Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Venres 20 de Setembro de 2019
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesxullo
2019
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
293031

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
ARES DESDE O MAR NAVEGA CONNOSCO

III CONCURSO FOTOGRAFIA XUVENIL 2019

VeraneAres 2019

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


@ dixital
Convocatorias
CURSOS DE SOCORRISMO ACUÁTICO DA DIPUTACIÓN DA CORUÑA
13 Febreiro 2017

O Concello de Ares, a través da Excma Deputación Provincial, oferta os cursos que a continuación se detallan:

SOCORRISMO ACUÁTICO 2017_REQUISITOS DAS PERSOAS CANDIDATAS E PROCESO DE SELECCIÓN PARA AS ACCIONS FORMATIVAS DE SOCORRISMO EN ESPAZOS ACUÁTICOS NATURAIS E SOCORRISMO EN INSTALACIÓNS ACUÁTICAS
Inicio da formación: Espazos acuáticos naturais: marzo 2017 e Instalacións Acuáticas: outubro 2017
A inscrición de cada persoa realizarase para as dúas modalidades de formación, iniciándose en primeiro lugar a formación en socorrismo en espazos acuáticos naturais.

Prazo de inscrición: Ata o Xoves 16 de Febreiro de 2017.

1. Requisitos das persoas candidatas:
▪ Estar inscritas na Oficina de Emprego que lle corresponda e coa tarxeta de demandante de emprego debidamente actualizada á data do prazo de inscrición.
▪ Non estar dadas de alta ou en activo en ningún réxime da seguridade social para o que achegarán o certificado de vida laboral actualizado ás datas do prazo de inscrición.
▪ Ter cumpridos os 18 anos de idade no momento da inscrición.
▪ Estar empadroado/a en algún dos concellos da provincia da Coruña.

2. Requisitos específicos:
As persoas candidatas deberán cumprir os requisitos específicos seguintes: Nivel académico ou de coñecementos xerais: Estar en posesión dos títulos ou certificados precisos para cursar a formación correspondente ao certificado de profesionalidade de nivel 2. Condicións físicas: Carencia de afeccións crónicas e enfermidades infecto_contaxiosas . Integridade física, resistencia, forza, destreza, coordinación visomotriz, axilidade, rapidez de reflexos.

3. Proba de natación
As persoas candidatas terán que superar probas de natación. Para efectualas é necesario levar o día que se lles cite para as probas: traxe de baño deportivo, gorro de piscina, gafas de natación, chancletas e toalla. Probas:
▪ Nadar 200 metros estilo libre nun tempo máximo de 4´15” (catro minutos 15 segundos) e realizar, sen impulso, 20 metros en apnea.

4. Documentación e xestións:
Para ser persoa candidata e participar nestas accións formativas completarase o formulario de candidatura, asinarase a declaración de cumprimento de requisitos e soamente se achegara o seguinte documento dixitalizado.
Certificado ou Informe de saúde recente, emitido, asinado e selado por facultativo con data non anterior ó 1 de febreiro de 2017, sobre o cumprimento das capacidades físico_psíquicas para o desenvolvemento da actividade profesional de salvamento e socorrismo acuático
Só se admitirán 5 inscricións por concello de persoas empadroadas no mesmo.

5. Procedemento de selección
Realización das probas físicas, as persoas candidatas haberán de presentarse na data, hora e localización para a realización de probas físicas, información que será comunicada por correo electrónico. As 15 persoas candidatas que acaden os mellores resultados nas probas e segundo a orde de puntuación obtida de maior a menor, terán que superar unha entrevista persoal na que serán, consideradas APTAS/NON APTAS. Estas persoas serán chamadas por teléfono e terán que acudir á entrevista na hora e lugar no que se lle cite, con toda a documentación que acredite o cumprimento dos requisitos para ser participante nas accións formativas:
▪ Informe de vida laboral actual
▪ Acreditación do nivel académico
▪ Certificado ou Volante de empadroamento
▪ Tarxeta de demandante de emprego
▪ DNI ou NIE
▪ Documento bancario no que figure como titular dunha conta e o código IBAN e os vinte díxitos da dita conta (fotocopia da libreta de aforro, extracto bancario, etc.)

No caso de resultado NON APTA na entrevista, chamarase á seguinte persoa da listaxe e segundo a orde de puntuación obtida de maior a menor , ata completar o número máximo de alumno/a por acción formativa, quedando o resto de persoas e segundo a mesma orde, como suplentes para o caso das baixas que causen nos 5 primeiros días dende o inicio. En caso de empate nos resultados das probas, terá preferencia de entre as persoas empatadas aquelas que estean empadroadas en concellos costeiros da provincia da Coruña de menos de 20.000 habitantes, aplicando no caso de coincidencia, a preferencia de candidata sobre candidato. PROPOSTA DE BOLSA DE PARTICIPANTE A Deputación da Coruña ten prevista a concesión dunha compensación económica como medida de fomento da formación e aptitude para o emprego destinada ás persoas participantes na formación AFPDP0209_Socorrismo en Espazos Acuáticos Naturais e AFDP0109_ Socorrismo en Instalacións Acuáticas, sempre e cando cumpran cos requisitos e condicións formuladas no procedemento de retribución de bolsas.



Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares