Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Domingo 24 de xuño de 2018
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesxuño
2018
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
123
45678910
11121314151617
18192021222324
252627282930

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
VERANEARES 2018

ARES DENDE O MAR: RUTAS TURISTICAS EN BARCO

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


@ dixital
Convocatorias
PLAN DE EMPREGO LOCAL (PEL)
27 Febreiro 2018

O Boletín Oficial da Provincia publicou o martes 27 de febreiro, as convocatorias oficiais das axudas do Plan de Emprego Local (PEL) da Deputación da Coruña. A institución provincial distribuirá un total de 4,28 millóns de euros, a través das liñas PEL PEME e PEL EMPRENDE, destinadas a incentivar a contratación en pequenas e medianas empresas e a impulsar as novas iniciativas empresariais da provincia, respectivamente.

Impulso das contratacións e fomento da estabilidade laboral

A liña PEL PEME, dotada con 3,1 millóns de euros, ofrecerá as mesmas axudas que en 2017, para financiar o 75% dos custos salariais das novas contratacións nas empresas da provincia durante 1 ano. Para concorrer a esta liña, as empresas deben ter o seu centro de traballo rexistrado nun concello de menos de 20.000 habitantes da provincia da Coruña.

As contratacións deberán realizarse entre o 1 de xaneiro de 2018 e ata dous meses despois da data de concesión da axuda, que cubrirá os custos salariais e as cotas da Seguridade Social, cun importe que varía entre un mínimo de 13.500 euros e un máximo de 16.500 euros, en función da categoría profesional do traballador ou traballadora a contratar.

Ademais, e como novidade nesta segunda convocatoria, as empresas que xa contrataron a unha persoa ao abeiro do PEL PEME 2017, poderán solicitar tamén unha nova axuda para custear o 50% do salario deste traballador durante un segundo ano.

Estas dúas modalidades de axudas serán compatibles, permitindo ás empresas beneficiarias en 2017 realizar unha nova contratación e manter ás persoas xa empregadas con cargo ás subvencións da Deputación.

As persoas a contratar deberán cumprir unha serie de requisitos, como son estar empadroadas en calquera dos municipios da provincia da Coruña, estar en situación de desemprego no momento da contratación, non ter mantido unha relación laboral temporal coa empresa beneficiaria da subvención dentro dos seis meses anteriores á data de contratación, non ter parentesco coa persoa empregadora e non ostentar cargos de dirección ou ser membros dos órganos de administración das entidades beneficiarias.

Apoio para as novas iniciativas empresariais

A través da liña PEL EMPRENDE, que terá un orzamento total de 1.161.528 euros, a Deputación concederá axudas aos novos emprendedores e emprendedoras da provincia para realizar investimentos e actividades necesarias para o desenvolvemento da súa actividade profesional.

Para concorrer ao PEL EMPRENDE ten que darse a condición de que a empresa teña un máximo de cinco anos de vida.

O importe máximo da axuda a conceder ascende a 20.000 euros, cun orzamento de gasto de ata 25.000 euros, o que supón un financiamento do 80% do investimento realizado polo solicitante. Ademais, se o solicitante ten a súa empresa nun concello de menos de 20.000 habitantes, é unha muller, unha persoa con discapacidade ou en risco de exclusión social, a axuda poderá incrementarse 3.000 euros máis, ata un total de 23.000 euros.

Para recibir a subvención, os investimentos deberán realizarse entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro, e deberán estar directamente relacionados co desenvolvemento da actividade empresarial. Poderán subvencionarse bens inventariables como maquinaria, aplicacións informáticas, mobiliario ou equipos e útiles de traballo.

Outra das novidades dentro deste eixo será que, ademais de bens inventariables, o PEL subvencionará actividades e actuacións que sirvan para desenvolver a empresa e potenciar a súa competitividade, como servizos de consultoría, mercadotecnia e comunicación ou formación. Esta nova liña PEL EMPRENDE – Actividades convocarase oficialmente nos próximos días.

Para a valoración das solicitudes ás axudas tanto do PEL PEME coma do PEL EMPRENDE a Deputación terá en conta criterios obxectivos coma o tipo de empresa, a poboación do municipio onde se sitúa o centro de traballo, a idea de negocio, a competitividade da empresa ou as actuacións levadas a cabo en temas de responsabilidade social empresarial, como medidas de conciliación da vida laboral e familiar dos traballadores, fomento da igualdade de xénero ou inserción de persoas con discapacidade.

O prazo de presentación de solicitudes para concorrer ás subvencións comeza o mércores 28 de febreiro, e finaliza o día 22 de marzo de 2018, ás 14.00 horas. As persoas interesadas poden presentar as súas solicitudes de forma telemática a través do . portal de subvencións da Deputación da Coruña

Para recibir información e axuda para participar en ditas convocatorias poden acudir a AXENCIA DE DESENVOLVEMENTO LOCAL do Concello de Ares (sita na 3ºplanta)




PLAN DE EMPREGO LOCAL en pdf

Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares