Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Xoves 23 de Novembro de 2017
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesDecembro
2016
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
XORNADA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO. NOVOS RETOS NA IGUALDADE.

V CAMPUS DIEGO RIVAS 2016

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


@ dixital
Convocatorias
ESTRATEXIA DE SUSTENTABILIDADE AMBIENTAL NO CONCELLO DE ARES
26 Octubre 2016

A Consellería de Medioambiente e Ordenación do Territorio emitiu unha orde para que as entidades locais elaboren Estratexias de Sustentabilidade Ambiental coa finalidade de integrar a adaptación ao cambio climático na xestión e planificación públicas. Dita estratexia esta cofinanciada con fondos europeos de desenvolvemento rexional (FEDER) no marco operativo Feder Galicia 2014-2020.

O concello de Ares está a elaborar a súa Estratexia de Sustentabilidade Ambiental para contribuír a mellorar o seu comportamento fronte o cambio climático, con base no estado ambiental actual. A estratexia está relacionada, principalmente, coa redución dos gases de efecto invernadoiro e a adaptación aos efectos adversos do cambio climático.

Para a posta en marcha da Estratexia é necesaria a implicación da cidadanía na loita contra o cambio climático, buscar a súa corresponsabilidade, de xeito que modificando os seus hábitos, reduzan emisións de gases de efecto invernadoiro (GEI) e demanden ao resto de axentes (empresas, administracións, etc) unha maior consideración desta problemática nas súas actividades.

A continuación axúntase unha enquisa que resulta imprescindible para o desenvolvemento da Estratexia e que nos permite analizar aspectos como o grao de información e coñecemento sobre o cambio climático, o grao de responsabilidade que está disposto a asumir o cidadán e as tarefas a levar a cabo para lograr a mitigación do cambio climático.

A elaboración da estratexia ambiental do municipio ten como principais obxectivos os seguintes:
-Reducir a emisión de gases de efecto invernadoiro e adoptar as medidas de adaptación necesarias co fin de reducir a vulnerabilidade aos riscos climáticos.
-Sensibilizar á poboación e fomentala súa participación na loita contra o cambio climático.
-Implicar ao goberno local na tarefa, transversalizando a problemática do cambio climático en tódalas políticas do concello.
-Protexer e recuperar hábitats e sistemas naturais e deter a perda da biodiversidade.
-Acadar metas ambientais:
o Garantir un aire, auga e solo limpo e saudable.
o Xestionar de xeito responsable os recursos naturais e os residuos.
o Protexer a natureza e a biodiversidade, un valor único que se debe potenciar.
o Enfoque común de: equilibrio territorial e mobilidade.
o Limitar na medida do posible a influencia do cambio climático.

Pulse aquí para respondela enquisa



Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares