Sábado 10 de marzo, ás 16,30h., peirao deportivo, carón do Náutico de Ares
IDEA:
Achegar os principios básicos do deporte de orientación a todas as persoas que
queiran tomar parte na actividade, con independencia da súa idade.
DESENVOLVEMENTO:
Realizada por monitores do Club de Montaña Ferrol, a actividade constará de duas propostas:
Proba de orientación no entorno do casco urbán de Ares e contorna. Con saída e chegada dende o Club Náutico Ría de Ares, para todos: irmáns maiores, pais, nais .... É moi sinxelo e divertido: damosvos un mapa. organizádevos e buscades uns controis pasando por eles e chegando meta no menor tempo posible! (Para, maiores de 11 anos que veiñan solos ou menores que veñan cos seus pais/nais)
Unha actividade de orientación para @s máis pequen@s, no Parque Rosalía de Castro, empregando para elo as árbores e diversos elementos do mobifarío urbán (Para nen@s ata 8 anos acompañados de país/nais, ou nen@s de entre 8 e 11 que veñan solos á actividade)
INSCRICIÓNS ATA ÁS 20H. DO MÉRCORES 7 DE MARZO NO PAVILLÓN DEPORTIVO MUNICIPAL DE ARES OU CON ANTERIORIDADE. A ESA DATA CO TEU PROFE DE EDUCACIÓN FÍSICA NO TEU CENTRO ESCOLAR.
PARA TODAS AS IDADES: NAIS. PAIS, PEQUES, MAIORES ...! VIDE A COÑECER ESTE DEPORTE, CUNHA PROBA DE INICIACIÓN POLO CASCO URBAN DE ARES E CONTORNA.