Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Venres 15 de Novembro de 2019
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesNovembro
2019
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
123
45678910
11121314151617
18192021222324
252627282930

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
III CONCURSO FOTOGRAFIA XUVENIL 2019

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


@ dixital
Convocatorias
PROGRAMA DE SUBVENCIÓNS A ENTIDADES SEN ÁNIMO DE LUCRO PARA REALIZAR INVESTIMENTOS CULTURAIS DURANTE O ANO 2017
06 Marzo 2017

Extracto da Resolución número 2017/6065, do 22 de febreiro de 2017, da Presidencia da Deputación da Coruña, pola que se aproba a convocatoria do “Programa de subvencións ás entidades sen ánimo de lucro para realizar investimentos culturais durante o ano 2017”

BDNS(Identif.):333621

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de Subvencións, publícase o extracto da convocatoria do “Programa de subvencións a entidades sen ánimo de lucro para realizar investi- mentos culturais durante o ano 2017”. O texto completo do programa pode consultarse na Base de Datos Nacional de Subvencións (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index):

Primeiro.–Beneficiarios.

A presente convocatoria vai dirixida a entidades de carácter cultural, sen ánimo de lucro, con domicilio fiscal na provincia da Coruña ou que acrediten que os investimentos obxecto da subvención se realizarán no ámbito territorial desta provincia.

Quedan excluídas as entidades titulares de museos, centros de interpretación ou bibliotecas e as fundacións da provin- cia da Coruña (que teñen o programa específico FO200); as corais polifónicas, bandas de música populares, entidades de música e baile tradicional galego e formacións musicais de grande formato da provincia da Coruña (que teñen o programa específico FO214).

Segundo.–Obxecto.

As axudas económicas obxecto da presente convocatoria destinaranse á realización de investimentos culturais.

Terceiro.–Bases reguladoras.

O Programa rexirase polas Bases específicas, que foron publicadas no BOP número 37, do 22 de febreiro de 2017, dis- poñibles en http://bop.dicoruna.es/bopportal/publicado/2017/02/22/2017_0000001391.pdf que complementan ás Bases reguladoras xerais publicadas no BOP núm 247, do 30 de decembro de 2016, dispoñibles en http://bop.dicoruna.es/bopportal/publicado/2016/12/30/2016_0000010893.pdf
Cuarto.–Cuantía.

O importe da consignación ascende a un total de 400.000,00€, con cargo á partida 0612/3339/781 do orzamento ordinario para 2017. As axudas a conceder oscilarán entre un mínimo de 600,00 € e un máximo de 30.000,00 €.
Quinto.–Criterios de valoración.

Os criterios de valoración das solicitudes son os establecidos na base 8 das Bases reguladoras específicas.

Sexto.–Prazo de presentación de solicitudes.

O prazo de presentación de solicitudes iniciarase a partir do día seguinte ao da publicación do presente extracto de convocatoria no BOP da Coruña, e rematará ás 14:00 horas do día 7 de abril de 2017.

Sétimo.–Prazo de xustificación.

O prazo para a xustificación das subvencións rematará o día 28 de abril de
2018 ás 14.00 horas.

Para as subvencións que teñan concedida unha prórroga, o prazo de xustificación rematará o día 31 de maio de 2018 ás 14.00 horas.

Outros datos de interese
Tanto as solicitudes como o resto da tramitación da presente convocatoria, realizarase por vía telemática a través da plataforma SUBTEL, accesible dende a sede electrónica da Deputación Provincial da Coruña https://sede.dacoruna.gal/

A Coruña

22/2/2017

O Presidente da Deputación Provincial da Coruña, Valentín Gonzalez Formoso


BASES en pdf

Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares