NOVOS RETOS NA IGUALDADE
24 DE NOVEMBRO 2017
XORNADA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO
CONCELLERÍA DE IGUALDADE
ALIANZA ARESANA
XORNADA NOVOS RETOS NA IGUALDADE
Con motivo da celebración do 25 de novembro, “Día Internacional para a Eliminación da Violencia de Xénero”, o Concello de Ares, dende o Centro de Información á Muller, celebra unha xornada baixo o lema Novos Retos na Igualdade, que se desenvolverá o vindeiro 24 de novembro nas Escolas da Alianza.
Esta xornada contará, cun amplo programa de ponencias a cargo de expertos que permitirán abordar a temática dende diferentes perspectivas e afondar na búsqueda de mecanismos para rachar con todas as formas de violencia contra as mulleres, buscando a reflexión crítica dende unha temática que atinxe aos novos retos na igualdade.
Conscientes da importancia deste tipo de iniciativas como ferramenta de educación e concienciación, e do papel fundamental das administracións públicas no seu pulo, esperamos poder chegar aos profesionais do eido, así como á cidadanía interesada en participar nesta xornada.
Participación nas xornadas.
Aforo libre.
Certificarase a asistencia a aquelas persoas que o soliciten ao rematar a xornada.
A xornada é aberta ao público en xeral e a participación é gratuíta.
Agradecemos que se confirme a asistencia para estimar o aforo no correo:
cim@concellodeares.com
Lugar de celebración: Escolas da Alianza Aresana.
XORNADA NOVOS RETOS NA IGUALDADE
INAUGURACIÓN XORNADA.
9:30-10:00
D. Julio Ignacio Iglesias Redondo
Alcalde-Presidente do Concello de Ares.
Dna. María Victoria Montenegro Paz
Concelleira de Muller e Servicios Sociais.
Mesa 1
10:00-11:30
CUSTODIA COMPARTIDA A EXAME.
Dna. Belén Trigo García
Profesora Titular Dereito Civil(USC).
Dna. Elvira Miramontes
Avogada especialista en igualdade.
Dna. Francisca Fariña Rivera
Catedrática de Psicoloxía Básica e Psicoloxía Xurídica do menor. Universidade de Vigo.
En representación da Asociación de Pais e Nais separados.
MODERADORA:
Dna. Lucía Regueira Martínez
Educadora Familiar do Concello de Ares.
PAUSA CAFÉ: 11:30-12:00 h
MESA 2
12:00-13:30 h
ACOSO CIBERNÉTICO.
D. Fernando Villar Santos
Guardia Civil. Formador do Plan Director.
D. José Antonio Franco Rivera
Cabo 1º Guardia Civil. Formador do Plan Director.
MODERADOR:
D. José Luis Castro Feijóo
Director CIM de Ares.
MESA 3
16:00-17:30 h
MATERNIDADE SUBROGADA.
Dna. Paloma Rodríguez Vázquez
Psicóloga. Especialista en Igualdade.
D. Juan Luis Pía Iglesias
Maxistrado do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.
Dna. Andrea Rodríguez
Psicóloga Perinatal.
MODERADORA:
Dna. Beatriz Sestayo Doce
Avogada CIM de Ares.
TALLER DEFENSA PERSOAL.
18:00-19:30 h
Xosé Lois Brage Rodríguez
Graduado en Ciencias Policiais e da Seguridade Pública.
ORGANIZAN:
CENTRO DE INFORMACIÓN ÁS MULLERES.
CONCELLO DE ARES.
COLABORAN:
UNIÓN EUROPEA-FONDO SOCIAL EUROPEO.
DEPUTACIÓN DA CORUÑA.
XUNTA DE GALICIA. VICEPRESIDENCIA E CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA.
ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA. SECRETARÍA XERAL DA IGUALDADE.