Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Martes 16 de xullo de 2019
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesxullo
2019
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
293031

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
ARES DESDE O MAR NAVEGA CONNOSCO

III CONCURSO FOTOGRAFIA XUVENIL 2019

VeraneAres 2019

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


@ dixital
Convocatorias
PROGRAMA DE SUBVENCIÓNS A CORAIS POLIFÓNICAS, BANDAS DE MÚSICA POPULARES E ENTIDADES DE MÚSICA E BAILE TRADICIONAL GALEGO DA PROVINCIA DA CORUÑA, PARA O DESENVOLVEMENTO DE ACTIVIDADES CULTURAIS D
06 Marzo 2017

Extracto da Resolución número 2017/6066, do 22 de febreiro de 2017, da Presidencia da Deputación da Coruña, pola que se aproba a convocatoria do “Programa de subvencións a corais polifónicas, bandas de música populares e entidades de música e baile tradicional galego da provincia da Coruña, para o desenvolvemento de actividades culturais durante o ano
2016”.


BDNS(Identif.):333504

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de Subvencións, publícase o extracto da convocatoria do “Programa de subvencións a corais polifónicas, bandas de música populares, entidades de música e baile tradicional galego e formacións musicais de grande formato da provincia da Coruña, para o desenvolvemento de actividades culturais durante o ano 2017”. O texto completo do programa pode consultarse na Base de Datos Nacional de Subvencións (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index):
Primeiro.–Beneficiarios.

Esta liña de subvencións canaliza o apoio económico da Deputación da Coruña para o desenvolvemento de actividades e proxectos das entidades sen fins de lucro, con domicilio fiscal na provincia da Coruña, que na nosa provincia dinamizan o campo da cultura popular e tradicional (corais, bandas de música, grupos de baile e/ou música tradicional), así como das formacións musicais de grande formato (orquestras sinfónicas e de cámara).
No caso das formacións musicais de grande formato, estas deben ter máis de 30 integrantes e actividade continuada nos cinco anos anteriores ao da solicitude da subvención.
Como excepción ao establecido nas Bases reguladoras xerais, as entidades que opten por este programa poderán tamén solicitar subvención no programa FO214: Programa de subvencións a corais polifónicas, bandas de música popula- res, entidades de música e baile tradicional galego e formacións musicais e grande formato da provincia da Coruña, para a realización de investimentos culturais durante o ano 2017.
Segundo.–Obxecto.

As axudas económicas obxecto da presente convocatoria destinaranse á realización das actividades culturais descritas na base 3 das Bases reguladoras específicas.
Terceiro.–Bases reguladoras.

O Programa rexirase polas Bases específicas, que foron publicadas no BOP número 37, do 22 de febreiro de 2017, dispoñibles en http://bop.dicoruna.es/bopportal/publicado/2017/02/22/2017_0000001396.pdf, que complementan ás Bases reguladoras xerais publicadas no BOP núm 247, do 30 de decembro de 2016, dispoñibles en http://bop.dicoruna. es/bopportal/publicado/2016/12/30/2016_0000010893.pdf.
Cuarto.–Cuantía.

O importe da consignación ascende a un total de 450.000,00 €, con cargo á partida 0612/3343/481 do orzamento ordinario para 2017. As axudas a conceder oscilarán entre un mínimo de 600,00 € e un máximo de 30.000,00 €.
Quinto.–Criterios de valoración.

Os criterios de valoración das solicitudes son os establecidos na base 8 das Bases reguladoras específicas

Sexto.–Prazo de presentación de solicitudes.

O prazo de presentación de solicitudes iniciarase a partir do día seguinte ao da publicación do presente extracto de convocatoria no BOP da Coruña, e rematará ás 14.00 horas do día 7 de abril de 2017.
Sétimo.–Prazo de xustificación.

O prazo para a xustificación das subvencións rematará o día 28 de abril de 2018 ás 14.00 horas.

Para as subvencións que teñan concedida unha prórroga, o prazo de xustificación rematará o día 31 de maio de 2018 ás 14.00 horas.
Outros datos de interese
Tanto as solicitudes como o resto da tramitación da presente convocatoria, realizarase por vía telemática a través da plataforma SUBTEL, accesible dende a sede electrónica da Deputación Provincial da Coruña https://sede.dacoruna.gal/

A Coruña

22/2/2017

O Presidente da Deputación Provincial da Coruña, Valentín Gonzalez Formoso


BASES en pdf

Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares