O obxectivo deste concurso é convidar á xuventude a mirar na súa contorna aresá coma contexto onde recoñecer a súa herdanza, a través das imaxes , despertando a capacidade de observar todo o que lles rodea e recoñecerse en pequenas historias e/ou paisaxes que dean conta do seu vencellamento cunha memoria colectiva deste pobo. En concreto, invitamos a fotografar espazos, lugares, obxectos, actos e situacións da súa contorna que consideren parte da súa identidade.
Quen pode participar?
Pode participar xente nova de 8 a 18 anos empadroada en Ares.
Cales son as categorías?
CATEGORÍA A: de 8 a 13 anos
CATEGORÍA B: de 14 a 18 anos
Prazo e lugar de entrega:
A recepción das obras participantes faranse a través do correo electrónico: concursofotografia@concellodeares.com dende o luns 16 de outubro ata o luns 6 de novembro ás 19:30h (ambos inclusive)
Como participar?
Poderase enviar un máximo de dúas fotografías por participante e achegar os seguintes datos no correo electrónico que se remita:
• ASUNTO: I Concurso de fotografía xuvenil Concello de Ares.
• AUTOR E OBRAS: Formularios de solicitude de participación (1) e de identificación das fotografías (2) cubertos, asinados e escaneados. Poderá descargar os formularios da páxina web do concello www.concellodeares.com.
• No caso de que nas fotografías presentadas aparezan terceiras persoas deberá achegar escaneda tamén a autorización de imaxe asinada por elas.
Características das fotografías
• Tódalas fotografías deben conter os datos solicitados no parágrafo anterior.
• Só serán aceptadas as fotografías en formato dixital e non estará permitido editalas ou melloralas.
• As fotografías deben de ter entre 6 e 12 Megapixels en formato JPEG ou JPG.
• As fotografías non poden conter imaxes violentas, degradantes ou ataques directos a individuos ou organizacións. Calquera fotografía considerada ofensiva será descalificada.
• As fotografías non deben infrinxir os dereitos de terceiros.
• As fotografías deberán ser orixinais, non publicadas con anterioridade, así coma non ter sido presentadas noutros concursos.
Resolución dos gañadores e premio:
• O xurado, designado pola Concellaría de Cultura, avaliará as fotografías recibidas en base a: o adecuado seguimento das bases, a c reatividade e a orixinalidade da obra.
• Elixiranse un total de 6 fotos (tres de cada categoría). As fotografías gañadoras pasarán a formar parte do calendario do Concello para o ano 2018 que se reparte por todo o municipio, identificando aos autores daquelas.
Condicións xerais:
• Os participantes do concurso deberán enviar as súas fotos con toda a documentación requirida, en caso contrario non serán admitidos.
• No momento de enviar as fotos, os participantes conceden de xeito gratuíto, o dereito de usar as fotos de calquera xeito e en calquera medio, incluíndo o dereito sen limitación, de publicar, distribuír, modificar, adaptar e amosar publicamente dito contido.
• O Concello de Ares, non asume ningunha responsabilidade por calquera retraso ou perda no envío das fotos.
• OS participantes aceptan estas bases co mero feito das presentación dos seus traballos.
ORGANIZA:
CONCELLARÍA DE CULTURA e OMIX ARES
COLABORA: CPI AS MIRANDAS
Información e dúbidas na OMIX (Edificio Alianza Aresana- Rúa María Nº11 Ares)
Ou no Tlf: 981448057
E-mail: concursofotografia@concellodeares.com