Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Domingo 25 de Agosto de 2019
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesAgosto
2019
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
II ARES INDIANO 2019

ARES DESDE O MAR NAVEGA CONNOSCO

III CONCURSO FOTOGRAFIA XUVENIL 2019

VeraneAres 2019

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


@ dixital
Convocatorias
XII CARREIRA DE FIN DE ANO 2016 ARES-MUGARDOS
31 Decembro 2016

- DATA: 31 DE DECEMBRO DE 2016.

- HORARIO: Saída ás 11 da mañá.

- LUGAR: Avda de Mugardos no concello de Ares.

- DISTANCIA A PERCORRER: 10 km (non homologados)

- IDADE: Ter cumpridos 14 anos na data da proba.

- CLASIFICACIÓN: A clasificación e a cronometraxe será por chip e realizada por xuíces da Delegación ferrolá da FGA.

- INSCRICIÓNS: Límite de 500 prazas. Ate o 27 de decembro na páxina carreirasgalegas.com

Retiradada de dorsais e agasallo no mesmo Pavillón polideportivo de Ares de 8,30 a 10,30 o día da proba.

PREZO DA INSCRICIÓN: 3 €. A ingresar a través da páxina web carreirasgalegas.com

- PERCORRIDO: Ares-Mugardos-Ares. Según rutómetro que segue.

Ás 11 horas concentración previa a saída da proba enfronte á pista exterior do colexio público de Ares, na Avda. Celso E. Ferreiro. Saída, dirixíndose rúa abaixo 50m. ata intersección ca Avda de Mugardos. Dirección paseo marítimo da vila de Ares, a través da Avda. de Mugardos, a partires de eiquí a proba discurrirá polo Paseo Marítimo da vila, xirando á esquerda ata Parque Rosalía, dende alí cruzará á Rúa do Mazote pola que seguirá ata entrar na AC130 en dirección a Mugardos pasando polo Alto de Simou, Avda. Francisco Yáñez Badía, ata a intersección no Cruce dos Catro Camiños, onde seguirá de fronte cara abaixo pola Rúa Os Corzás, ata a intersección ca Avda. de Mugardos, por onde seguirá tras xirar a esquerda e pasando pola Casa do Concello de Mugardos, ata a intersección ca rúa do Peteiro por onde seguirá ata a zona das Mareas, xirando nesa altura á esquerda para continuar pola Rúa do Cristo pasando pola altura do Instituto, cruce do cemiterio e pavillón deportivo municipal, ata chegar á zona dos Catro Camiños, onde xirará a dereita para continuar pola de novo pola Francisco Yáñez Badía e AC130 dirección a Ares, xa alí entrada pola Avda de Mugardos e pequena subida ata a meta enfronte á pista exterior do colexio públicode Ares.

Chegada e fin da proba, sendo as 12 horas. Avituallamento sólido-líquido.

O tempo estimado da proba é de entre 32 min. ( o mellor dos tempos agardados) e 1 hora.

- Avituallamento sólido e líquido para todas as persoas participantes ao chegar á meta.

Ao remate da carreira farase unha clasificación xeral por tempos nunha categoría única. Todas as persoas participantes que rematen a proba participarán no sorteo de cestas do Nadal.

As dúbidas e interpretación das normas serán resoltas segundo a normativa en vigor da FGA para probas de estas características.

NOTA: Esta proba pertence ao Calendario Oficial da Federación Galega de Atletismo e mediante a súa inscrición o corredor consente expresamente que os seus datos básicos sexan cedidos a esta entidade para a tramitación, ante a compañía de seguros, dos seguros obrigatorios de accidentes e Responsabilidade Civil así como a xestión da licencia de día de ranking popular e probas de ruta. En todo caso e tal como establece a lei de Protección de Datos, o interesado pode exercer no futuro os seus dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición mediante escrito ou correo electrónico á Federación Galega de Atletismo. Avda. de Glasgow 13 15008 A Coruña.


NORMATIVA DA PROBA en pdf


 Ampliar foto
Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares