Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Domingo 22 de Abril de 2018
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesXaneiro
2019
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
28293031

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
DIA DO LIBRO 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


@ dixital
Convocatorias
CONVOCATORIA PARA O PROCESO SELECTIVO CONTRATACION LABORAL DE SEIS AUXILIARES DE POLICIA LOCAL DO CONCELLO DE ARES
02 Xaneiro 2018

BASES ESPECÍFICAS PARA A CONTRATACIÓN, EN RÉXIME LABORAL TEMPORAL DE SEIS AUXILIARES DA POLICIA LOCAL.

PRIMEIRA.- OBXECTO DA CONVOCATORIA,MODALIDADE DE CONTRATACIÓN, DURACIÓN DO CONTRATO E RETRIBUCIÓNS.
1.1.- O obxecto desta convocatoria é a contratación laboral temporal de seis AUXILIARES DA POLICIA LOCAL, a través do procedemento de selección que se sinala nestas bases, de conformidade co disposto no Real Decreto Lexislativo 5/2015, de 30 de outubro, polo que se aproba o Texto refundido da Lei do Estatuto Básico do Empregado Público, a Lei 7/1985, de 2 de abril, o Real Decreto Lexislativo 781/1986, de 18 de abril, a Lei 2/2015, de 29 de abril, de emprego público de Galicia, Lei 4/2007 de coordinación de Policías locais de Galicia, Decreto 243/2008 de 16 de outubro, Orde de 28 de xaneiro de 2009, e demais disposicións de pertinente aplicación.

Correspóndelles desempeñar as funcións propias desta categoría profesional na Policía Local de Ares, tales como a custodia e vixilancia de bens, servizos e instalacións municipais, así como o auxilio e colaboración cos funcionarios do Carpo da Policía Local e demais Forzase Carpos de Seguridade.

1.2..- A modalidade contractual será a de un contrato temporal por acumulación de tarefas, prevista no R.D. 2720/1998, de 18 de decembro {art. 3) e a súa duración será de seis meses, respectando o previsto nas disposicións legais antes indicadas.

1.3.- As retribucións mensuais serán de mil catrocentos vinte e nove euros con sesenta e nove céntimos {1.429,29 €) por tódolos conceptos a reservas do incremento retribrutivo que estableza a lei de orzamentos xerais do Estado 2018 ou norma habilitante.

SEGUNDA.- CONDICIÓNS DOS ASPIRANTES.
Para tomar parte neste proceso selectivo os/as aspirantes deberán reunir os seguintes requisitos referidos todos e cada un á data en que finalice o prazo de presentación de solicitudes:

a) Ter a nacionalidade española ou ser nacional dun Estado membro da Unión Europea ou nacional dalgún Estado ao cal, en virtude dos tratados internacionais celebrados pola Unión Europea e ratificados por España, sexa de aplicación a libre circulación de traballadores nos termos previstos no artigo 57 do Real Decreto Lexislativo 5/2015, de 30 de outubro. Así mesmo poderán participar, en igualdade de condicións ca os españois, os estranxeiros con residencia legal en España.
b) Ter máis de 18 años e non ter cumpridos 58 anos.
c) Estar en posesión da titulación esixible para o acceso como funcionario ao grupo C2 (educación secundaria obrigatoria, graduado escolar ou equivalente), ou en condicións de obtelo na data en que remate o prazo de presentación de instancias, ou outros superiores.
d) Ter unha estatura mínima de 1,65 metros os homes, e 1,60 as mulleres.
e) Posuír a capacidade funcional para o desenvolvemento das tarefas habituais e funcións correspondentes ao pesto de traballo aoque se opta.
f) Non ter sido condenado/a por delito doloso, nin estar inhabilitado/a para o exercicio das funcións públicas, nin separado/a do servizo nas administracións públicas por expediente disciplinario ou resolución xudicial firme. Será aplicable, non obstante, o beneficio de rehabilitación, segundo as normas penais e administrativas, que o aspirante deberá acreditar mediante o correspondente documento oficial.
g) Non incorrer en causa de incompatibilidade ou de incapacidade, conforme á normativa vixente.

TERCEIRA.- PRESENTACION DE INSTANCIAS.
3.1.- As solicitudes para tomar parte neste proceso selectivo faranse mediante instancia dirixida ao Alcalde na que se fará constar que se reúnen todos e cada un dos requisitos establecidos na Base segunda desta convocatoria, referidos sempre ao día en que remate o prazo de presentación de instancias, e o número de teléfono de contacto, a efectos do disposto na Base sétima.

As citadas solicitudes presentaranse no Rexistro xeral do Concello en horas de oficina durante o prazo de dez días, que se iniciará ao día seguinte da publicación do anuncio da convocatoria nun xornal dos de maior difusión da zona. Tamén se publicará no Taboleiro de Anuncios da Casa do Concello e na páxina web do Concello de Ares ("Contratación de Persoal" ).

Así mesmo poderanse presentar na forma que determina o artigo 16 da Lei 39/2015, de 1 de outubro do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas; neste caso, os concursantes deberán comunicalo mediante telegrama ou telefax durante o mesmo prazo que o de presentación de instancias. Se, conforme a este precepto se presentan a través das oficinas de correos, deberá aparecer o selo na propia solicitude. Doutro modo, a data de anotación no Rexistro xeral será a que se teña en conta a tódolos efectos.

3.2.- Necesaria e inexcusablemente xunto coa solicitude para tomar parte neste proceso selectivo os aspirantes deberán achegar a seguinte documentación:
• Xustificante acreditativo de ter ingresado na Tesourería Municipal a cantidade de dez euros (10,00 €) en concepto de dereitos de exame. Este importe poderá facerse efectivo directamente nas arcas municipais ou mediante xiro postal ou telegráfico así como mediante ingreso na seguinte conta na oficina de Ares do Banco Pastor: número ES88 0238 8160 1606 6000 0173, facendo constar os datos persoais do/a aspirante e praza á que opta. A ausencia do abono dos dereitos de exame dentro do prazo de presentación de instancias, determinará a exclusión do/a aspirante e non poderá ser obxecto de subsanación.
• Fotocopia do DNI.
• Fotocopia da titulación esixida na Base 2ª, letra c) desta convocatoria.
• Certificado médico referido ao contido da Base 2ª, letra e), acreditativo de non padecer enfermidade ou defecto físico que impida exercer a función propia a desempeñar. Deberá constar tamén expresamente que o/a aspirante reúne as condicións físicas e sanitarias axeitadas para a realización dos exercicios que se especifican nas probas físicas sinaladas na Base 6ª, apartado 4.

Para que teñan validez neste proceso selectivo, os documentos que se presenten deberán estar expedidos nalgunha das linguas oficiais na Comunidade Autónoma de Galicia (galego ou castelán). No caso de se tratar de documentos expedidos noutras Comunidades Autónomas do Estado Español ou doutros países, para que teñan validez deberán estar redactados na lingua castelá ou traducidos polo organismo competente da respectiva comunidade, ou debidamente validados e apostilados pola correspondente oficina diplomática española ou organismo competente.

3.3.- Coa presentación da instancia para tomar parte no proceso selectivo entenderase que os interesados aceptan e acatan todas e cada unha das Bases desta convocatoria.

CUARTA.- ADMISION DE ASPIRANTES.
4.1.- Rematado o prazo de presentación de instancias, o Alcalde ditará resolución no prazo máximo de tres días naturais declarando aprobada a listaxe provisional de admitidos/as e excluídos/as, con indicación, se é o caso, das causas de exclusión. Esta resolución publicarase no taboleiro de edictos do Concello e será determinante para os efectos de posibles impugnacións e recursos, de conformidade co previsto na lei. Así mesmo, e sempre que sexa posible, a citada resolución publicarase,a título informativo e complementario, na páxina web municipal.

Os/as aspirantes excluídos/as, dispoñen dun prazo de tres días, seguintes aos da publicación da antedita resolución, para presentar as reclamacións oportunas ou emendas de defectos, nos termos do art. 68 da Lei 39/2015, de 1 de outubro do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.

4.2.- Posteriormente, o Alcalde declarará aprobada a listaxe definitiva de admitidos/as e excluídos/as, que se publicará no taboleiro de edictos do Concello. Na mesma resolución o Alcalde determinará o lugar, data e hora da celebración do primeiro exercicio, así como a composición do Órgano de selección. Sempre que sexa posible, a citada resolución publicarase, a título informativo e complementario, na web municipal.

4.3.- De non existir aspirantes excluídos/as, o Alcalde elevará a definitiva a listaxe provisional na mesma resolución de aprobación.

4.4.- A presentación de reclamacións, no seu caso, non suspenderá o proceso selectivo, salvo que así o acorde a Alcaldía.

QUINTA.-TRIBUNAL CUALIFICADOR
O tribunal cualificador será designado por Decreto ou Resolución da Alcaldía, no momento de aprobación das listas definitivas de admitidos/as e excluídos/as, e a súa formación seguirá os criterios do artigo 60 do Real Decreto Lexislativo 5/2015, de 30 de outubro do Texto Refundido da Lei do Estatuto Básico do Empregado Público. Estará formado do seguinte xeito:

• Presidente: un/unha traballador/a da Administración pública, sexa funcionario/a ou persoal laboral fixo.
• Vogais: tres traballadores/as da Administración pública, sexan laborais fixos/as ou funcionarios/as.
• Secretario/a: o da Corporación ou persoa en quen delegue. Actuará con voz e voto.

Todos/as os/as compoñentes deberán contar con titulación académica ou especialización profesional igual ou superior á esixida para o acceso ás prazas.

O tribunal non poderá constituírse nin actuar sen a asistencia de máis da metade dos membros (titulares ou suplentes, indistintamente). En todo caso, será precisa a asistencia do presidente e do secretario.

O tribunal poderá dispoñer a incorporación de asesores/as especialistas para as probas que considere pertinentes, que se limitarán ao exercicio das súas especialidades técnicas en base exclusivamente ás cales colaborarán co órgano de selección.

O tribunal queda facultado para resolver as dúbidas que se presenten e tomar os acordes necesarios para a boa arde do proceso selectivo en todo o non previsto nestas Bases.

Os membros dos tribunais deberán absterse de formar parte de estes cando concorran as circunstancias previstas no artigo 23 da Lei 40/2015, de 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público, notificándoo á autoridade convocante.

Os/as aspirantes poderán recusalos de acorde co artigo 24 da mencionada Lei 40/2015 de 1 de outubro de réxime xurídico do sector público.

Para os efectos de percepción de asistencias polos membros concorrentes ás sesións dos tribunais, estes estarán clasificados nas categorías que establece o número 1 do artigo 30 do Decreto 462/2002, do 24 de maio, sobre indemnizacións por razón do servizo.

SEXTA.- CONTIDO DO PROCESO SELECTIVO, FORMA DE DESENVOLVEMENTO E SISTEMA DE CUALIFICACIÓN.
6.1.- Sistema de provisión: Oposición .

6.2.- Desenvolvemento das probas e programas.
A data e mais a hora na que deberá constituírse cada tribunal, así como as do comezo do primeiro exercicio das probas selectivas convocadas serán determinados polo Alcalde mediante resolución, xuntamente coa aprobación da lista definitiva de admitidos e a composición do tribunal, que se publicará no taboleiro de anuncios do Concello.
Unha vez comezadas as probas selectivas será suficiente coa exposición nos locais onde se celebren estas e no taboleiro de anuncios do Concello. Así mesmo, e sempre que sexa posible, poderá publicarse, a título informativo e complementario, na web municipal.

Cando o tribunal o considere conveniente, poderá acordar a celebración de varios exercicios nunha mesma xornada coa conformidade dos aspirantes, concedéndolles aos/ás opositores/as un descanso mínimo de trinta minutos entre a celebración de cada un deles, ou na xornada seguinte, deixando transcorrer neste caso un prazo mínimo de 12 horas.
Os/as aspirantes serán convocados para cada exercicio en chamamento único, quedando decaídos no seu dereito os opositores que non comparezan a realizalo, salvo casos de forza maior debidamente xustificados e apreciados discrecionalmente polo tribunal.

Os aspirantes deberán presentarse para realizaren cada exerc1c10 provistos do DNI ou documento fidedigno acreditativo da súa personalidade a xuízo do tribunal, e tamén dos medios materiais adecuados que sexan necesarios para a práctica daqueles.
Comezada a práctica dos exercicios, os tribunais poderán requirirlles en calquera momento aos/ás concursantes que acrediten a súa identidade.

Se durante o desenvolvemento do proceso selectivo chegase a coñecemento do tribunal que algún dos aspirantes carece de calquera dos requisitos esixidos na convocatoria, será excluído, previa audiencia do interesado, comunicándollo no mesmo día á autoridade que convocara o proceso selectivo.

A orde de actuación dos/as aspirantes naqueles exercicios que non poidan celebrarse conxuntamente iniciarase alfabeticamente de acordo co último sorteo efectuado e publicado pola Xunta de Galicia.

Concluído cada un dos exercicios da oposición corresponaente, o tribunal fará pública, no taboleiro de anuncios do Concello, a relación de aspirantes que o superasen, indicando a puntuación obtida. Os opositores non incluídos na lista terán a consideración de "non aptos". Así mesmo, e sempre que sexa posible, poderá publicarase, a título informativo e complementario, na web municipal.

A selección dos aspirantes realizarase mediante o sistema oposición libre que se desenvolverá como segue:

6.3.- FASE DE OPOSICIÓN.
Consistirá na realización das seguintes probas:

6.3.1.- Comprobación da estatura e probas de aptitude física.

6.3.1.A.- Comprobación da estatura.
Antes de comezar a realización do primeiro exercicio (probas físicas) efectuarase o control da estatura dos/as aspirantes, quedando eliminados/as os/as que non acaden a estatura mínima de 1,65 metros para os homes e 1,60 metros para as mulleres.

6.3.1.B.- Probas físicas.
As probas físicas cualificaranse de apto/non apto. Para obter a cualificación de apto os aspirantes deberán acadar as marcas mínimas ou non superar as máximas que se establecen para cada proba.

6.3.1.B.1- Potencia tren inferior: salto vertical.
Realizarase nun ximnasio ou lugar semellante con chan horizontal e cunha parede vertical e lisa.

O aspirante colocarase en posición de partida, en pé, de lado xunto a unha parede vertical, cun brazo totalmente estendido cara a arriba e sen levantar os calcañares do chan, e marcará cos dedos a altura que alcanza nesa posición. O exercicio executarase, separándose 20 centímetros da parede e saltando tan alto como poida, marcando novamente cos dedos o nivel alcanzado.

Para a correcta realización da proba deberanse observar as seguintes regras:
• Pódense mover os brazos e flexionar o tronco e os xeonllos, pero non se pode separar do chan ningunha parte dos pés antes de saltar.
• Hai que realizar o salto cos dous pés ao mesmo tempo.
• Permítense dous intentos, só aos aspirantes que fagan "nulo" no primeiro.

A distancia entre a marca feita desde a posición de partida e a acadada co salto deberá ser igual ou superior á mínima (en centímetros) establecida no seguinte cadro para cada sexo e grupo de idade.

6.3.1.B.2.- Resistencia xeral: carreira de 1.000 metros lisos.
Realizarase en pista de atletismo ou en calquera zona totalmente chaira de terreo.
O/a aspirante colocarase na pista no lugar indicado. A posición de saída realizarase en pé. Só se permite un intento.

O/a aspirante que abandone a carreira quedará excluído.
A proba consistirá en correr a distancia de 1.000 metros no tempo máximo (en minutos e segundos) que se recolle na seguinte táboa para cada sexo e grupo de idade:

6.3.2.- Proba de coñecementos.
A proba de avaliación dos coñecementos dos/as aspirantes deberá amosar o dominio dos contidos do temario que se inclúe no anexo.

Consistirá na contestación por escrito dun cuestionario de 50 preguntas tipo test, con 4 alternativas de resposta cada unha, que serán propostas polo tribunal. Os/as aspirantes disporán dun tempo máximo dunha hora para a súa realización.

A proba cualificarase polo tribunal de cero a dez puntos, sendo preciso acadar cinco puntos como mínimo, para non quedar eliminado/a. A cualificación farase atendendo a seguinte fórmula: N= (A-F/3)/5.

Sendo N= nota final da proba; A= preguntas acertadas; F= preguntas erradas ou non respostadas.

6.3.3.- Proba específica sobre coñecemento do termo municipal e da toponimia local.
O órgano de selección someterá aos/ás aspirantes a unha proba para determinar o seu nivel de coñecemento sobre as características propias do concello e a toponimia local.

Consistirá en localizar sobre plano rúas e lugares do municipio, edificios e establecementos públicos de interese xeral ou turístico, así como praias e lugares do Concello, que figuren na lista facilitada polo Tribunal inmediatamente antes de comezar o exercicio, ou ben contestar a cuestións sobre coñecemento do territorio municipal, actividades e usos dos diferentes edificios públicos, etc. Os/as aspirantes disporán dun tempo máximo de unha hora minutos para a súa realización.

Cualificarase de cero a tres puntos, sendo necesario acadar como mínimo unha puntuación de un con cinco puntos para superala.

6.3.4.- Proba de avaliación do coñecemento da lingua galega, só para aqueles aspirantes que non puidesen acreditalo documentalmente.

Esta proba estará dirixida á comprobación, por parte do tribunal, de que os/as aspirantes comprenden, falan e escriben correctamente o galego. Será de carácter obrigatorio e eliminatorio e cualificarase como apto/non apto.

Consistirá na tradución directa e/ou inversa dun ou varios textos, en castelán ou galego, facilitados polo Tribunal, nun tempo máximo de 30 minutos.

Sen embargo, as persoas aspirantes que acrediten o coñecemento da lingua galega, con carácter previo e de maneira normativamente establecida (mediante a presentación, xunto coa solicitude, do certificado de perfeccionamento na lingua galega ou CELGA 3, expedido por organismo oficial para o efecto, ou "título acreditativo expedido por entidade académica a tal fin), quedarán exentas da súa realización e daráselles por superada esta proba coa cualificación de apto/a.

SÉTIMA.- CUALIFICACIÓN FINAL, RELACIÓN DE APROBADOS.
7.1.- A cualificación definitiva do proceso selectivo será o resultado da suma das puntuacións outorgadas polo tribunal en cada un dos exercicios que compoñen a fase de oposición. A puntuación final dos aspirantes que superen este proceso selectivo será o resultado da suma das puntuacións obtidas na proba de avaliación de coñecementos referida ao temario e da proba de coñecemento do termo municipal e da toponimia local.Establecida a puntuación final de cada aspirante, elaborarase unha listaxe destes/as baseándose na súa puntuación e por orde decrecente, resultando aprobados/as os/as que, tendo en conta o número de prazas, obtivesen as notas máis altas. No suposto de empate nas puntuacións de dous ou máis aspirantes, estas resolveranse pola puntuación obtida no primeiro exercicio e, se iso non fose suficiente, pola puntuación obtida nos sucesivos exercicios ata que se resolva o mesmo. De persistir o empate o tribunal poderá propoñer a realización, por parte dos aspirantes que teñan a mesma puntuación, dun novo exercicio cuxo contido e xeito de puntuación será similar ao dos previstos nas probas segunda e/ou terceira da fase de oposición, ou a realización dun suposto práctico sinxelo sobre situacións propias do posto de traballo.

No suposto de que os/as seleccionados/as non presenten a documentación requirida ou ben renuncien ao posto obtido, a proposta de contratación efectuarase ao seguinte da lista de puntuación obtida. Dos catro aspirantes declarados que superaron as probas, os dous de maior puntuación á vista das quendas previstas do servizo, serán os primeiros en formalizar o respectivo contrato administrativo, quedando os seguíntes dous aspirantes para o segundo turno de contratación nos termos da proposta remitida polo Concello á Dirección Xeral de Emerxencias e Interior e sempre dentro do ano natural.

7.2.- Na acta da última sesión, incluirase unha relación dos aspirantes que tendo superados tódolos os exercicios da oposición, non foran incluídos na proposta de contratación, a efectos de poder, se así se considera, ser contratados eventualmente para cubrir provisionalmente as baixas que se produzan por renuncia ou ILT no seu caso do/a anteriormente seleccionado/a.

7.3.- Para poder exercer as funcións de auxiliar de policía local será requisito indispensable haber superado o correspondiente curso de formación organizado pola Academia Gallega de Seguridade Pública.

OITAVA.-
8.1.- Presentación de documentos: Unha vez que o/a aspirante chamado/a compareza e acredite que reúne todos e cada un dos requisitos esixidos nas presentes Bases, mediante resolución da Alcaldía procederase á súa contratación para o desempeño do pesto de traballo correspondente.

Disporán dun prazo de tres días desde que sexan chamados para presentaren na Secretaría Xeraf do Concello os documentos que acrediten o cumprimento dos requisitos esixidos na Base 2 desta convocatoria, sempre que non foran xa aportados no momento de presentación das instancias.

Se dentro do prazo indicado, salvo casos de forza maior debidamente xustificados e apreciados libremente polo órgano convocante, os/as candidatos/as propostos/as non aportaran a documentación requirida ou non acreditaran reunir os requisitos esixidos, non se procederá á súa contratación, quedando anuladas todas as actuacións con respecto deles/as, sen prexuízo das responsabilidades en que puideran ter incorrido por falsidade na instancia ou na documentación presentada para tomar parte no proceso selectivo.

8.2.- Formalización do contrato: Unha vez presentada a documentación, o órgano competente da Corporación procederá á contratación a favor dos/as aspirantes propostos/as, e será nula a contratación de quen estea incurso en causas de incapacidade específica conforme á normativa vixente.

A formalización dos contratos farase dentro do prazo de cinco días naturais, a contar desde a data de notificación do acordo de contratación.

Previamente á sinatura do contrato, os/as aspirantes deberán subscribir a declaración sobre incompatibilidades á que se refire o artigo 13.1do real Decreto 58/1985, de 30 de abril.
Mentres non se formalicen os respectivos contratos e non se incorporen ao posto de traballo, os/as aspirantes non terán dereito a percepción económica de ningunha clase.
As persoas contratadas estarán obrigadas a prestar a súa xornada de traballo na medida e formas requiridas polo interese e particularidades do servizo, sempre se acorde coa lexislación aplicable, sendo a xornada de 37,5 horas de promedio en cómputo semanal. Quedarán sometidas a un período de proba co alcance previsto no artigo 14 do Estatuto dos Traballadores, estando suxeitas á lexislación laboral pertinente.

NOVENA.- Publicidade do proceso selectivo
A publicidade dos distintos actos derivados deste proceso selectivo, así como as comunicacións a que dese lugar, realizaranse mediante publicación no taboleiro de edictos deste Concello.

Coa finalidade de facilitar o acceso á información dos aspirantes, e sempre con carácter complementario, tanto as convocatorias e bases como os sucesivos anuncios relativos ao proceso selectivo, poderán ser obxecto de publicación na web municipal, unha vez feita a publicación no taboleiro de anuncios do Concello. Estas publicacións na web non terán validez a efectos de cómputo de prazos e a información de carácter persoal contida nas mesmas será posible baixo a consideración de que os aspirantes, coa sinatura da instancia solicitando participar no proceso selectivo, se someten e aceptan todo o clausulado
establecido na presente convocatoria e bases reguladoras. Os restantes usos dos datos persoais contados nas solicitudes será de carácter interno e uso restrinxido.

DÉCIMA.- Protección datos de carácter persoal:
De conformidade co disposto na Lei Orgánica 15/199, de 13 de decembro, de Protección de datos de carácter persoal, infórmase de que os datos persoais serán incorporados a un ficheiro de titularidade do Concello de Ares, autorizando ao tratamento dos mesmos para a súa utilización en relación co desenvolvemento do proceso selectivo. Poderanse exercitar os dereitos de acceso, rectificación ou cancelación dos mesmos enviando unha solicitude por escrito, acompañada de fotocopia de DNI, dirixida ao Concello de Ares, Avda. Saavedra Meneses, 12 - 15624 -Ares.

UNDÉCIMA.- Normas finais.
11.1.- Para todo o non previsto nestas bases, ou naquilo que as contradigan, será de aplicación supletorio o establecido na Lei reguladora das bases de réxime local, na Lei de Administración local de Galicia, Real Decreto 896/1991, Real Decreto 364/1995, e demais lexislación vixente que sexa de aplicación.
11.2.- Agás a convocatoria, que se publicará segundo se establece na base 3!, os sucesivos actos e comunicacións que se deriven da celebración deste proceso selectivo faranse públicos, exclusivamente, a través do taboleiro de anuncios da Casa do Concello.
11.3.- Tódolos actos administrativos derivados desta convocatoria, así como da actuación do Tribunal, poderán ser impugnados polos/as interesados/as nos casos e na forma establecidos pola Lei 39/2015, de 1 de outubro do procedemento administrativo común das administracións públicas e normas vixentes concordantes.
A presentación de reclamacións non suspenderá a continuación do proceso selectivo, salvo que así o decida o órgano convocante deste.
11.4.- Contra as presentes bases e a resolución que as aproba, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso contencioso - administrativo ante o Xulgado Contencioso -Administrativo, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da publicación da convocatoria.
Con carácter potestativo e previo, poderá interpor recurso de reposición ante o mesmo órgano que adoptou o acorde de aprobación, no prazo dun mes (contado desde ao día seguinte ao da publicación da convocatoria). Neste caso non se poderá interpoñer o recurso contencioso - administrativo ata que se resolva expresamente ou se produza a desestimación presunta do recursos de reposición interposto. Neste último suposto, o prazo para a interposición do recurso contencioso - administrativo será de seis meses contado desde o día seguinte a aquel no que se produza a desestimación presunta do recurso de reposición interposto.
Todo iso sen prexuízo do que poida exercitar calquera outro que considere procedente.

ANEXO: TEMARIO
1. O municipio. Concepto e elementos. Competencias municipais. A organización e funcionamento do municipio. O pleno. O alcalde. A xunta de goberno local. Outros órganos municipais.
2. Ordenanzas, regulamentos e bandos. Clases e procedemento de elaboración e aprobación.
3. A licenza municipal. Tipos. Actividades sometidas a licenza. Tramitación.
4. Lei de Coordinación das Policías Locais de Galicia e normas de desenvolvemento. Réxime disciplinario: Disposicións xerais e faltas disciplinarias.
5. A actividade da Policía Local como policía administrativa 1: Consumo. Abastos. Mercados. Venda ambulante. Espectáculos e establecementos públicos.
6. A actividade da Policía Local como policía administrativa 11: Urbanismo. lnfraccións e sancións. A protección ambiental: prevención e calidade ambiental, residuos e disciplina ambiental.
7. Delitos e faltas. Circunstancias modificativas da responsabilidade criminal. Persoas responsables: autores e cómplices.
8. Delitos contra a seguranza viaria. Faltas cometidas con ocasión da circulación de vehículos a motor. Lesións e danos imprudentes.
9. Lei de seguranza Viaria. Regulamentos de desenvolvemento. Estrutura e conceptos xerais.
10. Normas xerais de circulación: Lugar na vía, Velocidade, Prioridade de paso, Camb ios de direcció n e sentido . Adiantamentos. Parada e estacionamento.Vehículos e transportes especiais. Cinto e casco d e seguranza.
11. Circulación por zonas peonís . Comportamento en caso de emerxencia. Sin ais de circula ción. Clasificación e orde de prioridade. Carencia do seguro obrigatorio.
12. A policía como servizo público. A policía local como policía de proximidade e de servizo. O auxiliar de policía e as súas funcións. Responsabilidades do auxiliar de policía.

Ares, 29 de decembro 2017


BASES en pdf
INSTANCIA en pdf

Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares