A Dirección Xeral de Orientación e Promoción Laboral da Consellería de Economía, Emprego e Industria, da Xunta de Galicia, ven de conceder para a anualidade 2017-2018 un novo programa integrado para o emprego
Este novo proxecto terá unha duración de 12 meses con inicio previsto en neste mes de decembro.
Este programa denominado “ARTABRIA EMPREGA IV”, cun ámbito de actuación nos Concellos de Cabanas, Fene, Mugardos, Neda, Pontedeume e Ares, comprende un completo conxunto de accións dirixidas á mellora da empregabilidade e á inserción no mercado laboral das persoas participantes. Entre outras desenvolveranse accións de:
• Información, orientación e asesoramento.
• Formación transversal en novas tecnoloxías e/ou idiomas.
• Formación para o emprego.
• Técnicas de coaching, intelixencia emocional e técnicas de motivación para a busca de emprego, tanto por conta propia como allea.
• Habilidades sociolaborais e obradoiros de entrevista.
• Fomento da capacidade emprendedora.
• Prospección empresarial.
• Emparellamento de ofertas de traballo coas persoas demandantes de emprego participantes.
• Prácticas profesionais non laborais en empresas.
• Talleres sobre mobilidade laboral que proporcionen información dos recursos disponibles de mobilidade transnacional no territorio da Unión Europea (rede Eures), así como outros que informen os usuarios das posibilidades de inserción laboral ao ampliar o ámbito xeográfico de busca de emprego fora do concello de residencia.
O programa diríxese a un total de 85 PERSOAS desempregadas inscritas como demandantes de emprego no Servizo Público de Emprego, agrupadas nalgún dos seguintes colectivos prioritarios:
• Persoas desempregadas con discapacidade
• Persoas desempregadas en risco de exclusión social
• Menores de 30 anos de baixa cualificación
• Mulleres desempregadas
Inscricións
Todas as persoas interesadas, pertencentes a calquera dos colectivos sinalados, que teñan a súa demanda de emprego no Concello, poden solicitar a participación neste programa no Servizo Público de Emprego de Galicia e no Concello.