Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Venres 20 de xullo de 2018
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesFebreiro
2018
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
III ROCK IN ARES 2018

ARES INDIANO 2018

X FESTA DA XIBA EN ARES

VERANEARES 2018

ARES DENDE O MAR: RUTAS TURISTICAS EN BARCO

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


@ dixital
Convocatorias
PROCEDEMENTO PARA A AVALIACIÓN E ACREDITACIÓN DAS COMPETENCIAS PROFESIONAIS ADQUIRIDAS POLAS PERSOAS A TRAVÉS DA EXPERIENCIA LABORAL
28 Decembro 2017

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA

Obxecto e ámbito de aplicación: procedemento para a avaliación e acreditación das competencias profesionais adquiridas polas persoas a través da experiencia laboral ou de vías non formais de formación, nas seguintes cualificacións profesionais:

- Atención sociosanitaria a persoas no domicilio (SSC089_2)
- Atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais (SSC320_2)
- Servizos para o control de pragas (SEA028_2)
- Xestión de servizos para o control de organismos nocivos (SEA251_3)
- Socorrismo en espazos acuáticos naturais (AFD340_2)
- Socorrismo en instalacións acuáticas (AFD096_2)
- Extinción de incendios e salvamento (SEA129_2)
- Tanatopraxia (SAN491_3)
- Operacións de vixilancia e extinción de incendios forestais e apoio a continxencias no medio natural e rural (SEA595_2)
-Confección e mantemento de artes e aparellos (MAP005_2)

Unidades de competencia convocadas: No anexo I recóllese a relación de unidades de competencia das cualificacións profesionais convocadas, con indicación dos títulos de formación profesional e/ou certificados de profesionalidade en que se inclúen e do número prazas convocadas en cada unidade de competencia.

Sedes do procedemento: Os lugares que serán sede do procedemento son os establecidos no anexo II. A fase de asesoramento, así como a fase de avaliación, poderán desenvolverse noutros centros de traballo ou noutras instalacións distintas das que figuran neste anexo II, o que se lles comunicará ás persoas candidatas coa suficiente antelación.

Requisitos de participación no procedemento:

1. As persoas que desexen participar no procedemento deberán cumprir, os seguintes requisitos:
a) Posuír a nacionalidade española; atoparse incluído, como residente comunitario ou familiar deste, no ámbito de aplicación do Real decreto 240/2007, do 16 de febreiro, sobre entrada, libre circulación e residencia en España de cidadáns da UE, ou ser titular dunha autorización de residencia en España en vigor.
b) Ter 20 anos feitos no momento de realizar a inscrición.
c) Ter experiencia laboral e/ou formación non formal relacionada coas competencias profesionais que se queren acreditar:
1º. No caso de experiencia laboral: para as unidades de competencia das cualificacións de nivel 2 e 3, xustificar polo menos 3 anos, cun mínimo de 2.000 horas traballadas en total nos últimos 10 anos transcorridos antes de que se realice a convocatoria.
2º. No caso de formación non formal: para as unidades de competencia das cualifica¬cións de nivel 2 e 3, xustificar polo menos 300 horas nos últimos 10 anos transcorridos antes de que se realice a convocatoria. Naqueles módulos formativos asociados á unidade de competencia que se pretende acreditar que consideren unha duración inferior, deberán acreditarse as horas establecidas nestes.
d) Non estar matriculado nun curso de formación profesional inicial, ordinario ou modu¬lar, ou non estar, no momento da inscrición, realizando formación profesional para o empre¬go, conducente á acreditación das unidades de competencia que solicita.
e) Non posuír ou estar en condicións de obter un título de formación profesional ou un certificado de profesionalidade que conteña a/as unidade/s de competencia que solicita, nin os seus equivalentes ou a acreditación parcial da/das unidade/s de competencia que solicita.
f) Non estar inscrito noutro procedemento de recoñecemento da experiencia profesional ou nas probas libres para a obtención do título de formación profesional, levado a cabo por calquera Administración ou organismo público, conducente á acreditación das mesmas unidades de competencia que solicita.

2. As persoas candidatas, maiores de 25 anos, que reúnan os requisitos de experiencia laboral ou de formación indicados no punto anterior, e que non os poidan xustificar median¬te os documentos sinalados no artigo 8 desta orde, poderán solicitar a súa inscrición provi¬sional no procedemento. Deberán presentar xustificación mediante algunha proba admitida en dereito da súa experiencia laboral e/ou aprendizaxe non formal de formación.
Segundo o establecido no artigo 11.2 do Real decreto 1224/2009, do 17 de xullo, para estudar estes casos, a Dirección Xeral de Orientación e Promoción Laboral designará os asesores e asesoras necesarios, que emitirán un informe sobre a procedencia ou non da participación da persoa candidata no procedemento. Se o informe é positivo, procederase á súa inscrición definitiva.

Prazo de solicitude: Dende o 28/12/2017 ata o 26/01/2018.

Para una maior información consultar a Orde da convocatoria (orde do 18 de decembro de 2017 publicada no D.O.G nº 244 do 27 de decembro de 2017) ou acudir a Axencia de Desenvolvemento Local do Concello de Ares.


BASES en pdf

Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares