igrexa Parroquial. Ó remate da Santa Misa, traslado do Santísimo ó Sagrario.

A continuación sae a procesión da “Santa Cea”. Acompañado ó paso da “SANTA CEA” sairán os pasos de “SAN XOAN EVANXEÍSTA e SAN PEDRO”, “ORACIÓN NA HORTA” e a “VIRXE DAS DORES”.

Ás DEZ da noite, “Sermón das Negacións de San Pedro” no Templo Parroquial. Presiden este acto as imaxes do “Ecce- Homo” e de “San Pedro”. A conclusión do Sermón sae a procesión do “Ecce-Homo”, na que participan os seguintes pasos: “SAN XOAN EVANXEÍSTA”, “SAN PEDRO”, “ECCE HOMO”, “XESÚS PRESENTADO Ó POVO” e a “VIRXE DA SOIDADE”.

Os desfiles prcesionais terán o acompañamento musical da Banda de Música da Asociación Cultural “Xábrega” de Ares

VENRES SANTO
Ás CATRO E MEDIA da madrugada, tradicional marcha do “Pregón”.

Ás SETE da mañán, “Vía-Crucis Penitencial” polas rúas da Vila.

Ás NOVE E MEDIA da mañán, tradicional acto do “Encontro de Xesús coa súa Nai” na Praza da Constitución. Á finalización do acto, ten lugar a procesión de “Xesús Nazareno”, da que forman parte os seguintes paso: “SAN XOAN EVANXEÍSTA”, “VERÓNICA”, “MARÍA MAGDALENA”, “XESÚS NAZARENO” e a “VIRXE DAS DORES”.

Ás DOCE do mediodía, “Solemne Acción Litúrxica e Adoración da Santa Cruz” na Igrexa Parroquial.

Ás CINCO do serán e ante a imaxe de Cristo Crucificado, “Sermón das Sete Palabras”, rematando co tradicional acto do “Descendemento”.

A continuación sae ás rúas a procesión do “Santo Enterro” na que toman parte os seguintes pasos: “SAN XOAN EVANXEÍSTA”, “VERÓNICA”, “CRUZ DA PAIXÓN”, “MARÍA MAGDALENA”, “SANTO SEPULCRO” e a “VIRXE DA SOIDADE”. Os desfiles prcesionais terán o acompañamento musical da Banda de Música da Asociación Cultural “Xábrega” de Ares.

Ás DEZ da noite, sermon da “Soidade de María”, na igrexa paroquial.

Ó remate deste Sermón sae a procesión de “Os Caladiños”, que rememora a volta do Calvario. Nesta procesión saen os seguintes pasos: “SAN XOAN EVANXEÍSTA”, “VERÓNICA”, “MARÍA MAGDALENA”, “CRUZ DA PAIXÓN” e a “VIRXE DA SOIDADE”.

O remate da procesión, na porta do Templo Parroquial e con María mirando ó Povo en acto de Bendición, entónase a “Salve Popular”.

SÁBADO SANTO
Ás NOVE E MEDIA da noite, Solemne “Vixilia Pascual” no Templo Parroquial , coa “Bendición da Auga e do Lume”.

DOMINGO DE RESURRECIÓN
Ás ONCE E MEDIA da mañán sae da Igrexa parroquial de Ares a imaxe de “Xesús Resucitado”.

Á mesma hora, sae da Igrexa de Santa Olaia de Lubre, a imaxe de “Nosa Señora do Rosario” para atoparse co seu Fillo, Triunfante e Glorioso.

Ó remate do Encontro, iníciase a procesión ata a Igrexa de Lubre, onde terá lugar a Santa Misa de campaña co Sermón da Resurrección e a bendición do Pan de Pascua.

- Cofradía de Jesús Nazareno y Soledad de Nuestra Señora -

SE QUERES FACERTE SOCIO OU COLABORAR PORTANDO ALGÚN DOS PASOS, PONTE EN CONTACTO CON NOS TELÉFONOS 669 632 814 //
669 520 480.

COFRADÍA DE JESÚS NAZARENO Y SOLEDAD DE NUESTRA SEÑORA RÚA CONSISTORIO, 14 BAIXO
C.P.- 15624 ARES (A CORUÑA)


PROCESONARIO en pdf


 Ampliar foto
Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares