A historia do reloxo solar comeza nun ciclo de conferencias no IES de Elviña, na Coruña, ao que acudiu un sacerdote e profesor de matemáticas italiano a dar unha charla. Este personaxe, Alberto Cintio, resultou ser un dos maiores expertos en reloxos solares do mundo. A directora do centro, natural de Ares, convenceulle para que visitase a localidade, e, durante a visita, trabó unha gran amizade con Antonio García, párroco de Ares.
O sacerdote italiano quedouse prendado da vila, á que comparou coa súa localidade natal, Santa María de Altidona, no Adriático. Antes de regresar a Italia prometeu aos seus amigos aresanos que ao cabo dun mes enviaríalles un agasallo. E ao cabo dun mes, relatan alcalde e párroco, «recibimos un paquete enorme... ¿e que era? Pois este reloxo de sol de mármore travertino.
O reloxo pódese ver e visitar na Igrexa Parroquial de San José de Ares.