Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Domingo 25 de Agosto de 2019
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesAgosto
2019
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
II ARES INDIANO 2019

ARES DESDE O MAR NAVEGA CONNOSCO

III CONCURSO FOTOGRAFIA XUVENIL 2019

VeraneAres 2019

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


@ dixital
Convocatorias
ACITIVIDADES DE NADAL 2016 -2017
14 Decembro 2016

ACTIVIDADES CULTURAIS

DECEMBRO
Xoves 15: OBRADOIRO “O NADAL CHEGOU Á BIBLIOTECA”
Lugar: Alianza Aresana.
Hora:18:00h.
Idades: Nen@s de 4 a 10 anos.
Custo: de balde.

Domingo 18: XI CERTAME DE PANXOLIÑAS.
Lugar: Igrexa de San Xosé de Ares.
Hora: 19:00h

Mércores 21: OBRADOIRO DE POSTAIS DE NADAL.
Lugar: Alianza Aresana.
Hora: 17:30h.
Idades: Nen@s de 4 a 12.
Custo: 1 €.

Xoves 22: BINGO NAVIDEÑO
Lugar: Alianza Aresana.
Hora: 17:30h.
Idades: Familiar.
Custo: 1€.

Venres 23: OBRADOIRO DE CAIXAS DE AGASALLO.
Lugar: Alianza Aresana.
Hora: 17:30h.
Idades: Nen@s de 7 a 12 anos.
Custo: 1€

Sábado 24: CABALGATA DE PAPA NOEL.
As carrozas sairánás 16:30h da Praza do Pedregal de Redes, en dirección a Barracido (16:50h), Pedrós (17:15h), Chanteiro (17:30h), Cervás (18:00h) e Ares (18:30h), onde desfilará polasprincipais rúas de Vila: Porta do Sol, Avda. de Redes, Saavedra Meneses, Praza da Igrexa, Rúa Real, Avda. de Mugardos, Aviador Franco e para rematar na Praza da Igrexadiante da Alianza Aresana onde PAPA NOEL, recibirá a os nen@s. Os horarios son orientativos.

Luns 26: OBRADOIRO DE BISUTERÍA.
Lugar: Alianza Aresana.
Hora: 17:00h ás 19:30h.
Idades: Nen@s de 4 a 12 anos.
Grupo 1: (de 17:00h a 18:00h).
Grupo2: (de 18:30 a 19:30h).
Custo: 5€

Martes 27: OBRADOIRO DE MANICURA.
Lugar: Alianza Aresana.
Hora: 18:00h.
Idades: Nen@s de 10 anos en diante.
Custo: 5€

Mércores 28: PRESENTACIÓN DO LIBRO: “SEIS DÍAS PARA LEER Y MIL NOCHES PARA SOÑAR”, DO CÍRCULO DE ARES.
Lugar: Alianza Aresana.
Hora: 19:30h.
Con Gemma Romero Perea.

Xoves 29: OBRADOIRO DE MAQUILLAXE DE FESTA.
Lugar: Alianza Aresana.
Hora: 17:00h.
Idades: 15 anos en diante.
Custo: 5€.

Venres 30: OBRADOIRO DE PAIS E NEN@S.
Lugar: Alianza Aresana.
Hora: 18:00h.
Idade: Familiar.
Custo: 1€

XANEIRO
Luns 2: ZUMBA KIDS –GRUPO 1
Lugar: Pavillón de Ares.
Hora: 17:00h.
Idades: Nen@s de 3 a 7 anos.
Custo: 1€

ZUMBA KIDS -GRUPO 2
Lugar: Pavillón de Ares.
Hora:18:00h.
Idades: Nen@S de 8 a 12 anos.
Custo: 1€. (Pagaraseao inscribirse na Biblioteca Municipal).

Martes 3: OBRADOIRO “MELCHOR, GASPAR E BALTASAR VOLTAN PERDER OS ZAPATOS” (XOGO DE PISTAS).
Lugar: Alianza Aresana.
Hora: 17:30h.
Idades: Nen@s de 4 a 12 anos.
Custo:1€.

Mércores 4: PASTELERÍA CREATIVA –GRUPO 1.
Lugar: Alianza Aresana.
Hora: 16:30h.
Idades: Nen@s de 3 a 7 anos.
Custo: 6€.
Pastelería creativa –Grupo 2.
Lugar: Alianza Aresana.
Hora: 18:00h.
Idades: Nen@s de 8 a 12 anos.
Custo: 6€.

Xoves 5: CABALGATA DE REIS.
As carrozas sairánás 16:30h da Praza do Pedregal de Redes, dendeonde partirán en dirección a Barracido (16:50h), Pedrós (17:15h), Chanteiro (17:30h), Cervás (18:00h), e Ares (18:45h), donde o desfile fará un percorridopolasprincipais rúas da Vila –Porta do Sol, Avda. de Redes, Saavedra Meneses, Praza da Igrexa, Rúa Real, Avda. de Mugardos, Rúa Celso Emilio Ferreiro e Pavillón Municipal, lugar no que os Reis Magos recibirán a os nen@s e donde disfutarán de inchables (estes estarán funcionando dende as 16:30h. ata a chegada dos reis).

Para tódalas actividades agás as cabalgatas será obrigatoria a inscrición na Biblioteca Municipal ou no tlf: 981 44 80 57.
@s usuari@s que non se inscriban previamente nos prazos marcados, non poderán realizar as actividades

ACTIVIDADES DEPORTIVAS

- OS DÍAS 22, 27, 29 DE DECEMBRO, e 3 DE XANEIRO, de 11:00 a 12:00h., na pista exterior do CPI As Mirandas: OBRADOIRO DE PATINAXE E SKATE. Para nen@s e adultos, ven e proba as sensacións sobre rodas, ou perfecciona o teu nivel sobre patínsou no skate, aprende trucos…Se non tesaíndapatíns podemos prestarchos., pregunta!.
Obrigatorioprotecións e casco. Inscricións de balde, no Pavillón Municipal de Ares, ata o 20 de Decembro.

- DO 23 DE DECEMBRO AO 5 DE XANEIRO, de 11:00 – 11:45h. no Complexo acuático de Castro: CURSO INTENSIVO NATACIÓN INFANTIL.

- DO 26 AO 29 DE DECEMBRO, de 10:00 a 13:00h., no Pavillón Municipal: OBRADORIO DE DANZA: DANZEMOS ARES. Para maiores de 10 anos. Mellora a túaflexibilidade e toma contacto coas técnicas de danza clásica, contemporánea e moderna. Prazas limitadas. Custo: 30€ (inclúeagasallo e bebida). Inscricións no pavillón municipal de Ares ata o 16 de Decembro.

- DO 26 AO 28 DE DECEMBRO, de 17:00 a 19:30h., no Pavillón Municipal: OBRADOIRO DE TENIS DE MESA. Ven a xogarao tenis de mesa co Club San Xoan. Para nen@s de 8 anos en diante e adultos. De balde. Inscricións ata a 13:00h. doxoves 22 de decembro no Pavillón deportivo municipal de Ares. Límite de 20 prazas.

- MÉRCORES 28 DE DECEMBRO: CLINIC DE NADAL DO CELTA DE VIGO, para porteiros e xogadores de fútbol, no campo de fútbol municipal de Prados Vellos.
Para nen@s de 6 a 12 anos. De 10:00 a 14:00h. en Prados Vellos. Custo: 15€ nen@s empadroad@s en Ares e xogador@s do Numancia ADR, 20€resto. Inclúeadestramentos, tentempé e agasallos. +información e inscricións en www.fundacioncelta.com.

- SÁBADO, 31 DE DECEMBRO: “XII Carreira Popular de Fin de Ano Ares-Mugardos-Ares”
Ás 11:00h dende a pista exterior do CPI As Mirandas de Ares. Percorrido: 10 km Ares-Mugardos-Ares-Mugardos (avituallamento líquido ao paso por Mugardos), con chegada a pista exterior do CPI do colexio As Mirandas de Ares, ondehaberá sorteos de cestas entre @s participantes que cheguen á meta. Requisitos: Ter cumpridos 14 anos. Prezo 3€. Límite de 500 prazas. Información e Inscricións na web da Federación Galega de Atletismo ata cubrir as prazastendo como límite o 27 de Decembro.

- DO 2 AO 5 DE XANEIRO, de 10:00 a 13:00h., no Pavillón deportivo Municipal: OBRADOIRO DE BALONCESTO: CHIQUIBASQUET NADAL.
Ven xogarao baloncesto coprestixioso adestrador Chiqui Barros e a súa equipa. Para nen@s de 5 a 20 anos. Custo: 30€. (a ingresar na conta do Banco Popular: 0075 0666 62 0700620997; ou pagando na instalación deportiva). Límite de 30 prazas. Inscricións ata o mércores 28 de Decembro no Pavillón deportivo Municipal de Ares. Máis información en www.chiquibasquet.wordpress.com

ACTIVIDADES DE NADAL NA CASA DA XUVENTUDE

- Obradoiro de titorización na búsqueda de emprego: Ten como finalidade a titorización na búsqueda de emprego.

- Obradoiro de elaboración de curriculums: Está orientado á elaboración do curriculum.

- AresGNU Obradoiro de software libre: Explicarase o concepto de “software libre”, tipos de usos máis común dos mesmos.

- AresGNU Party Informática: Arranca na Casa da Xuventude de Ares a Party informática a través da Aula CeMIT. Un espazo destinado a que os xóvenes interactúen cunobxectivo principal que é o intercambio de todo tipo de datos e coñecementos.

- Obradoiro de fotografía dixital: O seuobxectivo é familiarizar ós participantes na iniciación á fotografía dixital e á composición fotográfica.

- EspazoCineClube: Dentro dos servizos destinados a os usuari@s da Casa daXuventude contaremos cunespazo destinado áproxeción de películas dende o punto de vista educativo (películas educativas e valores sociais).

- Actividades orientadas ao fomento das Instalacións da propia Casa da Xuventude, é dicir, circuito de xogos na Play Station3, circuito de xogos na Nintendo Wii, circuito de xogos na Xbox360 e por último xogostradicionaiscmo:
Campionato de Ping pong
Campionato de Billar
Campionato de Futbolín
Campionato de Fifa y ProEvolution

SON PROGRAMAS PÚBLICOS DE EMPREGO-FORMACIÓN, PROMOVIDOS POLO CONCELLO DE ARES A TRAVÉS DA SÚA AULA CEMIT.
AS DATAS CONFIRMARANSE NO MOMENTO NO QUE SE ORGANICEN OS GRUPOS.


DIPTICO en pdf


 Ampliar foto
Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares