Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Venres 19 de xullo de 2019
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesxullo
2019
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
293031

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
ARES DESDE O MAR NAVEGA CONNOSCO

III CONCURSO FOTOGRAFIA XUVENIL 2019

VeraneAres 2019

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


@ dixital
Convocatorias
BASES PARA A SELECCIÓN DUN PSÍCOLOGO/A PARA O CENTRO DE INFORMACIÓN Á MULLER (CIM)
24 Febreiro 2017

Dado que durante o ano 2016 a Lei 48/2015, de 28 de outubro de Orzamentos Xerais do Estado para o ano 2016 (prorrogados actualmente) non se podía proceder á contratación de persoal temporal, nin ao nomeamento de persoal estatutario temporal ou de funcionarios interinos, no presente suposto hai causas excepcionais, urxentes e inaplazables que afecta a un servizo-función considerada prioritaria e que afecta ao funcionamento dos servizos públicos esenciais, sendo necesario atender o CIM (Centro de Información á Muller), praza subvencionada pola Xunta de Galicia, e consignada no proxecto de orzamento 2017 e mantida no Plan de Axuste elaborado ao abeiro do R.D-L 4/2012, aprobado polo MHAP,

Na súa virtude, vista a proposta do Concelleiro-Delegado, vense en PROPOÑER :
APROBAR AS SEGUÍNTES BASES PARA A SELECCIÓN DUN PSÍCOLOGO/A PARA O CENTRO DE INFORMACIÓN Á MULLER (CIM) :
PRIMEIRA. Obxeto da convocatoria.- É obxeto da presente convocatoria a selección para o posto de traballo de Psicólogo/a. O contido do posto de traballo suporá a prestación do programa de intervención familiar e centro información á muller. O servizo queda condicionado á recepción da respectiva subvención, baixo a modalidade contractual de acumulación de táreas ó abeiro do Real Decreto 2720/1998, de 18 de decembro, que desenrola o artigo 15 do Texto Refundido da Lei do Estatuto dos Traballadores, aprobado por Real Decreto Lexislativo 2/2015, de 23 de outubro, en materia de contratos eventuais por circunstancias da producción.

A xornada laboral será de 37,50 horas semanais, en xornada continua, de acordo co horario fixado pola Alcaldía-Presidencia ou Concelleiro-Delegado de Servizos Sociais, atendendo ás necesidades e peculiaridades do servicio. A retribución será por conta do Concello coa dotación presupostaría prevista nos vixentes orzamentos.
SEGUNDA.- Modalidade: A contratación é por acumulación de tareas polo prazo máximo dun ano (12 meses). Faise constar que o titular da praza atopase en situación administrativa de excedencia voluntaria por interese particular, non habendo sido a praza obxecto de cobertura regulamentariamente, e por conseguínte se fose o caso, extinguiráse o contrato caso de cobertura regulamentaria ou no e defecto incorporación do titular.
TERCEIRA.- Sistema de selección.
Oposición libre.
CUARTA.- Duración do contrato.
A duración máxima do contrato será de doce meses contados a partir da sinatura do mesmo.
QUINTA.- Retribucións.
A retribución será a prevista nos orzamentos para dita praza.
SEXTA.- Condicións dos aspirantes.
Os aspirantes para participar nas probas, deberán reuni-los seguintes reaquisitos, referidos á data na que remate o prazo de presentación de solicitudes :

a) Ser de nacionalidade española.
Non obstante o anterior, poderán concorrer tamén os nacionais dos demais Estados membros da Unión Europea, logo de acredita-la súa nacionalidade consonte ó disposto na Lei 17/1993, do 23 decembro, sobre acceso a determinados sectores da función pública dos nacionais dos demais Estados membros da Unión Europea, e demaís normativa de desenvolvemento.

Previa acreditación da súa nacionalidade, os nacionais daqueles Estados ós que en virtude de Tratados internacionais subscritos pola Unión Europea e ratificados por España lles sexa aplicable a libre circulación de traballadores nos termos nos que está definida no Tratado Constitutivo da Comunidade Europea, tamén poderán concorrer.

b) Ter cumpridos 16 anos de idade.

c) Posuí-la titulación de licenciado en Filosofía e Ciencias da Educación, Sección de Psicoloxía, Psicopatoloxía e Psicoterapeutica ou licenciado en Psicoloxía.

d) Non ter enfermidade ou eiva física ou psíquica que impida ou sexa incompatible co normal desempeño das funcións ou tarefas correspondentes á praza á que se opta. As persoas con algunha discapacidade deberán facelo constar na súa solicitude, sinalando se precisan de adaptación das probas.

A condición de minusválido e a súa compatibilidade acreditaranse con certificación da Delegación Provincial de Sanidade e Servizos Sociais.

e) Non estar incurso en causa de incapacidade ou incompatibilidade que determine a lexislación vixente.

f) Non ter sido separado, mediante expediente disciplinario, do servizo á Administración do Estado, comunidade Autónoma ou ás Entidades Locales, nin atoparse inhabilitado para o exercicio de funcións públicas.

Os nacionais dos demaís Estados membros de unión Europea ou dos daquelas que teñan subscritos Tratados referentes á libre circulación coa Unión Europea ratificados por España, deberán acreditar de modo fidedigno non estar sometidos a sanción disciplinaria ou condena penal que impidan no seu Estado o acceso á función pública.

Os anteriores requisitos, deberánse reunir con referencia ó último día do prazo de presentación de solicitudes, e gozar dos mesmos ata a toma de posesión, e será nulo o nomeamento dos aspirantes que estén incursos en causas de incapacidade segundo a normativa vixente.

SETIMA.- Presentación de instancias : As solicitudes para tomar parte neste proceso selectivo deberán facerse mediante instancia dirixida ó Sr. Alcalde, en modelo que se facilitará no Rexistro Xeral da Corporación, e presentaranse no Rexistro Xeral do Concello en horas de oficina, no prazo de dez días a partires da publicación do anuncio da convocatoria nun Xornal dos de maior tirada da comarca.

Nas respectivas instancias, os aspirantes farán constar que reúnen todos e cada un dos requisitos establecidos no apartado SEXTA destas Bases, acompañando inescusablemente os seguintes documentos:

*Xustificante acreditativo de haber ingresado na Tesourería Municipal a cantidade de 10 euros en concepto de dereitos de exame. Dito importe poderá facerse efectivo directamente nas arcas municipais ou mediante xiro postal ou telegráfico, e será devolto unicamente no caso de que o aspirante non sexa admitido ó proceso selectivo por falta dos requisitos esixidos para participar no mesmo.

*Fotocopia do D.N.I.

OITAVA.- Admisión de aspirantes.

Expirado o prazo de presentación de instancias, publicarase a lista de aspirantes admitidos e excluídos(neste caso con indicación das causas que motivaron a exclusión) que se fará pública no Taboleiro de Anuncios exclusivamente.

Na mesma resolución o Alcalde determinará a composición do Tribunal cualificador, así como lugar, data e hora da celebración do primeiro exercicio.

NOVENA.- A Comisión Seleccionadora estará composta polos seguintes membros :

Presidente: Un funcionario designado pola Alcaldía.

Secretario : O do Concello ou funcionario en quen delegue.

Vocais : Tres membros con coñementos en Psicoloxía.

Os membros da Comisión Seleccionadora deberán absterse de intervir, notificándoo á autoridade convocante, cando concurran algunha das circunstancias previstas nos artígos 23 e 24 da Lei 40/2015 do 1 de outubro, de Réxime Xurídico do Sector Público ou cando realizaran tarefas de preparación de aspirantes a probas selectivas nos cinco anos anteriores á publicación da presente convocatoria.

A Comisión Seleccionadora poderá dispoñe-la incorporación de asesores especialistas para as probas en que así coiden necesario ou convinte.

A efectos de asistencias e dietas, a Comisión Seleccionadora entenderáse encadrada na categoría primeira.

Os membros deberán ter idéntica ou superior titulación á esixida para a provisión da praza.

O Tribunal non poderá constituírse nin actuar sen a asistencia de máis da metade dos membros (titulares ou suplentes, indistintamente). En todo caso, será precisa a asistencia do Presidente e do Secretario.

O Tribunal poderá dispoñe-la incorporación de asesores especialistas para as probas que estime pertinentes, quen se limitarán ó exercicio das súas especialidades técnicas en base exclusivamente as cales colaborarán co órgano de selección.

O Tribunal queda facultado para resolve-las dúbidas que se presenten e toma-los acordos necesarios para a boa orde do proceso selectivo en todo o non previsto nas bases.

As indemnizacións por asistencia como membros do Tribunal faranse efectivas dacordo co disposto no artigo 33.2 del Real Decreto 462/2002, de 24 de maio, sobre indemnizacións por razón de servicio.
DÉCIMA.- Selección dos aspirantes.
Realizarase mediante o sistema de oposición libre que se desenvolverá como segue:
Fase de oposición.
Consistirá na realización de dúas probas de carácter obrigatorio e eliminatorio : proba escrita e proba de galego sendo este último calificado de apto ou non apto. Aqueles aspirantes que acrediten estar en posesión do CELGA-4 estarán exentos de realizar esta proba.

Para superar a primeira proba será necesario acadar alomenos 5 puntos, puntuando un máximo de dez puntos.

Proba escrita :

Desenrolo dun proxecto proposto polo Tribunal inmediatamente antes de iniciarse a proba durante o prazo máximo de 60 minutos e gardará relazón coas tareas a desenrolar : psícologo/a do CIM

Unha vez rematado, a Comisión Seleccionadora poderá acordar que os apirantes dean lectura en acto público á mesma, así como unha breve exposición sobre cuestións que o tribunal considere oportunas en orde a aclarar aspectos da proba efectuada.

A Comisión Seleccionadora, concluída a avaliación e asinado-los resultados, procederá a elevar á Alcaldía a proposta do aspirante seleccionado para a formalización do contrato, xunto con unha lista dos candidatos que superen as probas por orde de puntuación a efectos de renuncia do aspirante seleccionado tanto inicial como sobrevevenida.

ÚNDÉCIMA.- Proposta de aprobados. Presentación de documentos e formalización do contrato.

Concluída a cualificación do proceso selectivo, o Tribunal publicará no taboleiro de anuncios do Concello a relación de tódolos aspirantes coa puntuación final. O Tribunal elevará a correspondente proposta de contratación a favor do/a aspirante que obtivera a puntuación total máis alta (o Tribunal Cualificador non poderá facer proposta de contratación a favor dun número de aspirantes superior ao das prazas convocadas).

O aspirante proposto presentaran no Rexistro Xeral no prazo de 5 días seguintes á publicación da relación de aprobados, os documentos acreditativos das condicións que para tomar parte nas probas esíxense na base sexta. A saber:

Copia autenticada ou fotocopia (que debe presentarse acompañada do seu orixinal para compulsar) do título de licenciado en Filosofía e Ciencias da Educación, Sección de Psicoloxía, Psicopatoloxía e Psicoterapeutica ou licenciado en Psicología, ou xustificante de ter cumprido tódolos requisitos para súa expedición.

Certificado acreditativo de non padecer enfermidade ou eiva física que impida o normal exercicio das súas funcións.

Declaración xurada de non ter sido separado mediante expediente disciplinario, do servicio do Estado, Comunidades Autónomas ou da Administración Local, sen atoparse inhabilitado para o exercicio de funcións públicas.

No caso de que no prazo indicado o aspirante proposto non presentase a documentación esixida, agás causas de forma maior, non se formalizará o contrato, baixo a modalidade de CONTRATO DE ACUMULACIÓN DE TAREAS PREVISTO NO REAL DECRETO 2720/1998, DO 18 DE DECEMBRO, POLO QUE SE DESENROLA O ARTÍGO 15 DO TEXTO REFUNIDO DO ESTATUTO DOS TRABALLADORES EN MATERIA DE CONTRATACIÓN, extinguíndose o mesmo ademaís de polas causas legais previstas, pola supresión do servicio, finalización da súa actividade ou extinción da subvención para dito posto.

Cumprido-los anteriores requisitos, pola Alcaldía procederáse a formaliza-lo correspondente contrato, establecéndose un período de proba conforme o estipulado no artígo 14 do Texto Refundido do Estatuto dos Traballadores.

A duración do contrato queda condicionada á subvención que para dita actividade reciba o Concello.

DUODÉCIMA. Resolución de dúbidas.- A Comisión Seleccionadora queda autorizada para resolve-las dúbidas que se presenten e para toma-los acordos necesarios para o bo orde do proceso.

En todo o non previsto nas presentes bases, rexerá como supletorio, o Regulamento Xeral de ingreso de personal ó servicio da Administración de Estado e de Provisión de Postos de Traballo e Promoción Profesional dos Funcionarios Civiles da Administración Xeral do Estado, aprobado polo Real Decreto 364/1995, do 10 de marzo, o Real Decreto 896/1991, do 7 de xuño e demaís normas aplicables.

DÉCIMO TERCEIRA. Impugnación da convocatoria e dos seus actos.- A presente convocatoria e as súas bases poderánse recurrir mediante a interposición dos oportunos recursos. Os actos administrativos derivados da convocatoria e da actuación da Comisión Seleccionadora poderán ser impugnados polos interesados nos casos en na forma prevista na lexislación vixente aplicable.

DÉCIMO CUARTA.- Formalización do contrato. Unha vez presentada a documentación á que se refire o apartado anterior, o órgano competente da Corporación procederá á contratación a favor do/a aspirante proposto/a polo Tribunal Cualificador, e será nula a contratación de quen estea incurso en causas de incapacidade específica conforme á normativa vixente.

A formalización dos contratos terá lugar dentro do prazo de cinco días naturais, a contar dende a data de notificación do acordo de contratación.

Mentres non se formalicen os respectivos contratos e non se incorpore ao posto de traballo, a/o aspirante non terán dereito a percepción económica de ningunha clase.
DÉCIMA QUINTA.- Normas finais.
Primeira.- Para todo o non previsto nestas bases, ou naquilo que as contradigan, será de aplicación supletorio o establecido na Lei reguladora das bases de réxime local, na Lei de administración local de Galicia, Real Decreto 896/1991, Real Decreto 364/1995, a Lei 2/2015, de 29 de abril de emprego público de Galicia e demáis normativa de aplicación.
Segunda.- Todos os actos administrativos derivados desta convocatoria, así como da actuación do Tribunal, poderán ser impugnados polas/os interesadas/os nos casos e na forma establecidos pola Lei 39/2015, de 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administración públicas e da Lei 40/2015, de 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público.
En Ares a ..... de febreiro de 2017
O ALCALDE,
Asdo. Julio Ignacio Iglesias Redondo
Conforme. O Concelleiro-Delegado de Plans e Persoal.
Asdo. Luis Cendán Fernández.-




Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares