Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Sábado 19 de Octubre de 2019
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesOctubre
2019
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
28293031

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
III CONCURSO FOTOGRAFIA XUVENIL 2019

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


@ dixital
Convocatorias
ALFOMBRAS FLORAIS ARES 2017
18 xuño 2017

PRESENTACIÓN
Dende o ano 1986 o Concello de Ares consolídase como unha das localidades do norte galego que con máis entusiasmo popular celebra la festividade do Corpus Christi alfombrado con flores varias rúas da localidade.

No Domingo seguinte ao xoves de Corpus en Ares faise bo o dito:Tres xoves hai no ano que relucen máis que o sol : Xoves Santo, Corpus Christi e o día de Ascensión.

Todo comenzou un 2 de xuño de 1983 cando algún vecinos colocan na rúa, diante das portas das súas casas, unha mesiña cun xarro de flores enrriba dun pequeño pasillo de espadaña, onde faría parada a procesión relixiosa.

Ao ano seguinte manteñen eses detalles e incorporan nunha das rúas un gran Escudo de Galicia feito con flores e algo máis elaborado.

Chegado 1985 xa se confecciona upequeno tramo de alfombra floral entre dúas casas da mesma rúa con debuxos e cenefas, sendo ao ano seguinte cando comeza a cubrirse con este arte efémero toda a lonxitude actual.En 1992 a organización toma carácter oficial coa creación da Asociación Alfombra Floral de Areres, subdividida en sete tramos que traducen a 6 no 1 997 ao unificarse dous existentes.

A superficie cuberta é de 1.000 m de longo por 3 m de ancho á que hai que engadir os motivos que cubren varias das prazas do percorrido.

Calcúlase que cada ano utilízanse ao rededor de 15 toneladas de verde e flor.Dende 2011 está declarada Festa de Interese Turístico de Galicia

CORPUS CHRISTI
O Corpus Christi ( Corpo de Cristo ) é unha festa católica destinada a celebrar o xoves, 60 días despois do Domingo de Resurreción, a Solemnidade do corpo e sangue de Jesucristo no momento da Eucaristía.

Malia iso, en moitos lugares, entre os que se atopa Ares, esta festa conmemórase o domingo seguinte.

PANGE LINGUA é un himno eucarístico escrito por Santo Tomás de Aquino (1225 – 1274 ) para a festividade do Corpus Christi.

Este himno tamén se canta o día de Xoves Santo, durante a procesión dende o altar ata ao monumento onde a reserva queda custodiada ata o día seguinte (Viernes Santo ). É habitual tamén en todas as procesións eucarísticas.

PROCURA DE MATERIAIS
Meses antes do día, reúnense os grupos de traballo de cada tramo e, ademáis de decidir o diseño dos motivos de ese ano, comenza a recollida do que lle chaman o verde que atopan nios campos de toda a comarca a cuxos donos se lles pide autorización ou mesmo ofrecen xa os seus predios para este menester.

Despois empeza o proceso para recabar as flores no que tamen recurren ás fincas e hortas da comarca, agás para os caraveis que é necesario mercar.Váise facendo acopio de outros materiais como cunchas de almeixas, arroz ,café, área da plaia, bolas de eucalipto e que na maiorí dos casos tínguese de múltiples cores.

Antigamente, nas alfombras orixinais, empregábase espadaña (coz vermella e palma verde) combinada con fiuncho. Hoxendía utilízanse como verde: pino, tuia e mirto; Tamén herbas como labaza, lágrimas e cheirenta¸flor de todo tipo como o cardo, pampillo, rosa, caravel, hortensia…

PREPARACIÓN DE MATERIAIS
Nas semanas anteriores ao Corpus, os grupos de traballo reúnense para limpar e cortar o verde e tinguir os distintos materíais que se van usar na confección das alfombras.

Vanse seleccionando e almacenando segundo a súa cor, especie ou uso que se lle pretenderá dar na alfombra para facilitatar así as tarefas de distribución e colocación na noite previa á celebración.

Estas xuntanzas, normalmente vespertinas,póden dilatarse durante horas convertíndose así nun acontecemento social de convivencia e colaboración mutua na procura dun fin común.

DESEÑOS
Con varios meses de antelación ao domingo de Corpus reúnese os grupos de traballo de cada tramo para elexir os motivos e debuxos que incorporarán ás alfombras florais.

Para a elección do tema os responsables dos 6 tramos de xeito consensuado buscan relación con personaxes de actualidade, conmemoracións importantes ou introducen elementos abstractos, relixiosos…

Plantillas de madeira, papel e tamén cartón facilitan o pintado das rúas nos días previos (sobre todo para os denominados bordillos ou cenefas, partes exteriores das alfombras ) e serven de guía á veciñanza que coloca as flores e demáis ornamentos a noite do sábado.

Para o pintado dos motivos interiores, pola contra, úsanse as mans dos vecinos e veciñas máis artistas quen os debuxan directamente no pavimento.

A NOITE DAS ALFOMBRAS FLORAIS
A noite do sábado ao domingo confecciónase as alfombras, na súa meirande parte elaboradas pola veciñanza Aresana pero tamén por xentes da comarca que por devoción ou tradición, desexan formar parte desta festa.

Todos en harmonía, nunha gran noite máxica.

Nos diferentes tramos establécense distintos grupos de traballo: reparto de materiais e debuxos, decoradores, avituallamento a base de cáfe, bola de azucre, empanada…ata que remata totalmente a alfombra case ao mencer do domingo.

É un espectáculo gratificante ver deitados no chan, colocando os materiais que conforman as alfombras a numerosas persoas maiores, xente moza e mesmo nenos pequerrechos en amigable compaña, axudándose mutuamente e sempre cun sorriso na faciana.

A TRADICIÓN
O domingo de Corpus e o sábado anterior son días moi especiais para toda a veciñanza de Ares. Son os días nos que van poner en valor o traballo de varios meses.

O cume da festa chega coa procesión de Corpus Christi que comeza despois da misa solemne que se oficia ás 17 h. na Igrexa Parroquial de San Xosé de Ares.

No transcurso da celebración o grupo de rapaces e rapazas que recibiron a súa Primeira Comunión ese mesmo ano procesionan nun lugar destacado.Resulta obvio indicar que é unha data que agardan con moita ilusión tendo en conta que son, xunto co sacerdote, os primeiros en pisar estas maravillas de arte efémero.




 Ampliar foto
Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares